viernes, 15 de abril de 2016

A Guerra Civil en cómic



A Guerra Civil ten xerado una abundante bibliografía. Pero, ademáis das obras de carácter científico, é chamativo 
en especial nos últimos tempos, cun número importante de cómics e novela gráfica, e froito do interés que o tema segue despertando, cómpre sinalar tamén outros xéneros


Un clásico que se comeza a publicar en 1979 e que narra as experiencias de Eloy, dun soldado republicano. A serie consta de catro títulos: Eloy, uno entre muchos, Río Manzanares; 1936, Euskadi en llamas y Gorka Gudari



Carlos Giménez, un dos grandes renovadores do cómic español nos anos 80, publicou este álbum en 2007 adicado á guerra.



O debuxante francés Enki Bilal narra nesta historia, a volta a España, corenta anos despóis de finalizada a Guerra Civil, dos antigos membros da XV Brigada Internacional para acabar coas Falanxes da Orde Negra, unha organización fascista empeñada en restablecer a España a ditadura.



A triloxía de Vittorio Giardino No Pasarán ambienta na Barcelona de 1938, que vive os momentos finais da batalla do Ebro, unha trama política-policial na que se ve envolto o seu protagonista, Max Fridman, mestura de aventureiro e axente secreto.
  


Relato gráfico centrado na Guerra Civil coa particularidade de que a acción se desenvolve en Nova York, cun tratamento narrativo moi próximo ao thriller. Un asasino a soldo segue a pista dun dirixente comunista. Entre os personaxes de ficción, trotskistas, brigadistas, móvense tamén intelectuais e artistas norteamericanos simpatizantes da República, como o cantante folk Peter Seeger.



Los surcos del azar, novela gráfica de Paco Roca, sobre la Nueve, a compañía española, integrada por soldados republicanos, que combatiu durante Segunga Guerra Mundial no Exército da Francia Libre, do xeneral De Gaulle, a primeira unidade que entrou no exército que liberou París dos nazis.



O debuxante Carlos Guijarro narra a masacre que tivo lugar en 1937, na estrada de Málaga a Almería, cando as tropas franquistas atacaron aos miles de civís que fuxían da cidade de Málaga, asediada desde os principios da guerra. Entre as personaxes, destaca a figura do médico canadense Norman Bethune.



Unha novela gráfica recente sobre a figura de Andreu Nin, o comunista catalán, dirixente do POUM, asasinado en plena guerra por axentes secretos soviéticos, en colaboración con membros do PCE. 



jueves, 14 de abril de 2016

A última reunión das Cortes da República

Foi a última sesión de Cortes da II República. A data, 1 de febreiro de 1939. O lugar, o castelo de Figueres. 

Poucos días antes, o 26 de xaneiro, caía Barcelona a mans das tropas ao mando do xeneral Yagüe, acelerándose o éxodo masivo da poboación cara a fronteira francesa.

Na fotografía obsérvase ao presidente do Consello de Ministros, Juan Negrín, e detrás ao presidente das Cortes, Diego Martínez Barrio. Estes son fragmentos do discurso de Negrín:

Lo que actualmente se disputa en el mundo es la hegemonía de un imperialismo totalitario, brutal, despótico y desconsiderado, de un lado, y la pervivencia de unos paises y de unas grandes potencias democráticas con un sentido de comprensión y de convivencia. Es la disputa entre dos civilizaciones (...)
Desde hace más de un año, desde el comienzo, viene el Gobierno reclamando una intervención que eliminase al invasor extranjero, seguros de que entre españoles la inteligencia sería rápida, sería básica, y esto es tanto más seguro después de haber pasado dos años de dura guerra y de terribles pruebas. Además, en las ocasiones en que yo he hablado en nombre del Gobierno, en los puntos señalados como fines de guerra del Gobierno, en todos ellos se resumen cuáles son las posibilidades, cuáles son las necesidades que nos puedan llevar a una tranquilización, a una pacificación de España. Todo ello puede resumirse, puede condensarse en tres tipos, en tres ciases de garantías. 
Primera garantía : la garantía de la independencia de nuestro país y de la libertad contra toda clase de influencias extranjeras. Hay españoles que no acepten este principio? ¿Hay extranjeros que no reconozcan que este principio es legítimo? Segunda garantía : la garantía de que sea el pueblo español mismo el que señale cuál ha de ser su régimen y cuál ha de ser su destino. No es esto legítimo? ¿No es esto fundamental?  ¿No merece la pena luchar hasta el fin por este principio?               Tercera garantía : la de que, liquidada la guerra habrá de cesar toda persecución y toda represalia, y esto en nombre de una labor patriótica de reconciliación, base necesaria para la reconstrucción de nuestro país devastado. ¿Es que habrán de seguir los españoles divididos en sectores enemigos, hostigándose continuamente, triunfara quien triunfara? ¿ Es que puede así recuperarse y regenerarse España?
Entre os deputados presentes na sesión atopamos aos deputados galegos e promotores do estatuto de autonomía Ramón Suárez Picallo, do Partido Galeguista, e Bibiano Fernández Osorio-Tafall, de EU, E a única muller, a deputada do PCE Margarita Nelken.

http://www.congreso.es/est_sesiones/

jueves, 17 de marzo de 2016

MOVEMENTO OBREIRO EN FERROLTERRA

A clase obreira ferrolá é un dos pesados batallóns do movemento obreiro do Estado español. De feito, a cidade naceu a mediados do século XVIII para albergar os miles de traballadores que estaban indo para construír, primeiro, e ocupar, a continuación, un estaleiro e unha base naval militar no estuario. Nos máis de dous séculos, desde entón, a alta concentración de proletariado en Ferrol estaleiro foi forxar a conciencia de clase e da loita contra as tradicións.
Ao final do século XIX, as novas correntes ideolóxicas que tentan organizar a clase traballadora (marxista e anarquista), atopan en Ferrol un terreo moi fértil. Así, Ferrol, lugar de nacemento de Pablo Iglesias, fundador do PSOE e da UGT, foi un punta de lanza do proceso de organización do movemento obreiro, como reflicten os seguintes datos: nas primeiras eleccións municipais nas que se presentou, realizada en 1895, o PSOE gañou só conselleiros en tres lugares, curiosamente un para cada cidade histórica do Estado español: Ferrol, Bilbao e Mataró.
Na Segunda República, Ferrol é a cidade galega onde ten maior intensidade a folga revolucionaria de outubro de 1934. O golpe fascista levou á morte de máis de 700 persoas, algúns dos cales eran traballadores do estaleiro, onde obviamente, houbo despedimentos.
En 1942, o PCE conseguiu organizar unha célula dentro do estaleiro. O seu foco era atraer traballadores novos con máis preocupacións para armalos con ideas e argumentos.
Os anos 40 son coñecidos como a década de fame por escaseza de alimentos sufridas pola poboación. De feito, o ano de 1946 ve as primeiras protestas laborais en España desde o fin da guerra civil, unha delas chamada a folga do aceite, desencadeada pola redución da cantidade de aceite na tarxeta de racionamento.
-10 DE MARZO DO 1972
O 10 de Marzo de 1972 foi a chispa que provocou que un conflito, en principio laboral, se transformase nun conflicto político aberto.
Os trabajadores ferrolanos dos astilleros Bazán (hoxe Navantia) estaban movilizándose polo seu convenio. Demandaban un convenio de factoría porque o que tiñan era interprovincial, para tóda-las factorías de Bazán.
O 7 de marzo fírmase en Madrid un convenio interprovincial. O 8, en Ferrol celébrase unha asamblea contra esa firma e se convoca outra asamblea para o día seguinte. A resposta da dictadura é despedir a seis dirixentes sindicales de Comisiones o día 9,o resto do plantel decide non traballar e mantenerse concentrada hasta que se retiren os despidos. A primeira hora da tarde, a policía entra no astillero e os desaloxjan. Os choques trasladáronse ás rúas de Ferrol.
O 10 de marzo, cando os obreiros acuden ó traballo, atópanse a factoría pechada. Celébrase unha asamblea e deciden saír en manifestación hacia Caranza, un barrio novo que estaba en construcción a medio camino do outro astillero, Astano, coa idea de que os traballadores de éste se lles sumasen. Pero no chegan a Caranza porque no lugar de As Pías a policía franquista os intercepta y exixe que se disuelvan. Os traballadores néganse e comenzan as cargas e os disparos con munición real. Dos traballadores, Amador Rey e Daniel Niebla, caen mortos, unas mortes polas que nunca ninguén foi xulgado. Os heridos non se atrevían a ir ó hospital, para evitar seren detidos.

A policía tivose que retirar cara o seu cuartel, onde tiveron que evitar varios asaltos. Os comercios pecharon e durante varias horas Ferrol quedou en mans dos folguistas. O goberno cortou as comunicacións, ata poder poner a cidade baixo o toque de queda, Bazán pechado, escolas sen clase, e a cidade era patrullada por policías, mentres a



ditadura desataba unha brutal ola represiva. A noticia tivo repercusión mundial, chegando a saír no New York Times.
Coa norte de Franco comenzan as negociacións cos sindicatos. O goberno español ante a gravedade dos problemas que padecían os astilleiros, crea unha comisión interministerial para analizar ás medidas de apoyo e reordenación do sector.
No ano 1978 fírmase o primeiro acordó entre o goberno central e os sindicatos, no cal os astilleiros da ría ferrolá, quedan en peor situación que os Vascos ou Andaluces.// Nos 80, a gravedade do problema provocou que se tomasen medidas mais drásticas, como nos anos 1982 e 83 nos cales aprobáronse os decretos sobre reconversión e industrialización. Pero sen lugar a dúbidas o mais importante foi o do 84, pois era un plan de reconversión dos grandes astilleiros españois. Este proceso supuxo a disminución da capacidade global de producción do sector, que se reduciu.

CRISIS 2012-
Durante el periodo que va desde 1991 hasta el 1993 se dio el mayor descenso de personal en la factoría ferrolana (25% menos de persoal).
27 años después de la reconversión naval, la situación empeoró. No hay barcos en la grada, los despidos pasan de 1500 y en Navantia solo quedan sobre 2300. La tasa de paro sube hasta  el 32%. O resultado é 21.000 desempleados, e pérdida de poboación (12.000 veciños menos en 15 anos)

Primeiro foi a red de auxiliares do naval que soportou o peche e despois foron caendo moitos pequenos comercios e negocios sen clientes. A derradeira vez que a comarca entera baixou a reixa e botouse a rúa en bloque para responder á chamada da emerxencia social dos sindicatos, foi en 1986 e con este negro telón de fondo, miles e miles de ferrolans sumáronse á manifestación convocada por CIG, CC OO, UGT, Y USTG.

ENTREVISTA A JOSE M. PENA CRESPO un soldador xubilado da empresa auxiliar de Bazán (agora Navantia).

-QUEN ERAS EN MARZO DE 1972?
Un traballor da industria auxiliar Bazán, e simpatizante do Partido Comunista.
-QUE MOTIVA A REVOLTA OBREIRA DO MARZO DE 1972?
A negociación do convenio colectivo de Bazán.
-QUE DIFERENZA HABÍA ENTRE O CONVENIO INTERPROVINCIAL PROPOSTO POR BAZÁN E O CONVENIO LOCAL PROPOSTO POLOS OBREIROS?
O convenio interprovincial era común ás factorías de Cartagena, Porto Real e Ferrol e o custo da vida era superior aqui, por iso o que se demandaba un convenio local aplicable soamente ó persoal da factoría de Ferrol.
-QUE OCORREU O 10 DE MARZO DE 1972?
En realidade son dúas datas, o 9 e o 10 de Marzo. O nove de Marzo os traballadores fomos desaloxados dos nosos postos de traballo pola Policia Nacional, daquela acumados coma ‘’os grises’’;  fomos desaloxados pola porta que hoxe xa non existe, que estaba situada ó lado do cantón . O día 10 ao chegar e ver pechada a porta da factoría, comenzamos unha especie de marcha cara o astilleiro de Perlío, accedimos dende a porta do Cantón ata As Pías para supostamente atoparnos cos traballadores de Astano que tamén comenzaron unha folga. Á altura de esa entrada, onde hoxe atópaste o monumento a Amador e Daniel, houbo un enfrentamento coa Policía Nacional, e alí foi onde, durante o tiroteo, houbo varios heridos de bala e dous mortos, ós cales fai homenaxe o monumento xa citado. E a partir de alí, ao redor de 15 días a factoría estivo pechada, e comenzaron co tema das detencións.
-NO XUÍZO DOS 23, ESTABAN TODOS OS QUE ERAN, E ERAN TODOS OS QUE ESTABAN?
Non
-HOUBO UN ANTES E UN DESPOIS, DO OCORRIDO NAQUEL MES DE MARZO?
Si claro, por suposto. Tanto nas loitas obreiras coma na concesión por parte das empresas de certas melloras económicas e sociais.
-EXISTIU,NA RECONVERSIÓN DO 1984, UNHA VENGANZA POR PARTE DO GOBERNO SOCIALISTA HACIA OS OBREIROS FERROLÁNS MOTIVADA POLOS SUCESOS DE MARZO DE 1972?
Na miña opinión persoal sí, fundamentada en que todolos traballadores despedidos e represaliados do 72 e algún ano despois por parte, de este caso, de membros da UXT ou polo Partido Socialista quisieron levar a defensa dos traballadores de bazán e como a malloria eran de comisiones obreras denegouse a participación de Felipe Gonzalez como abogado laboralista na defensa de eses traballadores, por iso penso que houbo unha venganza solapada, por parte do PSOE con respecto ós traballadores do naval de Ferrol; é mais, a partir de alí vese claramente como son potenciados outros astilleiros do Sur,non así os de Bazán e Astano.
-VALEU A PENA ESA LOITA?

Por suposto que sí, agora se disfrutan dunhas melloras sociais e laborais que non existían daquela, pero non valeu a pena para os que quedaron no camino, os compañeiros Daniel e Amador.

jueves, 17 de diciembre de 2015


REAIS FÁBRICAS S.XVIII

                As manufacturas reais son as instalacións industriais que se fundan por iniciativa dos monarcas absolutos no antigo réxime, como resultado da aplicación da política mercantilista. Moitas delas dedicábanse  á fabricación de obxetos de luxo, para o consumo, en primeiro lugar, dos propios palacios reais.
                A chegada da dinastía Borbón no século XVIII fixo que se aplicara o modelo político económico do Colbertismo; chamado así por Colbert, en Francia, durante o reinado de Luis XIV (manufactura dos Gobelinos, dedicada a tapices y outros téxtiles), este modelo económico ten unha teoría proteccionista que quere impedir a saída dos recursos do país (impidiendo a exportación de materias primas), pero a mesmo tempo, fomentando ás exportacións de produtos e impidiendo as importacións.
                A emulación das costumes do rei farán que as clases altas o imiten e se obteña un público consumidor maior. De esta manera, aplícase o modelo Colbertista coas Reais Fábricas por toda España.
                En Ferrol e arredores aínda quedan probas destas fábricas de luxos para xente púidente, por exemplo a Real fábrica de mantelería, ou a Real fábrica de tabacos da Coruña e as Reais fábricas de gremios e barcos de Ferrol.
                A Real fábrica de tabacos da Coruña, que foi creada con un obxetivo fiscal, para manter o monopolio da produción de este produto, foi unha das industrias manufactureiras máis importantes e se puxo en marcha en 1808 con 400 operarias, alcanzando en 1834 as 3000 e en 1890 o seu punto máis alto de empleo con 4000 operarias nos diferentes traballos de elaboración e funcionamento da fábrica, sendo a cifra máis elevada da súa historia.



                Pero a pesar da importancia desta Real fábrica, unha grande parte de la riqueza galega do século XVIII estivo constituída polo que agora chamamos o sector da moda. En aquela época existiu en Sada (A Coruña) unha fábrica de panos importantísima, estaba a Real Fábrica da Mantelería e tamén catro ou cinco fábricas de sombreros importantes, entre elas a de Juan Francisco Barrié, tatarabuelo de Pedro Barrié de la Maza (a quen temos en Ferrol unha calle no seu honor). Tamén había fábricas de pasamanería e talleres de fiado de liño e algodón.  A Coruña sería hoxe tan importante como Cataluña no sector textil, pero desapareceu practicamente todo coa Guerra de Independencia.


(Real Fábrica de Tapices da Coruña)

 


                En Ferrol, as industrias máis importantes foron (e seguen sendo) as relacionadas co naval, que polo de entón existía una organización gremial nos astilleiros dos arsenais de Marina.
          
         
              As perdas xeradas por estas fábricas foron continuas e crecientes. Entre as razones do fracaso mencionaríase que nelas non conseguiron unha modificación profunda das técnicas de fabricación. As dificultades de organización de administración, de supervisión da productividade, son causas explicativas do fracaso económico.

             As fábricas reais acabaron desaparecendo unha a unha, e quedaron tan só como testimonio do intento de renovación do sector manufactureiro levado a cabo polo reformismo borbónico do XVIII, sen enriquecer moito ao país.

lunes, 30 de noviembre de 2015

O fotógrafo de Mauthausen


Era fotógrafo, comunista e supervivente do campo de concentración de Mauthasen. As súas fotos no só serviron para amosar ao mundo as atrocidades cometidas polos nazis nos lager; os campos do horror, foron tamén unha valiosa testemuña nos xuizos celebrados en Nuremberg contra os xerarcas do réxime, tras a Segunda Guerra Mundial (él mesmo foi o único español que declarou no proceso).

Francesc Boix era natural de Barcelona, onde naceu en 1920. Con vinte anos e rematada a Guerra Civil, foi capturado en Francia e, tras pasar por diversos campos franceses, foi trasladado a Mauthasen. Alí, pola súa experiencia coa fotografía, é destinado ao servizo de identificación das SS, encargado de fotografar todos os eventos que tiñan lugar no lager. Durante anos e coa colaboración do seu compañeiro Jacinto García, fixo copias das fotos realizadas no campo polas SS que, pouco antes da liberación polas tropas norteamericanas, lograron sacar de alí.

O campo de Mauthasen abriuse en 1938. Ata 1943 a maioría dos deportados eran presos políticos. Abundaban os polacos, soviéticos, húngaros, pero había tamén alemáns, italianos, franceses e españois, éstos últimos identificábanse por un triángulo azul de tela cunha "S" cosido no traxe a raias. Hai constancia tamén da presenza de galegos no campo; cinco prisioneiros eran veciños de Ferrol. 

(http://pares.mcu.es/Deportados/servlets/ServletController)

Das 200 000 persoas que pasaron por Mauthausen e os seus subcampos, unhas 100 000 morreron vítimas das inxeccións, da conxelación dos "baños da morte", do gas letal, da desnutrición e do traballo extenuante, particularmente nas chamadas "escaleiras da morte", por onde os presos subían os bloques de pedra da canteira. Desde 1943, incrementouse o número de presos polas crecentes necesidades da guerra.

Dos 7000 españois que foron a parar a Mauthasen, só 2000 foron finalmente liberados en maio de 1945, coa chegada das tropas aliadas. Unha das fotografías de Boix amosa a pancarta, nunha das portas do campo, elaborada polos presos españois para festexar a entrada dos soldados norteamericanos.

Unha das últimas montaxes do Centro Dramático Nacional e da compañía Micomicón, recentemente representada no Pazo da Cultura de Narón, El triángulo azul, reconstrúe a experiencia no campo de concentración de Mauthasen dos presos españois, a feroz inhumanidade dos carceleiros e a coraxe de xentes que como Boix fixeron o imposible por salvar a memoria do horror.


Si isto é un home

Vostedes que viven seguros
Nos seus cálidos fogares
Vostedes que ao volver a casa
Atopan a comida quente
E rostros amigos
Pregúntense si é un home
O que traballa no lodo
O que non coñece a paz
O que loita por medio pan
O que morre por un si ou un non
Pregúntense si é unha muller
A que non ten cabelo nin nome
Nin forza para recordalo
E si a mirada baleira e o colo frío
Como unha ra no inverno
Pensen que ésto ocorreu:
Encoméndolles estas palabras.
Grávenas nos seus corazóns
Cando estean en casa, cando anden pola rúa
Cando se deiten, cando se levanten;
Repetir aos seus fillos.
Si non, que as súas casas se derrúben
E a enfermidade os incapacite
E os seus descendientes lle dean as costas.


Primo Levi, escritor italiano, sobrevivente de Auschwitz.

Para saber mais:

El fotógrafo perdido: http://cultura.elpais.com/cultura/2013/07/24/actualidad/1374695470_161518.html

La Guerra Civil del fotógrafo perdido: http://cultura.elpais.com/cultura/2013/03/27/actualidad/1364413062_160391.html

jueves, 12 de noviembre de 2015

A proclamación da República catalá

Cidadáns: En nome do pobo de Cataluña eu proclamo desde aquí o Estado catalán. Ademais, solemnemente vos digo que con todo cariño vaiamos á Confederación coas demais Repúblicas de España.
Con estas palabras e desde o balcón do Palacio da Generalitat en Barcelona, símbolo do autogoberno catalán, o lider do partido nacionalista ERC (Esquerra Republicana de Catalunya), Francesc Maciá, proclama a República catalá o 14 de abril de 1931.

A declaración prodúcese horas despóis de coñecerse o resultado das eleccións de abril, que en Cataluña evidenciou, no só o triunfo das candidaturas republicanas como sucedeu no resto de España, tamén o peso do nacionalismo, en especial da recén fundada ERC, que promovía un novo marco territorial en España de carácter federal.

En Madrid, as reaccións por parte do Goberno Provisional, non tardaron en chegar. Enviouse a Cataluña unha delegación ministerial que acordou acelerar os trámites para poñer en marcha a autonomía catalá, tal e como se acordara no Pacto de San Sebastián, onde as aspiracións dos nacionalistas vinculábanse á celebración dun proceso constituínte onde se decidiría a estrutura territorial do novo Estado. O 17 de abril constitúese o goberno catalá, a Generalitat, e iníciase o proceso de elaboración dun estatuto de autonomía, que será o chamado Estatut de Núria, aprobado en 1932.

O mesmo día 17 reuníase en Guernika unha Asemblea dos concellos de Bizcaia, convocada por José Antonio Aguirre, do PNV, que reclamaba unha República vasca no seo dunha federación española.

En outubro de 1934, a actuación do goberno de  Lerroux foi moi distinta cando o entón presidente da Generalitat, Lluis Companys, de ERC, (Maciá morrera un ano antes) proclama, o día seis, o Estat catalá, en resposta á entrada de tres ministros da CEDA no Goberno. Era o remate das tensas relacións que mantiña o goberno central do centro-dereitista Partido Radical e o autonómico catalán, e que culminarán na coñecida revolución do 34, particularmente intensa en Asturias e Cataluña. 

Cataláns! As forzas monárquicas e fascistas que dun tempo para acó pretenden traizoar á República, lograron o seu obxectivo e asaltaron o Poder (...)

Cataluña enarbola a súa bandeira, chama a todos ao cumprimento do deber e á obediencia absoluta ao Goberno da Generalidad, que desde este momento rompe toda relación coas institucións falseadas. Nesta hora solemne, en nome do pobo e do Parlamento, o Goberno que presido asume todas as facultades do Poder en Cataluña, proclama o Estado Catalán da República Federal Española, e ao establecer e fortificar a relación cos dirixentes da protesta xeral contra o fascismo, invítalles a establecer en Cataluña o goberno provisional da República, que achará no noso pobo catalán o máis xeneroso impulso de fraternidad no común anhelo de edificar unha República Federal libre e magnífica.

Seguindo órdenes do goberno da República, foron enviadas unidades do Exército, e, tras un bre anque violento enfrontamento, as autoridades autonómicas foron detidas e os membros e os cocelleiros da Generalitat permaneceron encarcerados ata a concesión dunha amnistía polo goberno de Azaña en 1936.