viernes, 15 de abril de 2016

A Guerra Civil en cómic



A Guerra Civil ten xerado una abundante bibliografía. Pero, ademáis das obras de carácter científico, é chamativo 
en especial nos últimos tempos, cun número importante de cómics e novela gráfica, e froito do interés que o tema segue despertando, cómpre sinalar tamén outros xéneros


Un clásico que se comeza a publicar en 1979 e que narra as experiencias de Eloy, dun soldado republicano. A serie consta de catro títulos: Eloy, uno entre muchos, Río Manzanares; 1936, Euskadi en llamas y Gorka Gudari



Carlos Giménez, un dos grandes renovadores do cómic español nos anos 80, publicou este álbum en 2007 adicado á guerra.



O debuxante francés Enki Bilal narra nesta historia, a volta a España, corenta anos despóis de finalizada a Guerra Civil, dos antigos membros da XV Brigada Internacional para acabar coas Falanxes da Orde Negra, unha organización fascista empeñada en restablecer a España a ditadura.



A triloxía de Vittorio Giardino No Pasarán ambienta na Barcelona de 1938, que vive os momentos finais da batalla do Ebro, unha trama política-policial na que se ve envolto o seu protagonista, Max Fridman, mestura de aventureiro e axente secreto.
  


Relato gráfico centrado na Guerra Civil coa particularidade de que a acción se desenvolve en Nova York, cun tratamento narrativo moi próximo ao thriller. Un asasino a soldo segue a pista dun dirixente comunista. Entre os personaxes de ficción, trotskistas, brigadistas, móvense tamén intelectuais e artistas norteamericanos simpatizantes da República, como o cantante folk Peter Seeger.



Los surcos del azar, novela gráfica de Paco Roca, sobre la Nueve, a compañía española, integrada por soldados republicanos, que combatiu durante Segunga Guerra Mundial no Exército da Francia Libre, do xeneral De Gaulle, a primeira unidade que entrou no exército que liberou París dos nazis.



O debuxante Carlos Guijarro narra a masacre que tivo lugar en 1937, na estrada de Málaga a Almería, cando as tropas franquistas atacaron aos miles de civís que fuxían da cidade de Málaga, asediada desde os principios da guerra. Entre as personaxes, destaca a figura do médico canadense Norman Bethune.



Unha novela gráfica recente sobre a figura de Andreu Nin, o comunista catalán, dirixente do POUM, asasinado en plena guerra por axentes secretos soviéticos, en colaboración con membros do PCE. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario