jueves, 17 de marzo de 2016

ENTREVISTA A JOSE M. PENA CRESPO un soldador xubilado da empresa auxiliar de Bazán (agora Navantia).

-QUEN ERAS EN MARZO DE 1972?
Un traballor da industria auxiliar Bazán, e simpatizante do Partido Comunista.
-QUE MOTIVA A REVOLTA OBREIRA DO MARZO DE 1972?
A negociación do convenio colectivo de Bazán.
-QUE DIFERENZA HABÍA ENTRE O CONVENIO INTERPROVINCIAL PROPOSTO POR BAZÁN E O CONVENIO LOCAL PROPOSTO POLOS OBREIROS?
O convenio interprovincial era común ás factorías de Cartagena, Porto Real e Ferrol e o custo da vida era superior aqui, por iso o que se demandaba un convenio local aplicable soamente ó persoal da factoría de Ferrol.
-QUE OCORREU O 10 DE MARZO DE 1972?
En realidade son dúas datas, o 9 e o 10 de Marzo. O nove de Marzo os traballadores fomos desaloxados dos nosos postos de traballo pola Policia Nacional, daquela acumados coma ‘’os grises’’;  fomos desaloxados pola porta que hoxe xa non existe, que estaba situada ó lado do cantón . O día 10 ao chegar e ver pechada a porta da factoría, comenzamos unha especie de marcha cara o astilleiro de Perlío, accedimos dende a porta do Cantón ata As Pías para supostamente atoparnos cos traballadores de Astano que tamén comenzaron unha folga. Á altura de esa entrada, onde hoxe atópaste o monumento a Amador e Daniel, houbo un enfrentamento coa Policía Nacional, e alí foi onde, durante o tiroteo, houbo varios heridos de bala e dous mortos, ós cales fai homenaxe o monumento xa citado. E a partir de alí, ao redor de 15 días a factoría estivo pechada, e comenzaron co tema das detencións.
-NO XUÍZO DOS 23, ESTABAN TODOS OS QUE ERAN, E ERAN TODOS OS QUE ESTABAN?
Non
-HOUBO UN ANTES E UN DESPOIS, DO OCORRIDO NAQUEL MES DE MARZO?
Si claro, por suposto. Tanto nas loitas obreiras coma na concesión por parte das empresas de certas melloras económicas e sociais.
-EXISTIU,NA RECONVERSIÓN DO 1984, UNHA VENGANZA POR PARTE DO GOBERNO SOCIALISTA HACIA OS OBREIROS FERROLÁNS MOTIVADA POLOS SUCESOS DE MARZO DE 1972?
Na miña opinión persoal sí, fundamentada en que todolos traballadores despedidos e represaliados do 72 e algún ano despois por parte, de este caso, de membros da UXT ou polo Partido Socialista quisieron levar a defensa dos traballadores de bazán e como a malloria eran de comisiones obreras denegouse a participación de Felipe Gonzalez como abogado laboralista na defensa de eses traballadores, por iso penso que houbo unha venganza solapada, por parte do PSOE con respecto ós traballadores do naval de Ferrol; é mais, a partir de alí vese claramente como son potenciados outros astilleiros do Sur,non así os de Bazán e Astano.
-VALEU A PENA ESA LOITA?

Por suposto que sí, agora se disfrutan dunhas melloras sociais e laborais que non existían daquela, pero non valeu a pena para os que quedaron no camino, os compañeiros Daniel e Amador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario