jueves, 12 de noviembre de 2015

A proclamación da República catalá

Cidadáns: En nome do pobo de Cataluña eu proclamo desde aquí o Estado catalán. Ademais, solemnemente vos digo que con todo cariño vaiamos á Confederación coas demais Repúblicas de España.
Con estas palabras e desde o balcón do Palacio da Generalitat en Barcelona, símbolo do autogoberno catalán, o lider do partido nacionalista ERC (Esquerra Republicana de Catalunya), Francesc Maciá, proclama a República catalá o 14 de abril de 1931.

A declaración prodúcese horas despóis de coñecerse o resultado das eleccións de abril, que en Cataluña evidenciou, no só o triunfo das candidaturas republicanas como sucedeu no resto de España, tamén o peso do nacionalismo, en especial da recén fundada ERC, que promovía un novo marco territorial en España de carácter federal.

En Madrid, as reaccións por parte do Goberno Provisional, non tardaron en chegar. Enviouse a Cataluña unha delegación ministerial que acordou acelerar os trámites para poñer en marcha a autonomía catalá, tal e como se acordara no Pacto de San Sebastián, onde as aspiracións dos nacionalistas vinculábanse á celebración dun proceso constituínte onde se decidiría a estrutura territorial do novo Estado. O 17 de abril constitúese o goberno catalá, a Generalitat, e iníciase o proceso de elaboración dun estatuto de autonomía, que será o chamado Estatut de Núria, aprobado en 1932.

O mesmo día 17 reuníase en Guernika unha Asemblea dos concellos de Bizcaia, convocada por José Antonio Aguirre, do PNV, que reclamaba unha República vasca no seo dunha federación española.

En outubro de 1934, a actuación do goberno de  Lerroux foi moi distinta cando o entón presidente da Generalitat, Lluis Companys, de ERC, (Maciá morrera un ano antes) proclama, o día seis, o Estat catalá, en resposta á entrada de tres ministros da CEDA no Goberno. Era o remate das tensas relacións que mantiña o goberno central do centro-dereitista Partido Radical e o autonómico catalán, e que culminarán na coñecida revolución do 34, particularmente intensa en Asturias e Cataluña. 

Cataláns! As forzas monárquicas e fascistas que dun tempo para acó pretenden traizoar á República, lograron o seu obxectivo e asaltaron o Poder (...)

Cataluña enarbola a súa bandeira, chama a todos ao cumprimento do deber e á obediencia absoluta ao Goberno da Generalidad, que desde este momento rompe toda relación coas institucións falseadas. Nesta hora solemne, en nome do pobo e do Parlamento, o Goberno que presido asume todas as facultades do Poder en Cataluña, proclama o Estado Catalán da República Federal Española, e ao establecer e fortificar a relación cos dirixentes da protesta xeral contra o fascismo, invítalles a establecer en Cataluña o goberno provisional da República, que achará no noso pobo catalán o máis xeneroso impulso de fraternidad no común anhelo de edificar unha República Federal libre e magnífica.

Seguindo órdenes do goberno da República, foron enviadas unidades do Exército, e, tras un bre anque violento enfrontamento, as autoridades autonómicas foron detidas e os membros e os cocelleiros da Generalitat permaneceron encarcerados ata a concesión dunha amnistía polo goberno de Azaña en 1936.

No hay comentarios:

Publicar un comentario