O
Reino Unido viviu durante a era victoriana (1837-1901) unha época de esplendor.
O desenvolvemento industrial impulsado polos avances técnicos e
científicos, o crecemento das urbes, o establecemento dun inmenso imperio colonial, as reformas do seu sistema parlamentario, a
consolidación do bipartidismo, constitúen algún dos seus rasgos.
As
letras e as artes non foron alleas a este auxe. As novelas de Thackeray,
Collins e, sobre todo, Dickens, sumaban miles de lectores e triunfaban mais alá
das fronteiras do seu país, grazas ao progresos nos medios de transporte. O
progreso, cuxas vantaxes amplificaba a prensa, semellaba a fé do novo século que
se achegaba.
Pero, ao lado destes éxitos, e como a propia literatura soubo reflectir, cerníase un sombrío panorama. A pobreza, a marxinación e a explotación laboral que sofrían enormes capas da sociedade, nomeadamente o
proletariado urbano, xerarán un profundo descontento que irá en aumento conforme
avance o período. As diferenzas nas condicións de vida entre a gran masa de
traballadores e a clase burguesa tamén se plasmaba na diversa configuración dos barrios das novas cidades industriais; como se apreciaba, por exemplo, en Londres
na oposición entre o próspero West End e
o humilde East End.
Todo isto axudaránnos a entender a preocupación das autoridades pola orde e a seguridade públicas, así como os frecuentes brotes de violencia que estalaban nos slums dos núcleos industriais.
A violencia foi, en parte, resultado das múltiples contradiccións da sociedade victoriana. Un dos exemplos mais arrepiantes e no que conflúen os factores antes citados, tivo como escenario un dos barrios mais degradados da cidade de Londres, o de Whitchapel, onde entre 1888 e 1891 once mulleres foron asasinadas de xeito brutal. Estes crimes foron atribuidos en gran parte a un misterioso personaxe que axiña foi alcumado pola prensa como Jack o Destripador. Nas páxinas que seguen trataremos de descubrir, da man dun dos mais afamados detectives de todos os tempos, as circunstancias, as motivacións, os sospeitosos e a vitimoloxía destes casos para así comprender mellor como era a sociedade victoriana.
Consulta nestes enlaces para coñecer algo mais da Inglaterra victoriana:

https://sobrehistoria.com/la-era-victoriana/
No hay comentarios:
Publicar un comentario