Velaquí ao noso investigador, o circunspecto detective Sherlock Holmes, un dos máis afamados do seu tempo, en opinión do seu fiel amigo, o doctor Watson. Ámbolosdous, impenitentes solteiros e habitantes do 221 de Baker Street de Londres, son produto da inventiva do escritor británico sir Arthur Conan Doyle que entre 1887, cando se pubicou Estudio en escarlata, e 1916 escribiu catro novelas e cincoenta e seis relatos cos casos do detective .
Nunha época na que aínda non nacera a criminoloxía, nin a policía contaba con medios axeitados de investigación (a toma das pegadas dixitais non foi adoptada ata 1901), Holmes é un acérrimo defensor do razonamento lóxico-deductivo, o cal lévao en ocasións a discrepar cos métodos tradicionais que empregaba a Policía, en especial o inspector Lestrade.
Ademáis da Policía da City, con xurisdicción na cidade, existía tamén a Policía Metropolitana, mais coñecida como Scotland Yard; os seus membros eran chamados peelers, polo primeiro ministro Robert Peel, que a fundara en 1829. A súa función como garante da seguridade e a orde, era fundamentalmente represiva, como nas protestas que durante "domingo sanguento" tiveron lugar en Time Square, en novembro de 1887, e que explicaría a súa impopularidade entre as clases traballadoras.
O crecemento de Londres neste tempo foi espectacular, pasando de 3 a 7 millóns de habitantes, comprendendo aos municipios limítrofes (o que daría lugar ao Gran Londres). Paralelamente deselvovéronse as comunicacións ferroviarias, construíndose daquela as estacións de estilo "artes industriais" (King Cross, Saint Pancras, Paddington). As melloras na iluminación, os novos materiais, como o cemento e o aceiro, e a introducción do telégrafo modificaron a paisaxe urbana da capital.
Pero ao lado dos prósperos barrios do centro (Mayfair, Pimlico, Soho, Westminster), moreas de humildes familias poboaban os degradados slums do East End. Habitados por navvies (mariñeiros), traballadores portuarios (dockers e lumpers), as súas condicións de vida foron denunciadas desde diversos sectores. Chamábase a atención sobre a pobreza e a prostitución de barrios como Whitechapel, donde enfermedades como a sífile causaban estragos.
Este era o panorama que presentaba a cidade en abril de 1887, cando se inician as mortes e arranca a nosa historia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario