A revolución que se iniciou en España en xullo de 1854 tivo en Karl Marx, que daquela exercía de corresponsal en Londres do New York Daily Tribune, un intérprete excepcional. Ao longo dese ano o autor alemán escribe unha serie de artigos para o xornal onde vai describindo a situación política española, dominada pola corrupción da corte, o fanatismo relixioso e un Exército en mans dos espadóns.
Aínda presentes en Europa os ecos da revolución de 1848, a "primavera dos pobos", Marx aporta unha visión lúcida e ben documentada, capaz de trascender os acontecementos inmediatos para desvelar as correntes profundas da nosa historia.
O desconcerto que xenera o levantamento de Vicálvaro reflíctese nunha das primeiras crónicas enviadas á redacción do xornal en Nova York: Sería prematuro formular unha opinión sobre o carácter xeral desta insurreccción. Días despóis engade: A insurrección española semella tomar un novo aspecto (...) Ao convencerse de que as cidades españolas non poden mobilizarse esta vez por unha mera revolución palaciana, O`Donell postulou inesperadamente principios liberais.
Marx sostén que os numerosos pronunciamentos locais e rebelións militares acostumaron a Europa a considerar a España como un país colocado na situación da Roma imperial na era dos pretorianos. E apunta algunha das razóns desa visión: seica non haxa país algún salvo Turquía tan pouco coñecido e tan mal xulgado como España.
O pensador alemán observa na contínua sucesión de cambios de goberno, levantamentos populares e pronunciamentos militares unhas constantes que percorren a época:
Os movementos revolucionarios españois ofrecen desde comezos de século un aspecto notablemente uniforme (...) En todo outro caso ocorre que cada complot palaciano baséase en insurrecccións militares que arrastran indefectiblemente tras de sí pronunciamentos municipais. Dúas cousas explican este fenómeno. En primeiro lugar, o que chamamos estado no sentido moderno da palabra non ten verdadeira corporización fronte á corte, por causa da vida exclusivamente provincial do pobo, se non é no exército. En segundo lugar, a peculiar posición de España e a guerra pola Independencia crearon condicións nas cales o exército resultou o único lugar no que podían concentrarse as forzas vitais da nación española.
Na súa análise os factores económicos cobran tanta importancia como os políticos, dándolle un novo e esclarecedor significado á maraña confusa de sucesivos levantamentos:
A dédeba flotante de España suma 33 millóns de dólares e o déficit total é de 50 (...) Incluso os recursos extraordinarios do estado foron anticipados en varios anos e malgastados (...) As minas de mercurio de Almadén están comprometidas por anos (...) As medidas que propón [o goberno] para cubrir ese déficit son as dun verdadeiro banqueiro, a saber: volta á orde e á tranquilidade, continuar a exacción dos vellos impostos e emitir novos empréstitos. Dacordo con ese consello, Espartero obtivo 2,5 millóns de dólares dos banqueiros de Madrid, a cambio da promesa de realizar unha política estrictamente moderada. As súas últimas medidas proban o gustosamente que está disposto a cumprir esa promesa.

Non hai que crer que todas esas medidas reaccionarias sexan recibidas sen resistencia algunha polo pobo (...)
Este é o "cercle vicieux" no que están condenados a moverse todos os gobernos revolucionarios abortivos. Recoñecen como obrigacións nacionais as débedas contraídas polos seus predecesores contrarrevolucionarios. E así o novo goberno popular tranfórmase en servidor dos grandes capitalistas e en opresor do pobo.
E por se quedara algunha dúbida acerca do protagonismo dos financieros nos sucesos revolucionarios, baste suliñar o seguinte parrágrafo:
Está xa comprobado que o embaixador británico (...) convenceu ao banqueiro Collado, actual ministro de Facenda, para que adiantara o diñeiro que necesitaban O`Donell e Dulce para o seu pronunciamento.
As reflexións de Marx sobre a revolución burguesa en España revélanos a flebeza das súas bases, a persistencia de elementos do Antigo Réxime e o protagonismo do Exército na revolución liberal.