O bombardeo
tivo lugar o 3 de decembro de 1842, seguindo as ordes do xeneral progresista
Espartero como castigo ás sublevacións civís en Barcelona contra a política
librecambista do rexente. Estas sublevacións comezaran o 15 de novembro e ameazaban ao proteccionismo esixido
polos industriais cataláns para manter o monopolio dos seus produtos textiles
en España. As medidas liberais progresistas de Espartero promovían a apertura das
fronteiras españolas aos produtos ingleses, competidores naquel momento por
calidade e precios dos fabricados en Cataluña. As negociación librecambistas
con Inglaterra concluíron co anuncio dun tratado comercial , ocasionando o desencanto
e indignación da Burguesía Catalana ( a Xunta Popular ) e das asociacións de obreiros que pedía a
protección da Industria Catalá.
O exército de Espartero, para o bombardeo, refuxiouse no castillo de
Montjuic. Dende esta posición comezou o bombardeo, dirixido polo capitán xeneral
Van Halen mediante
aproximadamente mil proxectís. A acción foi indiscriminada e provocou
incencios, destruiu uns 460 edificios e matou a unhas 20 ou 30 persoas. O Concello sufriu o ataque máis duro: incendiouse a fachada principal,
quemáronse arquivos, e as rúas que o rodean sufriron serios destragos.
A operación
comezou antes do mediodía e rematou a súa primeira etapa ás 2 da tarde, para
reanudarse dúas horas despois cando os destragos xa eran notables. Ás 6 da
tarde dúas comisións de cidadáns, unha da cidade e outra da Barceloneta,
dirixíronse ao cuartel xeneral para pedir que as hostilidades parasen e
ofreceron a cambio sumisión. A xunta revolucionaria pedía o cese do ataque para
ceder a plaza e o exército ordeou a previa rendición e entrega dos responsables
da sublevación. Os negociadores alcanzaron un acordo á media noite e deuse
entón por concluido o bombardeo.
O día 4 Barcelona recibiu a entrada das tropas ao mando de Van Halen e Esparteiro, os revolucionarios foran desarmados e a Milicia tomara a Cidadela, os cuarteis, as portas da cidade e os edificios máis emblemáticos e representativos. O capitán xeral declarou a cidade en estado de sitio por tempo indefinido. As medidas de castigo foron moi duras, dende a pena de morte para os líderes da revolución, ata a prisión incondicional con grao segundo a implicación de cada un na revolta.
Frase de Espartero antes do último canonazo: “É conveniente bombardear Barcelona cada 50 anos, polo ben de España.”
O 8 de xuño de 1843 houbo en Barcelona outra insurrección de tropas contra o goberno. O obxectivo era conseguir a maioría de idade de Isabel II e a súa coroación. O xeneral Prim ordenou un novo bombardeo de Barcelona, e o 24 de outubro iniciouse o bombardeo da cidade dende a Cidadela, o asedio durou uns 2 meses e lanzáronse preto de 3000 bombas.
A frase de Espartero é terrible, e vistas as cousas ás veces semella que moitos desexarían que se cumprise.
ResponderEliminarNoraboa pola entrada!