miércoles, 5 de junio de 2013

"Mi guerra de España": memorias dunha oficial do exército republicano

Hipólito e Micaela, Mika, Etchebéhère eran dous xoves arxentinos chegados a España en vésperas da guerra civil. Expulsados do Partido Comunista Arxentino debido as súas discrepancias coa liña oficial estalinista e pola súa afinidade co trotskismo, viaxan a España desde París -onde viven entregados á causa da revolución-, atraídos polos ecos da revolución de Asturias.

Co estalido da guerra Hipólito é posto ao fronte das milicias do Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM), de tendencia trotskista. Nestes momentos iniciais e ante a ausencia dun auténtico exército, as únicas forzas coas que conta a República son as milicias recrutadas polos partidos de esquerda e os sindicatos,  e cuxo papel foi fundamental na primeira etapa do conclicto. 

Poucas semanas despois, o 16 de agosto, Hipólito é abatido en Atienza. O estado avanzado da turbeculose que padecía non fixo senon confirmar o seu desexo de non morrer de enfermidade. Conta Mika nas súas Memorias:
Ha hallado la muerte para ganar la confianza de esos hombres recelosos cuya obediencia só1o se obtiene desafiando locamente el peligro.
A partir deste momento Mika pasa a ocupar o posto deixado por Hipólito. Loita en Sigüenza, onde os republicanos, sitiados na catedral, sofren o bombardeo continuado da artillería franquista. Pero Mika consegue rachar o cerco. Pasa despois a Madrid, cidade convertida en símbolo da resistencia republicana tras meses de feroz hostigamento por parte dos nacionais.

Mika é nomeada capitán e posta ao fronte dunha compañía do POUM destinada a zona de Moncloa, convertíndose na primeira muller que acada o grao de oficial. A coraxe amosada nos combates pola unidade é causa de admiración dos mandos.

Ela non é unha oficial ao uso; preocúpase polos seus homes. Para soportar as baixas temperaturas naquel frío inverno do 36 procúralles roupa e mediciñas, e incluso chega a montar unha biblioteca.
Que no vayan a pedirme detalles de táctica o de estrategia, porque no sé prácticamente nada. No sé tampoco mandar; mejor dicho, tampoco lo necesito, porque los hombres tienen confianza en mi. Cuando llega una orden la comunico a la compañía y la ejecutamos todos juntos. Hago todo lo posible para que no pasen hambre, y cuando no tienen nada que comer se aguantan, sin protestar, porque conocen mi monomanía por alimentarlos (...)
Frasco de jarabe y cuchara en la mano. Me acerco a cuatro patas a los hombres que tosen. Echan un poco la cabeza hacia atrás, abren la boca Y. cuando han ingerido el jarabe, reímos un momento ante esta faceta bastante cómica de la guerra.
Os compañeiros de Mika sorpréndese de que extranxeiros como ela e Hipólito veñan a España a loitar pola República:
Que en esta guerra, que es la nuestra, mueran españoles me parece normal -dice Mateo-; pero que extranjeros como tu marido, como El Marsellés , como tú misma, vengan aquí a luchar por nosotros, a morir por nuestra causa, eso es algo grande.
A partir de 1937, ao agravamento da situación militar súmanse as diferenzas internas do goberno republicano. O PCE, cuxa posición é cada vez mais influinte, enfróntase a anarquistas e trotskistas. Unha das vítimas será o dirixente catalán do POUM Andreu Nin. Mika e detida e anque finalmente é liberada, se lle prohibe volver a loitar. Aínda así permanece en Madrid ata o final da guerra, cando se instala en París. E novamente vese obrigada a fuxir a Arxentina ante a chegada dos nazis.

Mais información: 
http://elpais.com/diario/2012/02/06/cultura/1328482803_850215.html
http://www.fundanin.org/mika.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario