jueves, 30 de mayo de 2013

A Transición en tinta china

Este é o título da exposición que a Biblioteca Nacional adica á Transición a través da mirada dos grandes debuxantes do humor gráfico español, desde Forges a Mingote, pasando por Chumy Chumez, Peridis, Gallego y Rey, El Roto, El Cubri, Carlos Jiménez e moitos mais.

Unha ollada a obra destes creadores revélanos a dificultade de comprender cabalmente este período sen coñecer a personaxes como "Martinez el facha", de Martín Morales, as viñetas de humor cru de Chumy Chumez en Hermano Lobo ou o "Mariano" de Forges, retrato irónico do español medio.

A prensa da época está representada por publicacións como Triunfo, La Codorniz, El Jueves, ABC, Informaciones, El País,...

Unha das máis interesantes revelacións desta mostra é o papel xogado polo humor gráfico transición como instrumento de rebeldía e crítica nun momento en que a liberdade íase asomando tímidamente tras longos de silencio e represión.

galería de imaxes:
http://www.bne.es/es/AreaPrensa/MaterialGrafico/Exposiciones/TransicionEnTinta/index.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario