jueves, 10 de septiembre de 2015

A Patagonia en chamas

Esta historia transcorre na lonxana Patagonia, un deses remotos lugares que foron destino da emigración galega. E a nosa personaxe, Antonio Soto Canalejas, que co tempo sería coñecido como “o galego Soto”, naceu en Ferrol en 1897, pero pronto se incorporou á corrente emigratoria. En Argentina simpatizou co anarcosindicalismo, sendo un dos mais destacados participantes nas folgas que se desenvolveron na Patagonia  a principios dos anos 20.
Chegou ao pais con 13 anos e alí adicouse a diversos oficios, entre eles, actor nunha compañía teatral, coñecendo de primeira man a explotación laboral.   .
En 1920, con motivo da folga xeral declarada en Trelew, cidade da provincia patagona del Chubut, Antonio Soto adheriuse á protesta e participa nas movilizacións. As autoridades expulsáronno do Chubut. Marcha a Río Gallegos, capital da provincia de Santa Cruz, onde traballará de estibador portuario. Alí entra en contacto co mundo sindical, ingresando na “Sociedad Obrera de Gallegos”, da que chegará a ser secretario xeral. Ese verán estalla unha folga na provincia. Ante as medidas represivas do gobernador, Soto fuxe a Buenos Aires. No congreso da anarquista Federación Obrera Regional Argentina reclama o apoio na loita obreira que se está a desenvolver nas provincias da Patagonia.

A mediados de 1921 desenvólvese unha segunda gran folga dos traballadores agrícolas do sur da provincia de Santa Cruz. Os terratenentes acuden ao Exército, que non dubida en emplegar a forza. Liderados por Soto, columnas obreiras marchan coa bandeira negra e vermella levantando aos peóns das estancias. A pesar do carácter pacífico do movemento, moitos folguistas son detidos e fusilados polas tropas. En decembro, os soldados rodean a estancia La Anita, base de operacións de Soto. Nunha asamblea, os traballadores deciden abandonar a folga; Soto e algún compañeiros eran contrarios á decisión. Finalmente os folguistas réndense, o cal non impide que os militares fusilen a moitos deles. Soto consegue fuxir e, xunto cun pequeño grupo, diríxense a Chile atravesando a cabalo a cordilleira dos Andes. Seguiu un longo periplo que o levou a Valparaíso e logo a Iquique, onde traballou nas salitreiras.
En 1933 regresa a Arxentina, pero é expulsado polas autoridades. Instálase en Punta Arenas (Chile), onde decide establecervun hotel e desprega unha incesante actividade política e social. Funda o Centro Republicano Español, o Centro Galego e a Cruz Vermella. Pero non abandona a loita, participando nas movilizacións estudiantís de principios dos anos 60. Morreu nesta localidade chilena en 1963.



miércoles, 9 de septiembre de 2015

O cantón independente de Ferrol

O movemento cantonalista, que está na orixe das fortes discrepancias que sacudiron o federalismo durante a I República, consumando o fracaso do proxecto federal, tivo no levantamento republicano de Ferrol de outubro de 1872, un singular antecedente.

A súa raíz hai que buscala na fracasada revolución setembrina de 1868, cuio éxito inicial -alimentado polo descontento dos traballadores do Arsenal e a activa participación dos republicanos- plasmouse na formación dunha "Junta revolucionaria" e na elección dunha corporación republicana. O gobernador civil, en medio dunha grande conflictividade, ordenou a súa disolución e nomeou unha nova, máis acorde cos principios monárquicos da Constitución de 1869.

Deste xeito, foi destituido o alcalde republicano, o periodista e escritor Francisco Suárez García, home polifacético e cuia actividade política cobre boa parte do último terzo do século. Ademáis de dirixir o comité local do Partido Republicano Federal, foi deputado nas Cortes constituíntes de 1873, editou varios xornais (El Eco Ferrolano, El Trabajo, La Democracia) e foi Venerable Mestre da primeira loxia masónica de Ferrol, Luz de Finisterre nº 11, auténtico núcleo conspirativo do levantamento de outubro do 72. Na súa faciana como escritor destacan as novelas "Los invasores" ou"Grandal".

A sublevación comezou no Arsenal o día 11. Contou coa participación dun reducido continxente de militares e civís ás ordes do brigadier Bartolomé Pozas, que tras a toma das instalacións e a detención do comandante Victoriano Sánchez Barcaíztegui, pronunciou a seguinte arenga:

Ciudadanos: En buena hora habéis llegado a comprender el levantado espíritu que a este puñado de hombres de corazón nos impulsa. Sois dignos de la libertad que yo, unido a estos mis buenos amigos, me propongo conquistaros a todo trance, cueste lo que cueste y caiga el que caiga, aun cuando para ello precise sacrificar mi existencia, que es pequeño sacrificio el de la vida cuando se consagra al triunfo de tan santos atributos: ¡igualdad, justicia, fraternidad; porque, habéis de saberlo, nosotros vamos a la república, venimos por la república y queremos la república democrática federal, ni más ni menos (...) Ciudadanos: ¡No más tiranos, no más inmoralidad, no más ignominia! Guardias, marineros y paisanos: ¡No más reyes! ¡Abajo las quintas y matrículas del mar! ¡Abajo los consumos! ¡Viva el Pueblo Soberano! ¡Viva la República Democrática Federal!

Nas horas seguintes o levantamento vai sumando máis apoios e o día 12 unha multitude percorre a cidade acompañándose de bandeiras vermellas e estandartes co lema "Libertad, Igualdad, Fraternidad y República Federal". Unha "Junta provisional" encabezada por Francisco Suárez ponse ao fronte do movemento.

Pero a reacción do goberno non se fai esperar e ao día seguinte chegan tropas procedentes da Coruña co obxectivo de aplastar a rebelión. A refrega sáldase coa derrota dos federais e a fuxida do seus líderes. No consello de guerra os implicados son condenados a penas de exilio, cárcere e pena capital, da que son finalmente indultados. Francisco Suárez parte cara a Madrid para non volver ata febreiro de 1873, unha vez proclamada a República. Máis adiante, durante a Restauración, verase obrigado a marchar novamente ao exilio.

Coñecidos os disturbios na capital, o goberno e as Cortes se pronuncian en contra do levantamento. A postura do deputado e líder federalista Pi i Margall, que condena o alzamento ( "...porque creemos que mientras estén aseguradas las libertades individuales y podamos manifestar y defender libremente nuestras ideas, las insurrecciones dejan de ser un hecho y pasan a tener el carácter de verdadero delito"), provocará a indignación do sector máis radical do federalismo, consagrando definitivamente a división entre benévolos e intransixentes. Éstes rompen co Directorio Federal do Partido, criticando a "dictadura funesta de Pi i Margall", e fundan un"Consejo Provisional de la Federación Española".

Así rematou a breve experiencia republicana independente de Ferrol.


Máis información en: VV AA, Historia de Ferrol, Vía Láctea Editorial, 1998.

jueves, 18 de junio de 2015

O xeneral Álava: o español que combatiu en Waterloo

O xeneral Álava, por Salter, 1835
d
Hoxe cúmplense douscentos anos da batalla de Waterloo, o "momento decisivo do século", en palabras do xeneral Wellington. A batalla supuxo a derrota definitiva de Napoleón e o seu exilio na remota illa de Santa Helena, onde rematarían os seus días.

Un dos  presentes na contenda foi o xeneral vasco Miguel Ricardo de Álava e Esquivel (1772-1843), que tamén participara (anque neste caso, no bando oposto) na batalla de Trafalgar, onde se distinguiu a bordo do navío "Príncipe de Asturias".

A partir de 1808, iniciada a guerra da independendencia, Álava coloborou coas autoridades francesas, formando parte, como representante da Mariña, da Xunta que elaboraría a Constitución de Baiona. Pero o xeneral non tardou moito en sumarse ás filas da resistencia. A principios de 1810 foi destinado a Portugal xunto ao xeneral Arthur Wellesley, futuro duque de Wellington. O seu coñecemento do idioma inglés -que adquiriu no Seminario de Vergara, dependente da Real Sociedad Bascongada de Amigos del País- convertiuno nun home imprescindible para o comandante das forzas británicas despregadas na Península.

Durante a guerra de España os dous selaron unha fonda amizade, a pesar das diferenzas políticas que os separaban. Wellington, home de mentalidade conservadora, chegou a ser a figura mais destacada do partido tory, e foi designado primeiro ministro en 1823. Álava, que fora elixido deputado en Cádiz e presidiu as Cortes que aprobaron a constitución de 1812, convertiuse nunha das figuras destacadas do liberalismo moderado ou doceanista e un dos mais respectados exiliados españoles en Londres. 

Proba desta amizade foi a acollida que, en 1823, o xeneral británico lle dispensou na súa residencia en Londres, durante os anos do exilio que xerou a restauración absolutista. A gratitude do xeneral extendeuse tamén aos membros da colonia española (concentrados na súa maioría no barrio de Somers Town), que poideron disfrutar das ayudas que en calidade de aliados lles ofreceu o goberno inglés.

Despois da derrota francesa na batalla de Vitoria e a retirada da Península, o xeneral Álava foi nomeado embaixador en París e logo, comisionado polo reposto monarca Fernando VII no exército de Wellington nos Países Baixos, entrando a formar parte do seu Estado Maior.  
A volta de Napoleón da illa de Elba ameazaba trastocar o costoso equilibrio acordado polas potencias en Viena. Os exércitos aliados comezaron a organizarse. Napoleón sabía que a súa única oportunidade consistía en impedilo. Dirixiu cara o norte coa Armé du Nord, co obxetivo de separar as forzas británicas das prusianas, que, ao mando de Blüquer, avanzaban cara a Bruselas.

Tras las "escaramuzas" de Quatre Bras e Ligny, que se saldaron en tablas, o esceario decisivo foron as proximidades da aldea de Waterloo, entre as alturas da Belle Alliance e o bosque próximo a Bruselas.

Xunto ao famoso carballo, no centro da liña defensiva inglesa, no cruce do camiño a Bruselas e o de Ohain, Álava acompañou a Wellington naquela xornada do 18 de xuño de 1815. Alí, o xeneral escoitaría a Wellington arengar ás súas tropas. Desde alí poido contemplar a carga decisiva de lord Uxbridge ao fronte da Brigada da Garda. Quizáis escoitaría a Wellington, a medida que pasaban as horas, exclamar desesperado: "É preciso que caiga a noite ou que cheguen os prusianos".  E desde alí sería testemuña dos últimos esforzos do exército francés, da heróica resistencia dos rexementos da Vella Garda e daquelas  palabras do xeneral  Cambronne: "¡A Garda morre pero non se rinde!", que posiblemente se limitaría a exclamar: "¡merde!".

De noite, Álava e Wellington cearon xuntos na hospedería de Waterloo. Brindaron pola guerra de España, logo de repasar anécdotas e evocar a sorte dos caídos.  Á maña seguinte , no despacho que Wellington enviaba ao goberno, afirmaba que o oficio das armas era sucio.

Como recoñecemento aos seus servizos na guerra de España e na batalla de Waterloo o goberno inglés distinguiu a Álava co título de caballero da Orde do Baño.

viernes, 6 de septiembre de 2013

Karl Marx e a Revolución en España

A revolución que se iniciou en España en xullo de 1854 tivo en Karl Marx, que daquela exercía de corresponsal en Londres do New York Daily Tribune, un intérprete excepcional. Ao longo dese ano o autor alemán escribe unha serie de artigos para o xornal onde vai describindo a situación política española, dominada pola corrupción da corte, o fanatismo relixioso e un Exército en mans dos espadóns.

Aínda presentes en Europa os ecos da revolución de 1848, a "primavera dos pobos", Marx aporta unha visión lúcida e ben documentada, capaz de trascender os acontecementos inmediatos para desvelar as correntes profundas da nosa historia.

O desconcerto que xenera o levantamento de Vicálvaro reflíctese nunha das primeiras crónicas enviadas á redacción do xornal en Nova York: Sería prematuro formular unha opinión sobre o carácter xeral desta insurreccción.  Días despóis engade: A insurrección española semella tomar un novo aspecto (...) Ao convencerse de que as cidades españolas non poden mobilizarse esta vez por unha mera revolución palaciana, O`Donell postulou inesperadamente principios liberais.
                                                     
 Marx sostén que os numerosos pronunciamentos locais e rebelións militares acostumaron a Europa a considerar a España como un país colocado na situación da Roma imperial na era dos pretorianos. E apunta algunha das razóns desa visión: seica non haxa país algún salvo Turquía tan pouco coñecido e tan mal xulgado como España.

O pensador alemán observa na contínua sucesión de cambios de goberno, levantamentos populares e pronunciamentos militares unhas constantes que percorren a época:  

Os movementos revolucionarios españois ofrecen desde comezos de século un aspecto notablemente uniforme (...) En todo outro caso ocorre que cada complot palaciano baséase en insurrecccións militares que arrastran indefectiblemente tras de sí pronunciamentos municipais. Dúas cousas explican este fenómeno. En primeiro lugar, o que chamamos estado no sentido moderno da palabra non ten verdadeira corporización fronte á corte, por causa da vida exclusivamente provincial do pobo, se non é no exército. En segundo lugar, a peculiar posición de España e a guerra pola Independencia crearon condicións nas cales o exército resultou o único lugar no que podían concentrarse as forzas vitais da nación española.

Na súa análise os factores económicos cobran tanta importancia como os políticos, dándolle un novo e esclarecedor significado á maraña confusa de sucesivos levantamentos: 

A dédeba flotante de España suma 33 millóns de dólares e o déficit total é de 50 (...) Incluso os recursos extraordinarios do estado foron anticipados en varios anos e malgastados (...) As minas de mercurio de Almadén están comprometidas por anos (...) As medidas que propón [o goberno] para cubrir ese déficit son as dun verdadeiro banqueiro, a saber: volta á orde e á tranquilidade, continuar a exacción dos vellos impostos e emitir novos empréstitos. Dacordo con ese consello, Espartero obtivo 2,5 millóns de dólares dos banqueiros de Madrid, a cambio da promesa de realizar unha política estrictamente moderada. As súas últimas medidas proban o gustosamente que está disposto a cumprir esa promesa.
Non hai que crer que todas esas medidas reaccionarias sexan recibidas sen resistencia algunha polo pobo (...)
Este é o "cercle vicieux" no que están condenados a moverse todos os gobernos revolucionarios abortivos. Recoñecen como obrigacións nacionais as débedas contraídas polos seus predecesores contrarrevolucionarios. E así o novo goberno popular tranfórmase en servidor dos grandes capitalistas e en opresor do pobo.

E por se quedara algunha dúbida acerca do protagonismo dos financieros nos sucesos revolucionarios, baste suliñar o seguinte parrágrafo:

Está xa comprobado que o embaixador británico (...) convenceu ao banqueiro Collado, actual ministro de Facenda, para que adiantara o diñeiro que necesitaban O`Donell e Dulce para o seu pronunciamento.

As reflexións de Marx sobre a revolución burguesa en España revélanos a flebeza das súas bases, a persistencia de elementos  do Antigo Réxime e o protagonismo do Exército na revolución liberal.

miércoles, 4 de septiembre de 2013

Mohammed ben Mizzian: un oficial mouro ao servizo de Franco

A vida deste militar marroquí, o mais destacado oficial do continxente mouro que combatiu en España durante a guerra civil en apoio das tropas sublevadas, está rodeada dunha auténtica lenda negra.

Fillo dun cadí da cabila de Mazuza adicto ás tropas de ocupación españolas, naceu en Nador en 1897. Un primeiro episodio novelesco está vinculado á visita que fai Alfonso XIII á escola de Melilla onde estuda o xove Mizzian e cuxos coñecementos da xeografía española asombran ao monarca. Cando Alfonso XIII lle pregunta qué querría ser de maior, Mizzian lle contesta que “capitán”. E cando o mozo ten dezaseis anos o propio rei lle facilita o ingreso na Academia de Infantería de Toledo, cuios estatutos tiveron que ser cambiados para permitir o acceso dun musulmán.

Entre 1921 e 1926 participa, co grao de tenente, na sanguenta Guerra do Rif. Ferido durante o famoso desastre de Annual, é ascendido a capitán. Por un capicho do destino, os rifeños aos que se te que enfrontar están liderados polo seu antigo mestre, Abd el-Krim. A campaña lle depara outra feliz coincidencia: coñece a un xoven tenente coronel, Francisco Franco, a quen salva a vida. Gracias ao valor e arroxo que amosa durante a campaña ascende rápidamente.

En xullo de 1936, co inicio do levantamento militar contra a República, en cuxo plan paricipa desde semanas atrás, diríxese a Melilla ao fronte dun tabor de regulares e intervén na que está considerada a primeira acción armada da guerra.

Xa na Península, vémolo intervir na defensa do Alcázar de Toledo ao fronte dos seus regulares, e na batalla de Madrid, nos combates que se produciron na Cidade Universitaria. A violencia que empregaron as súas tropas en Toledo, así como a violación de dúas milicianas en Madrid foron descritas polo periodista nortemericano John T. Whitaker:

En certa ocasión atopábame nun cruce de camiños de Navalcarnero na compaña deste oficial marroquí cando trouxeron á súa presenza a dúas raparigas que aínda non cumpriran os vinte anos. Unha delas traballara nunha fábrica téxtil de Barcelona e levaba no peto da chaqueta un carnet sindical. A outra era de Valencia e dixo que era apolítica. Tras interrogalas co propósito de obter información militar, El Mizzian levounas a unha escola onde descansaban preto de 40 soldados mouros, que estallaron en alaridos ao velas chegar. Quedeime arrepiado, cheo de rabia e de impotencia. Cando lle manifestei a El Mizzian a miña protesta, respondeume cun sorriso: "Non vivirán mais de catro horas".

O propio Whitaker contaba que Mizzian lles prometera aos seus homes "mulleres brancas" e que chegou a montar un burdel con mulleres marroquíes e prisioneiras republicanas.

En 1937 Mizzian tomou parte na campaña do norte e en 1938, convertido xa en coronel, na batalla do Ebro, que decidiría a sorte da guerra.

Acabada a contenda, Franco desígnao capitán xeral de Ceuta. En 1953 é ascendido a tenente xeral e nomeado capitán xeral de Galicia. E foi neste destino onde xurdíu a lenda da súa presenza na celebración o día do apóstolo en Compostela. As autoridades decatáronse de que a imaxe do santo que tradicionalmente saía en procesión, Santiago Matamoros degollando musulmáns, podería resultar ofensiva ao novo capitán xeral. E foi entón cando -sempre segundo a lenda- a peana da estatua foi cuberta, algúns contan que cun pano branco e outros con ramilletes de rosas. Non deixaría de resultar chocante contemplar a figura de Santiago cortando as rosas en lugar das habituais cabezas de infieis.

 En 1956, logo de acadar a indepedencia, o monarca de Marrocos Mohammed V reclamou os servizos de Mizzian, que se encargará de crear o exército do novo estado. Él foi o responsable, ao ano seguinte, da brutal represión da revolta rifeña na que non dubidou en empregar napalm.

No ano 1964 foi destacado a Madrid como embaixador de Marrocos. Morre en 1975. En 2006, con motivo da inaguración na súa localidade natal dun museo adicado á súa memoria e na que non faltaron personalidades políticas e militares españolas, unha das súas fillas glosaba a súa figura nos seguintes termos: "simbolizou a fraternidade de armas hispano-marroquí".

Mais información
La última victoria de Mizzian, el general exterminador, artigo en El País de Ignacio Cembrero (http://elpais.com/diario/2006/06/04/espana/1149372011_850215.html).
España masacrada (http://elpais.com/diario/2011/03/27/eps/1301210816_850215.html)
Paul Preston, El holocausto español 
http://www.youtube.com/watch?v=hsdSTvUmg_s

lunes, 2 de septiembre de 2013

A primeira tecnoloxía europea

A mais antiga ferramenta fabricada en Europa non é alemana, nin francesa, nin sequera británica. Anque pareza mentira, o primeiro útil que sae das mans dun ser humano no vello continente é made in Spain. Segundo confirman os arqueólogos que levan anos excavando no xacimento de Atapuerca (Burgos) e cuxas testemuñas arroxan as mais antigas datas da presenza humana en Europa, unha lasca de sílex de apenas tres centímetros, atopada na campaña deste verán e datada hai uns 1,4 millóns de anos, sería o más antigo trebello asociado aos primeiros homínidos que aparecen en Europa.

Este achádego vense a asumar a outros moitos -entre eles, a famosa mandíbula do Homo antecessor-, que confirmarían, segundo recalca o investigador José María Bermúdez de Castro, no só a antigüidade do poboamento humano no sur de Europa, senon a súa continuidade no tempo, feito que ata o de agora non era recoñecido pola comunidade científica.

http://elpais.com/diario/2008/03/27/sociedad/1206572402_850215.html
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/07/24/actualidad/1374668801_656980.html

domingo, 1 de septiembre de 2013

A Ilustración, Feijoo e as probas de paternidade

Definíase a sí mesmo como desenganador do vulgo (oficio, a la verdad, honrado y decoroso; pero triste, ingrato y desabrido más que otro alguno), foi coñecido como o "Voltaire español" e un contemporáneo describiuno do seguinte xeito:

Sin resabios de grande, sin presunciones de sabio, sin orgullo de poderoso y sin vanidad de aplaudido, le encuentra quien le busca y le halla quien le necesita.

Escribiu dúas obras maxistrais de carácter enciclopédico, o "Teatro Crítico Universal" e as "Cartas Eruditas", consideradas como un enorme monumento do espíritu crítico en medio do deserto intelectual da España do século XVIII.

O benedictino frei Benito Jerónimo Feijoo naceu en 1676 nunha aldea de Ourense, no seo dunha familia fidalga. Reinaba daquela Carlos II o Enfeitizado e o Imperio español pasaba polos súas horas máis baixas. A pesar da condición de primoxénito, a familia de Feijoo non se opuxo ao seu ingreso na Orde e soubo alentar as súas inquedanzas intelectuais.Estudiou nos mosteiros de Samos e Lérez e a partir de 1709 instalouse definitivamente en San Vicente de Oviedo, onde impartiu teoloxía. Pero os seus gustos inclinábanse por materias máis mundanas: filosofía, matemática, física, literatura, medicina, agricultura,.. a cuxo estudio adicaba longas horas na celda que compartía con xentes como Vives, Bacon ou Newton.
¿Qué cosa más dulce hay que estar trabajando todos los días con los hombres más racionales que tuvieron los siglos todos, como se logra en el manejo de los libros?
Enemigo de honores e prebendas, a publicación, a partir de 1726, da súa obra motivou una das guerras literarias máis intensas na historia das nosas letras. Más daño causan los cañones de pluma que los cañones de batir exclamaría o tamen benedictino frei Martín Sarmiento, antigo alumno de Feijoo e un do seus máis fervientes defensores. Un decreto de Fernando VI acalou a polémica vinte e dous anos despóis:
Por cuanto la general aprobación y aplauso que han merecido en la república literaria a propios y extraños las útiles y eruditas obras de Vos (...) mueven a mi real ánimo a hacer manifiesta mi gratitud.
Auténtico precursor en España do pensamento ilustrado, partidario do método experimental e oposto aos argumentos de autoridade, o combate contra as supersticións, os prexuicios e os vellos costumes ocupan un lugar importante nas súa obra ("Vara divinatoria y zahoríes", "Transformaciones y transmigraciones mágicas", "Fábulas de las Batuecas y países imaginarios").

Nun país onde se daba por certa a influencia dos corpos celestes, no que se creía que as montañas da Alcarria muxían pola noite e que os nados en Venres Santo sanaban a peste co seu alento, él mesmo, ás veces, escéptico e racionalista como era, non foi capaz de sustraerse dalgunhas das crenzas máis disparatadas que circulaban entre o mesmo vulgo ao que trataba de correxir.

CARTA QUARTA
INFLUJO DE LA IMAGINACION MATERNA

Lo que acabo de discurrir a favor del influjo de la imaginación materna en el feto, basta para que ya mire sin desplacer alguno la opinión, que atribuye el color etiópico a aquel principio. Pero una noticia, que poco ha me comunicó el Licenciado Don Diego Leandro de Guzmán y Márquez, Presbítero , Abogado de los Reales Consejos, y de Presos del Santo Oficio de la Inquisición de Sevilla, y su Comisario en la Ciudad de Arcos , me extrajo del estado de indiferente, inclinándome no poco a aquella opinión. El citado Don Diego me escribió haber conocido en la Villa de Marchena, distante nueve leguas de Sevilla, a un Caballero llamado Don Francisco de Ahumada y Fajardo, de familia muy noble, y de padre y madre blancos, el cual, no obstante este origen, era negro atezado, con cabello ensortijado, narices anchas y otras particularidades que se notan en los etíopes: que al contrario, dos hermanos suyos, Don Isidro y Don Antonio, eran muy blancos y de pelo rubio, que se decía que la singularidad de Don Francisco habia nacido de que la madre, al tiempo de la concepción, había fijado con vehemencia la imaginativa en una pintura de los Reyes Magos, que tenia a la vista en su dormitorio: finalmente, que habiéndose casado dicho Don Francisco con una mujer muy blanca los hijos salieron mulatos.
Siendo hecho constante, como yo no dudo, la perfecta negrura de aquel Caballero, es claro que no puede atribuirse al indigno comercio de su madre con algún etíope. La razón es concluyente. Si fuese esa la causa, no saldría enteramente negro, sino mulato, como salen todos aquellos que tienen padre negro y madre blanca; y como por la propia causa salieron mulatos los hijos del mismo Don Francisco. A qué otra causa, pues, podemos atribuir el efecto, sino á la vehemente imaginacion de la madre, clavada al tiempo de la concepción en la pintura del Mago negro, que tenia presente
Pero debo advertir, que para adaptar este principio a la negrura de la nación etiópica, no es menester que en todas las generaciones de aquella gente intervenga, como causa inmediata, la vehemencia de la imaginación; pues puede suponerse, que al tiempo que se estableció aquel color en el primero, ó primeros individuos, se estableció también un principio (sea el que se fuere) capaz de comunicar le á otros mediante la generación.
Es cuanto ahora me ocurre sobre la materia, y que me hace mas fuerza, que todo lo que en contrario opone Jacobo Bloridél, y aun mas que lo mismo, que yo he dicho en el Discurso sobre el color etiópico; mas no basta para que me atreva a dar en el caso sentencia definitiva.

http://apeldetouro.blogspot.com.es/2008/11/ilustracin-feijoo-e-as-probas-de.html