Esta historia transcorre na lonxana Patagonia, un deses remotos lugares que foron destino da emigración galega. E a nosa personaxe, Antonio
Soto Canalejas, que co tempo sería coñecido como “o galego Soto”, naceu en Ferrol en 1897, pero pronto se incorporou á corrente emigratoria. En Argentina simpatizou co anarcosindicalismo, sendo un dos mais destacados participantes nas folgas que se
desenvolveron na Patagonia a principios dos anos 20.
Chegou
ao pais con 13 anos e alí adicouse a diversos oficios, entre eles, actor nunha compañía teatral, coñecendo de primeira man a explotación laboral. .
En
1920, con motivo da folga xeral declarada en Trelew, cidade da
provincia patagona del Chubut, Antonio Soto adheriuse á protesta e
participa nas movilizacións. As autoridades expulsáronno do Chubut.
Marcha a Río Gallegos, capital da provincia de Santa Cruz, onde traballará de estibador portuario. Alí entra en contacto co mundo sindical, ingresando na “Sociedad
Obrera de Gallegos”,
da que chegará a ser secretario xeral. Ese verán estalla unha folga na
provincia. Ante as medidas represivas do gobernador, Soto fuxe a
Buenos Aires. No congreso da anarquista Federación
Obrera Regional Argentina
reclama o apoio na loita obreira que se está a desenvolver nas provincias da Patagonia.
A
mediados de 1921 desenvólvese unha segunda gran folga dos
traballadores agrícolas do sur da provincia de Santa Cruz. Os
terratenentes acuden ao Exército, que non dubida en emplegar a forza. Liderados por Soto, columnas obreiras marchan coa
bandeira negra e vermella levantando aos peóns das estancias. A pesar
do carácter pacífico do movemento, moitos folguistas son detidos e
fusilados polas tropas. En decembro, os soldados rodean
a estancia La
Anita,
base de operacións de Soto. Nunha asamblea, os traballadores deciden
abandonar a folga; Soto e algún compañeiros eran contrarios á
decisión. Finalmente os folguistas réndense, o cal non impide que os militares
fusilen a moitos deles. Soto consegue fuxir e, xunto cun pequeño grupo,
diríxense a Chile atravesando a cabalo a cordilleira dos
Andes. Seguiu un longo periplo que o levou a Valparaíso e logo a
Iquique, onde traballou nas salitreiras.
En
1933 regresa a Arxentina, pero é expulsado polas autoridades.
Instálase en Punta Arenas (Chile), onde decide establecervun hotel e desprega unha incesante actividade política e social. Funda o Centro Republicano Español, o Centro Galego e a Cruz
Vermella. Pero non abandona a loita, participando nas movilizacións estudiantís de principios dos anos 60. Morreu nesta localidade chilena en 1963.
No hay comentarios:
Publicar un comentario