Mostrando entradas con la etiqueta anarquismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta anarquismo. Mostrar todas las entradas

jueves, 10 de septiembre de 2015

A Patagonia en chamas

Esta historia transcorre na lonxana Patagonia, un deses remotos lugares que foron destino da emigración galega. E a nosa personaxe, Antonio Soto Canalejas, que co tempo sería coñecido como “o galego Soto”, naceu en Ferrol en 1897, pero pronto se incorporou á corrente emigratoria. En Argentina simpatizou co anarcosindicalismo, sendo un dos mais destacados participantes nas folgas que se desenvolveron na Patagonia  a principios dos anos 20.
Chegou ao pais con 13 anos e alí adicouse a diversos oficios, entre eles, actor nunha compañía teatral, coñecendo de primeira man a explotación laboral.   .
En 1920, con motivo da folga xeral declarada en Trelew, cidade da provincia patagona del Chubut, Antonio Soto adheriuse á protesta e participa nas movilizacións. As autoridades expulsáronno do Chubut. Marcha a Río Gallegos, capital da provincia de Santa Cruz, onde traballará de estibador portuario. Alí entra en contacto co mundo sindical, ingresando na “Sociedad Obrera de Gallegos”, da que chegará a ser secretario xeral. Ese verán estalla unha folga na provincia. Ante as medidas represivas do gobernador, Soto fuxe a Buenos Aires. No congreso da anarquista Federación Obrera Regional Argentina reclama o apoio na loita obreira que se está a desenvolver nas provincias da Patagonia.

A mediados de 1921 desenvólvese unha segunda gran folga dos traballadores agrícolas do sur da provincia de Santa Cruz. Os terratenentes acuden ao Exército, que non dubida en emplegar a forza. Liderados por Soto, columnas obreiras marchan coa bandeira negra e vermella levantando aos peóns das estancias. A pesar do carácter pacífico do movemento, moitos folguistas son detidos e fusilados polas tropas. En decembro, os soldados rodean a estancia La Anita, base de operacións de Soto. Nunha asamblea, os traballadores deciden abandonar a folga; Soto e algún compañeiros eran contrarios á decisión. Finalmente os folguistas réndense, o cal non impide que os militares fusilen a moitos deles. Soto consegue fuxir e, xunto cun pequeño grupo, diríxense a Chile atravesando a cabalo a cordilleira dos Andes. Seguiu un longo periplo que o levou a Valparaíso e logo a Iquique, onde traballou nas salitreiras.
En 1933 regresa a Arxentina, pero é expulsado polas autoridades. Instálase en Punta Arenas (Chile), onde decide establecervun hotel e desprega unha incesante actividade política e social. Funda o Centro Republicano Español, o Centro Galego e a Cruz Vermella. Pero non abandona a loita, participando nas movilizacións estudiantís de principios dos anos 60. Morreu nesta localidade chilena en 1963.



jueves, 22 de marzo de 2012

"Los Errantes"

Eran anos de ferro en Barcelona. Ante a presión das organizacións obreiras -coa folga como principal elemento de presión- a patronal catalana, agrupada na poderosa Fomento del Trabajo Nacional, contestaba con lock-outs e apoiaba a formación dos amarelos Sindicatos Libres, cuios pistoleiros se adicaban á intimidación e eliminación de líderes sindicais, como no caso do anarquista Salvador Segui, El noi del sucre, asasinado en 1923. En resposta a estas accións moitos patróns e asasinos a soldo son abatidos por membros dos sindicatos.

A extrema violencia que se viviu naqueles anos -entre 1918 e 1923 rexístranse 800 atentados- serviu de pretexto ao gobernador militar, o ferrolán Martínez Anido, para decretar o estado de excepción, mentres a policía non dubidaba en aplicar sistemáticamente a "lei de fugas". Nesta tarefa destacou especialmente o comisario Manuel Bravo Portillo, figura vinculada ao espionaxe alemán durante a I Guerra Mundial e responsable de varios crimes.

Foi neste contexto de aberta loita social onde xurden grupos anarcosindicalistas partidarios da acción directa, como Los Solidarios, que posteriormente pasou a chamarse Los Errantes, do que formaron parte algún dos máis coñecidos anarquistas españois, como Buenaventura Durruti e Francisco Ascaso. As accións nas que se viron envoltos -como o fracasado intento de atentar contra Alfonso XIII- obrigounos a escapar do país para continuar en América as súas actividades revolucionarias.

Alí, actuando como auténticos bandoleiros, adicáronse a atracar bancos pata poder financiar as súas actividades revolucionarias. O episodio serve de argumento ao periodista Jorge Díaz, autor da novela La justicia de Los Errantes, que narra en clave de acción a aventura americana dos dous anarquistas.