Mostrando entradas con la etiqueta Conde de Toreno. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Conde de Toreno. Mostrar todas las entradas

sábado, 17 de noviembre de 2012

Manuel Pardo de Andrade: semblanza dun crego liberal

O século XIX español é particularmente rico en personaxes novelescas, biografías que serviron de inspiración aos autores da época, que deste xeito foron alimentando a lenda daqueles heroes románticos enfrontados ao invasor francés e aos poderes do Antigo Réxime que ameazaban as recén conquistadas libertades.

Manuel Pardo de Andrade podía ser unha delas. A súa vida transcurriu paralela aos grandes cambios cos que se abre o século. O espíritu crítico, unha arraigada crenza na liberdade e o fervor patriótico son algúns dos rasgos da personalidade desde freire agostiño exclaustrado, que foi, ademáis, un dos precursores do periodismo en Galicia.

O seu lugar de nacemento foi Xaz, no concello de Oleiros (A Coruña), e o ano do suceso 1760. Estudiou no convento dos agostiños de Santiago de Compostela, onde foi ordeado. En Salamanca formouse en Teoloxía e Filosofía. Viaxou a Roma, onde continuou os estudos e solicitou a secularización, alegando motivos de saúde. De volta na Coruña adxudicoúselle a parroquia de San Xurxo, e posteriormente exerceu de capelán do Exército.

En vésperas do levantamento anti-francés, e xa retirado, vémolo adicado ao oficio periodístico; fundou o primer periódico da cidade -o segundo de Galicia-, o Diario de La Coruña, baixo o patrocinio da Junta del Reino de Galicia, co obxectivo de estimular o espíritu patriótico e, ao tempo, difundir os principios constitucionais. Tamén escribe con Antonio Peña e Marcelino Calero, director da Fábrica de Tabacos, nas páxinas de El Ciudadano por la Constitución.

Naquela época coñeceu na Coruña, onde rematara unha viaxe pola Península, ao poeta británico Robert Southey, autor do popular conto Os Tres Osos, que declarou a súa admiración pola obra de Manuel Pardo.

O ambiente intelectual que reinaba na Coruña -con figuras como Lucas Labrada, Valentín de Foronda ou Antonio Peña- e a temprana aparición da prensa non seían posibles sen a complicidade dunha poderosa burguesía -moita dela foránea-, enriquecida polo auxe comercial que vive o porto desde o último terzo do século XVIII e cuia crise, agudizada pola emancipación das colonias, foina afastando políticamente das posicións reformistas para achegarse a solucións claramente liberais.

Na cidade tamén prendeu pronto a masonería, sendo ésta lugar de orixe dunha das primeiras loxias de España, a Logia Constitucional de la Reunión Española, que se reunía no Café de la Esperanza , na rúa Real. O local foi ponto de encontro tamén dun grupo liberal coñecido como Club de la Esperanza ou de los Jacobinos, onde atopamos a representantes de destacadas familias comerciais e cuias actividades despertaron as sospeitas da Inquisición, que as procesou. Entre elas estaban Pedro de Llano, “primera cabeza del Club”, Valentín de Foronda, “corifeo de los jacobinos, ateistas, deistas”, Marcelino Calero, “editor del periódico más impío y revolucionario que hay en todo el Reino”, (El Ciudadano por la Constitución), Marcial Francisco del Adalid “impío y republicano”, Juan Antonio de la Vega, “acérrimo demócrata y de los principales del Club”, Manuel Pardo de Xas, “impío y demócrata en sumo grado; autor de los folletos “Os rogos do gallego” y “El pueblo gallego no quiere la Inquisición”. Éste último era un dos alcumes de Manuel Pardo de Andrade. Outro foi o de León de Parma.

O Diario de La Coruña publicouse entre xuño de 1808, poco despóis do levantamento anti-francés, en xaneiro de 1809, cando, ante a chegada das tropas francesas -que se bateron cos británicos de sir John Moore na batalla de Elviña-, Manuel Pardo decide fuxir. Residiu durante un tempo en Londres. Á súa volta, libre xa a cidade da presencia francesa e por encargo da Junta del Reino, comeza a publicación do Semanario Político, Histórico y Literario de La Coruña e logo do Boletín Patriótico. Nesta época escribe tamén unhas Reflexiones sobre la mejor Constitución posible para España e unha crítica ao bispo de Ourense Pedro Quevedo y Quintano, destacado deputado de Cádiz e un dos máis furibundos representantes da facción servil nas Cortes.

Manuel Pardo é autor tamén dunha singular obra poética de tintes patrióticos, con títulos como Al combate de Trafalgar, A Lord Wellington, A la batalla de Arapiles, ademáis de numerosos informes e proxectos presentados ante o Real Consulado da Coruña e á Sociedad Matritense, e cuia temática abrangue desde o comercio ata a agricultura ou a navegación.

Máis éxito tivo "Os rogos de un gallego establecido en Londres, dedicado ós seus paisanos para abrilles os ollos sobre certas iñorancias e o demais que verá o curioso leutor", feroz sátira contra a Inquisición, publicada en Santiago en 1813, condenada polo arcebispo Rafael Múzquiz por contener proposiciones ímpias, falsas, obscenas, temerarias, inductivas al tolerantismo, sistema revolucionario e irreligioso, e do cal se ten dito: Mala era la Inquisición; pero los versos de Pardo de Andrade son indudablemente peores.

Coa volta de Fernando VII, Manuel Pardo emprende, como moitos outros liberais, o camiño do exilio. Nese tempo estableceuse en Londres para logo pasar a Francia, onde frecuentou a figuras sobresaíntes da emigración, como o conde de Toreno, ao xeneral Espoz y Mina e a súa esposa, a coruñesa Juana de Vega.

Pardo soubo conciliar os sinsabores do exilio coa aventura romántica que compartiu cunha cantante, Francisca Rosa Hardy, coa que tivo unha filla, Ángela, nacida en Dorneda. A parella permaneceu en Francia ata o triunfo do pronunciamento de Quiroga e Riego en 1820, movemento que tivo o seu eco na cidade da Coruña, onde contou co decisivo apoio da súa burguesía coruñesa.

De novo na cidade, Pardo reanuda a labor periodística coa publicación do Correo de la Diputación de La Coruña, pero a chegada das tropas dos Cen Mil Fillos de San Luis, que pon fin á curta experiencia liberal do Trienio, e leva novamente a Manuel Pardo e á súa familia a abadonar o país a retornar a Francia, onde finalmente morreu no ano 1832.

viernes, 13 de enero de 2012

A vinganza do Conde de Montecristo e a crise da débeda española

Son moitas as sombras que se ocultan trala brillante traxectoria do político liberal José María Queipo de Llano y Ruiz de Sarabia, fenómeno polo demás habitual entre as grandes personalidades públicas. O que fora un dos deputados máis influíntes nas Cortes de Cádiz, ministro de facenda e presidente de goberno durante a Rexencia de María Cristina, foi, ao mesmo tempo, o político máis denostado do século XIX.

A crise bursátil de 1835, orixinada pola caída das cotizacións da débeda española, ademáis de provocar a súa destitución, serviu de inspiración ao escritor francés Alexandre Dumas na novela O Conde de Montecristo, onde se convirte en instrumento da vinganza do protagonista Edmundo Dantés contra o avaricioso banqueiro Danglars, un dos culpables do seu longo cautiverio na prisión da illa de If.

José María Queipo de Llano y Ruiz de Sarabia (1786–1843), VII Conde de Toreno, naceu en Oviedo en 1786. Procedente dunha vella familia da nobreza asturiana, interésase desde novo pola obra de Locke e os ilustrados franceses. En Madrid completa os seus estudos. Alí sorpréndeo o estalido da Guerra de Independencia, desde onde axiña retorna a Asturias, onde participa no levantamento antifrancés. Como representante da Junta General del Principado, que se declara soberana, viaxa a Inglaterra para recabar a axuda económica do goberno británico.

Foi elexido deputado por Asturias nas Cortes Constituíntes de 1810, convertíndose no representante máis novo e acadando un gran protagonismo entre os liberais, xunto a figuras como Agustín Argüelles, Muñoz Torrero ou Florez Estrada, e chegou a ocupar a presidencia da cámara. Partidario dunha constitución segundo o modelo francés, da supresión dos señoríos e da Inquisición, as súas posicións ideolóxicas aproximábano á á máis radical do liberalismo.

Durante a restauración do absolutisno é perseguido, acusado entre outras, de colaborar no pronunciamento coruñés do seu cuñado Porlier, e pasa ao exilio, primeiro en Londres e logo en París. En Inglaterra toma contacto co sistema parlamentario e vese atraído polas ideas de Bentham, achegándose ao liberalismo moderado.

Home cosmopolita, o conde de Toreno falaba con fluidez francés e inglés e era ben acollido nos salóns máis renomeados da aristocracia europea. Él mesmo recibe na súa elegante residencia pasisina, e por alí pasan figuras destacadas da emigración liberal española, como Francisco Espoz y Mina e a súa muller Juana de Vega.

O Trienio Liberal tráelle de volta a España, onde é elixido novamente deputado por Asturias e preside tamén as Cortes. Neste período advírtese o seu xiro moderado na oposición ás radicais sociedades patrióticas e o que considera excesos da liberdade de imprenta, actitude que provocará as iras dalgúns exaltados, que atentan sen éxito contra a súa vida. Rexeitando o ofrecemento de Fernando VII para presidir o goberno, regresa a París. Non sen tempo, pois pouco despóis prodúcese a entrada dos Cen Mil Fillos de San Luis.

Durante o segundo exilio parisino Toreno comeza a escribir a Historia del levantamiento, guerra y revolución de España (1832), obra de referencia na historiografía do século XIX español que recolle as reflexións do político asturiano sobre a Guerra da Independencia.

Aproveitando a amnistía decretada pouco antes da morte de Fernando VII, en 1832, Toreno volve a España, sendo nomeado Ministro de Facenda en 1834 no goberno de Martínez de la Rosa. Nesta etapa viuse envolto nun escándalo pola concesión ao poderoso grupo financieiro dos Rothschild da explotación das minas de Almadén, recibindo, ademáis, destes máis de un millón e medio de francos a cambio da devolución dun crédito realizado pola banca Rothschild ao goberno español e cuio pago él mesmo se encargou de demorar.

En 1835 a rexenta María Cristina lle confía a presidencia do goberno, sustituíndo a Martínez de la Rosa, anque só se mantivo no cargo tres meses. A guerra carlista e os problemas económicos centrarán os seus esforzos. Para resolver éstes últimos nomea a Juan Álvarez Mendizábal ministro de facenda, elección que non é allea á presión dos Rothschild e o goberno británico. Foi él precisamente quen lle relevou ao fronte do Goberno trala crise producida polo afundimento dos títulos de débeda española e unha vez que triunfa o pronunciamento progresista de setembro. A orixe da crise está nas operacións especulativas á baixa de James Rothschild que deste xeito cobrábase vinganza polas traizóns do seu antigo socio. 


Un ano despóis, en agosto de 1836, o motín de La Granja lle obriga a retomar o camiño do exilio. Marcha a Francia outra vez, pero regresa ao ano seguinte para ser elixido deputado pola súa provincia nas Cortes que se inaguran en 1837. Nos anos seguintes terá que facer fronte á dura campaña de acusacións por malversación de fondos públicos, e en 1840 pronuncia na súa defensa un dos discursos parlamentarios máis memorables.


A chegada ao poder do xeneral Espartero, líder insiscutido do partido progresista, lévao ao exilio, que nesta ocasión será definitivo, pois falece en París en 1843.

A acerada pluma de Espronceda soubo reflexar o desprezo que a figura de Toreno despertou en certos sectores.


Al que supo erigiendo un monumento
(Que tal lo llama en su modestia suma),
Premio dar a su gran merecimiento
Y en pluma de oro convertir su pluma;
Al ilustre asturiano, al gran talento,
Flor de la historia y de la hacienda espuma;
Al necio audaz de corazón de cieno
A quien llaman el conde de Toreno.

lunes, 12 de diciembre de 2011

Somers Town: un barrio español en Londres

O retorno de Fernando VII a España, acabada a Guerra da Independencia, trouxo consigo unha violenta persecución contra os liberais. Os decretos do 4 de maio de 1814 abriron a veda contra os partidarios da Pepa e provocaron un éxodo que non cesaría en todo o reinado, salvo no breve interludio do Trienio Liberal. Os liberais seguían deste xeito os pasos dos afrancesados, os primeiros en tomar o camiño do exilio.

Na Europa da Restauración pocos eran os países dispostos a acoller aos refuxiados españois. A excepción foi Gran Bretaña, recelosa dos principios ideolóxicos que emanaban do Congreso de Viena e contraria á intromisión que supuña a Santa Alianza. A opinión pública inglesa veía, ademáis, con bós ollos os esforzos dos liberais para implantar en España un réxime político de carácter parlamentario.

Figuras da talla de Lord Wellington e Lord Holland tomaron baixo a súa protección aos emigrados españois, e o goberno británico, en atención á súa condición de aliados na guerra contra Francia, concedeulles una pensión, con cantidades que oscilaban entre as dúas e as cinco libras mensuais. Ademáis, organizouse un comité de axuda, do que formaron parte diversas personalidades, co obxectivo de recaudar fondos para os refuxiados.

Anque en Paris se asentou un pequeno grupo de liberais, sobre todo figuras prominentes como o Conde de Toreno ou o Marqués de Pontejos, en Londres foi onde se concentraron a maior parte deles; en particular en Somers Town, modesto barrio do norte da cidade, que servira de refuxio no pasado aos emigrados franceses que fuxían da Revolución. “Abreviada España constitucional” lle chamaba Alcalá Galiano que, lembrando os seus anos de exilio en Londres apunta: “En mejores días me ha sucedido, y no a mí solo, volver la vista con la mente a aquellas horas de destierro y pobreza, y considerarlas casi como suele considerarse un bien perdido”.

Alí residiron, durante o tempo que durou o seu exilio, preto de 800 refuxiados. As descripciós de escritores como Thomas Carlyle ou Blanco White abundan nas precarias condición de vida dos exiliados españois (“vivían como gitanos en Somers Town, en casas medio derruidas, sin más que los indispensables utensilios de cocina, casi sin sillas”). Éstes non tardaron moito en trasladar ao barrio londinense algunhas costumes patrias. O paseo, que soían facer polos alrededores de Euston Square e da igrexa de San Pancrass, ou a charla á sombra dunha árbore, no camiño de Somers Town, que pasado o tempo será bautizada como árbore de Guernika. Tamén celebraban tertulias, polas noites na casa de Agustín Argüelles ou na Librería de Salvá, e unha vez ao mes no British Coffee House. Neste barrio español os gardas nocturnos daban as horas en castelán e tendeiros e criados estaban familiarizados co idioma dos emigrados.

Os liberais españois recibiron mostras de apoio de diversos sectores: desde os xoves románticos como os "Apóstoles" de Cambrigde, a poetas como Percy Byshe Shelley -autor da Oda á liberdade, dedicada á revolución española-, Thomas Campbell, director do New Monthty Magazine e autor da Spanish patriots´song, e, por suposto, da clase política, especialmente os radicais como John Cartwright, anque non faltaron apoios incluso desde as filas do conservadurismo, sendo o caso máis coñecido o de Lord Wellington, que mantiña unha estreita amistade co xeneral Álava, quen serviu ás súas ordes na batalla de Waterloo, e co xeneral Francisco Espoz y Mina, a figura políticamente máis prestixiosa entre os emigrados españois.

Lloréns, Vicente, Liberales y románticos. Una emigración española en Inglaterra (1823-1834)