O retorno de Fernando VII a España, acabada a Guerra da Independencia, trouxo consigo unha violenta persecución contra os liberais. Os decretos do 4 de maio de 1814 abriron a veda contra os partidarios da Pepa e provocaron un éxodo que non cesaría en todo o reinado, salvo no breve interludio do Trienio Liberal. Os liberais seguían deste xeito os pasos dos afrancesados, os primeiros en tomar o camiño do exilio.
Na Europa da Restauración pocos eran os países dispostos a acoller aos refuxiados españois. A excepción foi Gran Bretaña, recelosa dos principios ideolóxicos que emanaban do Congreso de Viena e contraria á intromisión que supuña a Santa Alianza. A opinión pública inglesa veía, ademáis, con bós ollos os esforzos dos liberais para implantar en España un réxime político de carácter parlamentario.
Figuras da talla de Lord Wellington e Lord Holland tomaron baixo a súa protección aos emigrados españois, e o goberno británico, en atención á súa condición de aliados na guerra contra Francia, concedeulles una pensión, con cantidades que oscilaban entre as dúas e as cinco libras mensuais. Ademáis, organizouse un comité de axuda, do que formaron parte diversas personalidades, co obxectivo de recaudar fondos para os refuxiados.
Anque en Paris se asentou un pequeno grupo de liberais, sobre todo figuras prominentes como o Conde de Toreno ou o Marqués de Pontejos, en Londres foi onde se concentraron a maior parte deles; en particular en Somers Town, modesto barrio do norte da cidade, que servira de refuxio no pasado aos emigrados franceses que fuxían da Revolución. “Abreviada España constitucional” lle chamaba Alcalá Galiano que, lembrando os seus anos de exilio en Londres apunta: “En mejores días me ha sucedido, y no a mí solo, volver la vista con la mente a aquellas horas de destierro y pobreza, y considerarlas casi como suele considerarse un bien perdido”.
Alí residiron, durante o tempo que durou o seu exilio, preto de 800 refuxiados. As descripciós de escritores como Thomas Carlyle ou Blanco White abundan nas precarias condición de vida dos exiliados españois (“vivían como gitanos en Somers Town, en casas medio derruidas, sin más que los indispensables utensilios de cocina, casi sin sillas”). Éstes non tardaron moito en trasladar ao barrio londinense algunhas costumes patrias. O paseo, que soían facer polos alrededores de Euston Square e da igrexa de San Pancrass, ou a charla á sombra dunha árbore, no camiño de Somers Town, que pasado o tempo será bautizada como árbore de Guernika. Tamén celebraban tertulias, polas noites na casa de Agustín Argüelles ou na Librería de Salvá, e unha vez ao mes no British Coffee House. Neste barrio español os gardas nocturnos daban as horas en castelán e tendeiros e criados estaban familiarizados co idioma dos emigrados.
Os liberais españois recibiron mostras de apoio de diversos sectores: desde os xoves románticos como os "Apóstoles" de Cambrigde, a poetas como Percy Byshe Shelley -autor da Oda á liberdade, dedicada á revolución española-, Thomas Campbell, director do New Monthty Magazine e autor da Spanish patriots´song, e, por suposto, da clase política, especialmente os radicais como John Cartwright, anque non faltaron apoios incluso desde as filas do conservadurismo, sendo o caso máis coñecido o de Lord Wellington, que mantiña unha estreita amistade co xeneral Álava, quen serviu ás súas ordes na batalla de Waterloo, e co xeneral Francisco Espoz y Mina, a figura políticamente máis prestixiosa entre os emigrados españois.
Lloréns, Vicente, Liberales y románticos. Una emigración española en Inglaterra (1823-1834)

No hay comentarios:
Publicar un comentario