Mostrando entradas con la etiqueta Juana de Vega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Juana de Vega. Mostrar todas las entradas

sábado, 17 de noviembre de 2012

Manuel Pardo de Andrade: semblanza dun crego liberal

O século XIX español é particularmente rico en personaxes novelescas, biografías que serviron de inspiración aos autores da época, que deste xeito foron alimentando a lenda daqueles heroes románticos enfrontados ao invasor francés e aos poderes do Antigo Réxime que ameazaban as recén conquistadas libertades.

Manuel Pardo de Andrade podía ser unha delas. A súa vida transcurriu paralela aos grandes cambios cos que se abre o século. O espíritu crítico, unha arraigada crenza na liberdade e o fervor patriótico son algúns dos rasgos da personalidade desde freire agostiño exclaustrado, que foi, ademáis, un dos precursores do periodismo en Galicia.

O seu lugar de nacemento foi Xaz, no concello de Oleiros (A Coruña), e o ano do suceso 1760. Estudiou no convento dos agostiños de Santiago de Compostela, onde foi ordeado. En Salamanca formouse en Teoloxía e Filosofía. Viaxou a Roma, onde continuou os estudos e solicitou a secularización, alegando motivos de saúde. De volta na Coruña adxudicoúselle a parroquia de San Xurxo, e posteriormente exerceu de capelán do Exército.

En vésperas do levantamento anti-francés, e xa retirado, vémolo adicado ao oficio periodístico; fundou o primer periódico da cidade -o segundo de Galicia-, o Diario de La Coruña, baixo o patrocinio da Junta del Reino de Galicia, co obxectivo de estimular o espíritu patriótico e, ao tempo, difundir os principios constitucionais. Tamén escribe con Antonio Peña e Marcelino Calero, director da Fábrica de Tabacos, nas páxinas de El Ciudadano por la Constitución.

Naquela época coñeceu na Coruña, onde rematara unha viaxe pola Península, ao poeta británico Robert Southey, autor do popular conto Os Tres Osos, que declarou a súa admiración pola obra de Manuel Pardo.

O ambiente intelectual que reinaba na Coruña -con figuras como Lucas Labrada, Valentín de Foronda ou Antonio Peña- e a temprana aparición da prensa non seían posibles sen a complicidade dunha poderosa burguesía -moita dela foránea-, enriquecida polo auxe comercial que vive o porto desde o último terzo do século XVIII e cuia crise, agudizada pola emancipación das colonias, foina afastando políticamente das posicións reformistas para achegarse a solucións claramente liberais.

Na cidade tamén prendeu pronto a masonería, sendo ésta lugar de orixe dunha das primeiras loxias de España, a Logia Constitucional de la Reunión Española, que se reunía no Café de la Esperanza , na rúa Real. O local foi ponto de encontro tamén dun grupo liberal coñecido como Club de la Esperanza ou de los Jacobinos, onde atopamos a representantes de destacadas familias comerciais e cuias actividades despertaron as sospeitas da Inquisición, que as procesou. Entre elas estaban Pedro de Llano, “primera cabeza del Club”, Valentín de Foronda, “corifeo de los jacobinos, ateistas, deistas”, Marcelino Calero, “editor del periódico más impío y revolucionario que hay en todo el Reino”, (El Ciudadano por la Constitución), Marcial Francisco del Adalid “impío y republicano”, Juan Antonio de la Vega, “acérrimo demócrata y de los principales del Club”, Manuel Pardo de Xas, “impío y demócrata en sumo grado; autor de los folletos “Os rogos do gallego” y “El pueblo gallego no quiere la Inquisición”. Éste último era un dos alcumes de Manuel Pardo de Andrade. Outro foi o de León de Parma.

O Diario de La Coruña publicouse entre xuño de 1808, poco despóis do levantamento anti-francés, en xaneiro de 1809, cando, ante a chegada das tropas francesas -que se bateron cos británicos de sir John Moore na batalla de Elviña-, Manuel Pardo decide fuxir. Residiu durante un tempo en Londres. Á súa volta, libre xa a cidade da presencia francesa e por encargo da Junta del Reino, comeza a publicación do Semanario Político, Histórico y Literario de La Coruña e logo do Boletín Patriótico. Nesta época escribe tamén unhas Reflexiones sobre la mejor Constitución posible para España e unha crítica ao bispo de Ourense Pedro Quevedo y Quintano, destacado deputado de Cádiz e un dos máis furibundos representantes da facción servil nas Cortes.

Manuel Pardo é autor tamén dunha singular obra poética de tintes patrióticos, con títulos como Al combate de Trafalgar, A Lord Wellington, A la batalla de Arapiles, ademáis de numerosos informes e proxectos presentados ante o Real Consulado da Coruña e á Sociedad Matritense, e cuia temática abrangue desde o comercio ata a agricultura ou a navegación.

Máis éxito tivo "Os rogos de un gallego establecido en Londres, dedicado ós seus paisanos para abrilles os ollos sobre certas iñorancias e o demais que verá o curioso leutor", feroz sátira contra a Inquisición, publicada en Santiago en 1813, condenada polo arcebispo Rafael Múzquiz por contener proposiciones ímpias, falsas, obscenas, temerarias, inductivas al tolerantismo, sistema revolucionario e irreligioso, e do cal se ten dito: Mala era la Inquisición; pero los versos de Pardo de Andrade son indudablemente peores.

Coa volta de Fernando VII, Manuel Pardo emprende, como moitos outros liberais, o camiño do exilio. Nese tempo estableceuse en Londres para logo pasar a Francia, onde frecuentou a figuras sobresaíntes da emigración, como o conde de Toreno, ao xeneral Espoz y Mina e a súa esposa, a coruñesa Juana de Vega.

Pardo soubo conciliar os sinsabores do exilio coa aventura romántica que compartiu cunha cantante, Francisca Rosa Hardy, coa que tivo unha filla, Ángela, nacida en Dorneda. A parella permaneceu en Francia ata o triunfo do pronunciamento de Quiroga e Riego en 1820, movemento que tivo o seu eco na cidade da Coruña, onde contou co decisivo apoio da súa burguesía coruñesa.

De novo na cidade, Pardo reanuda a labor periodística coa publicación do Correo de la Diputación de La Coruña, pero a chegada das tropas dos Cen Mil Fillos de San Luis, que pon fin á curta experiencia liberal do Trienio, e leva novamente a Manuel Pardo e á súa familia a abadonar o país a retornar a Francia, onde finalmente morreu no ano 1832.

martes, 9 de octubre de 2012

A visitadora de cárceres

O estreo en Ferrol, a semana pasada, da película A visitadora de cárceres, da directora Laura Mañá, lembrounos a singularidade da ilustre ferrolá Concepción Arenal. O filme -que conta coa participación das actrices Blanca Portillo e Mabel Ribera, nos papeis de Concepción Arenal e de Juana de Vega respectivamente-, forma parte dun proxecto cinematográfico sobre destacadas mulleres galegas.

Concepción Arenal, xurista, escritora, filántropa, pioneira do feminismo en España, é unha das personalidades máis destacadas do noso século XIX. Filla dun militar liberal que sufriu a persecución durante o réxime absolutista de Fernando VII, o ambiente familiar que respirou propiciou unha formación intelectual insólita para unha muller na España decimonónica.

En Madrid, onde a familia se instalou trala morte do pai, Concepción estuda nun colexio para señoritas. E cando remata decide continuar os seus estudos na Universidad Central de Madrid, a pesar da oposición da súa nai. Asiste ás na Facultade de Dereito como oínte, ataviada con ropas de home. E vestida así, frecuenta as tertulias dos cafés, outro reducto tradicionalmente masculino.

Cando en 1860 a Academia de Ciencias Morales y Políticas lle concede, non sen certas reticencias, o premio pola obra La beneficiencia, la filantropía y la caridad -dedicada á súa amiga Juana de Vega- o nome co que firma é o do seu fillo Fernando.

En 1863 é a primeira muller en ocupar o posto de Visitadora de Cárceres de Mulleres, e, posteriormente,  é nomeada Inspectora de Casas de Corrección de Mulleres . Súa é a frase "abride escolas e se pecharán os cárceres".

Muller inquieta, cun fondo sentido humanista, promoveu a creación de diversas institucións benéficas, como un padroado de mulleres para a visita e asistencia aos presos, en colaboración con Juana de Vega, ou a Constructora Benéfica, para a construcción de vivendas obreiras.

Colaborou tamén coa Cruz Vermella, que iniciaba a súa andaina en España, organizando un hospital de campaña para atender aos feridos durante a última guerra carlista.

A súa obra literaria é amplísima, abundando os temas xurídicos, pero tamén a poesía (Oda a la esclavitud), anque foron a pena de morte, o sistema penintenciario, a pobreza e a condición da muller os asuntos que maior interese despertaron nela.
Un fermoso texto de Eduardo Galeano (Ventanas de España) está inspirado nela:

Pasó la vida luchando con alma y vida contra el infierno de las cárceles y por la dignidad de las mujeres, presas de cárceles disfrazadas de hogares.
Contra la costumbre de absolver generalizando, ella llamaba al pan pan y al vino, vino:
-cuando la culpa es de todos, es de nadie- decía.
Así se ganó unos cuantos enemigos.
Y aunque a la larga su prestigio ya era indiscutible, a su país le costaba creérselo. Y no sólo a su país: a su época también.
Allá por 1850 y algo, seguía disfrazándose de hombre para poder frecuentar las tertulias madrileñas, donde de debatían temas impropios a horas impropias.
Y allá por 1870 y algo, una prestigiosa organización inglesa, la Sociedad Howard para la Reforma de las Prisiones, la nombró representante en España. El documento que la acreditó fue expedido a nombre de sir Concepción Arenal.
Cuarenta años después, otra gallega, Emilia Pardo Bazán, fue la primera mujer catedrática en una universidad española. Ningún alumno se dignaba escucharla. Daba clases a nadie.