lunes, 30 de noviembre de 2015

O fotógrafo de Mauthausen


Era fotógrafo, comunista e supervivente do campo de concentración de Mauthasen. As súas fotos no só serviron para amosar ao mundo as atrocidades cometidas polos nazis nos lager; os campos do horror, foron tamén unha valiosa testemuña nos xuizos celebrados en Nuremberg contra os xerarcas do réxime, tras a Segunda Guerra Mundial (él mesmo foi o único español que declarou no proceso).

Francesc Boix era natural de Barcelona, onde naceu en 1920. Con vinte anos e rematada a Guerra Civil, foi capturado en Francia e, tras pasar por diversos campos franceses, foi trasladado a Mauthasen. Alí, pola súa experiencia coa fotografía, é destinado ao servizo de identificación das SS, encargado de fotografar todos os eventos que tiñan lugar no lager. Durante anos e coa colaboración do seu compañeiro Jacinto García, fixo copias das fotos realizadas no campo polas SS que, pouco antes da liberación polas tropas norteamericanas, lograron sacar de alí.

O campo de Mauthasen abriuse en 1938. Ata 1943 a maioría dos deportados eran presos políticos. Abundaban os polacos, soviéticos, húngaros, pero había tamén alemáns, italianos, franceses e españois, éstos últimos identificábanse por un triángulo azul de tela cunha "S" cosido no traxe a raias. Hai constancia tamén da presenza de galegos no campo; cinco prisioneiros eran veciños de Ferrol. 

(http://pares.mcu.es/Deportados/servlets/ServletController)

Das 200 000 persoas que pasaron por Mauthausen e os seus subcampos, unhas 100 000 morreron vítimas das inxeccións, da conxelación dos "baños da morte", do gas letal, da desnutrición e do traballo extenuante, particularmente nas chamadas "escaleiras da morte", por onde os presos subían os bloques de pedra da canteira. Desde 1943, incrementouse o número de presos polas crecentes necesidades da guerra.

Dos 7000 españois que foron a parar a Mauthasen, só 2000 foron finalmente liberados en maio de 1945, coa chegada das tropas aliadas. Unha das fotografías de Boix amosa a pancarta, nunha das portas do campo, elaborada polos presos españois para festexar a entrada dos soldados norteamericanos.

Unha das últimas montaxes do Centro Dramático Nacional e da compañía Micomicón, recentemente representada no Pazo da Cultura de Narón, El triángulo azul, reconstrúe a experiencia no campo de concentración de Mauthasen dos presos españois, a feroz inhumanidade dos carceleiros e a coraxe de xentes que como Boix fixeron o imposible por salvar a memoria do horror.


Si isto é un home

Vostedes que viven seguros
Nos seus cálidos fogares
Vostedes que ao volver a casa
Atopan a comida quente
E rostros amigos
Pregúntense si é un home
O que traballa no lodo
O que non coñece a paz
O que loita por medio pan
O que morre por un si ou un non
Pregúntense si é unha muller
A que non ten cabelo nin nome
Nin forza para recordalo
E si a mirada baleira e o colo frío
Como unha ra no inverno
Pensen que ésto ocorreu:
Encoméndolles estas palabras.
Grávenas nos seus corazóns
Cando estean en casa, cando anden pola rúa
Cando se deiten, cando se levanten;
Repetir aos seus fillos.
Si non, que as súas casas se derrúben
E a enfermidade os incapacite
E os seus descendientes lle dean as costas.


Primo Levi, escritor italiano, sobrevivente de Auschwitz.

Para saber mais:

El fotógrafo perdido: http://cultura.elpais.com/cultura/2013/07/24/actualidad/1374695470_161518.html

La Guerra Civil del fotógrafo perdido: http://cultura.elpais.com/cultura/2013/03/27/actualidad/1364413062_160391.html

jueves, 12 de noviembre de 2015

A proclamación da República catalá

Cidadáns: En nome do pobo de Cataluña eu proclamo desde aquí o Estado catalán. Ademais, solemnemente vos digo que con todo cariño vaiamos á Confederación coas demais Repúblicas de España.
Con estas palabras e desde o balcón do Palacio da Generalitat en Barcelona, símbolo do autogoberno catalán, o lider do partido nacionalista ERC (Esquerra Republicana de Catalunya), Francesc Maciá, proclama a República catalá o 14 de abril de 1931.

A declaración prodúcese horas despóis de coñecerse o resultado das eleccións de abril, que en Cataluña evidenciou, no só o triunfo das candidaturas republicanas como sucedeu no resto de España, tamén o peso do nacionalismo, en especial da recén fundada ERC, que promovía un novo marco territorial en España de carácter federal.

En Madrid, as reaccións por parte do Goberno Provisional, non tardaron en chegar. Enviouse a Cataluña unha delegación ministerial que acordou acelerar os trámites para poñer en marcha a autonomía catalá, tal e como se acordara no Pacto de San Sebastián, onde as aspiracións dos nacionalistas vinculábanse á celebración dun proceso constituínte onde se decidiría a estrutura territorial do novo Estado. O 17 de abril constitúese o goberno catalá, a Generalitat, e iníciase o proceso de elaboración dun estatuto de autonomía, que será o chamado Estatut de Núria, aprobado en 1932.

O mesmo día 17 reuníase en Guernika unha Asemblea dos concellos de Bizcaia, convocada por José Antonio Aguirre, do PNV, que reclamaba unha República vasca no seo dunha federación española.

En outubro de 1934, a actuación do goberno de  Lerroux foi moi distinta cando o entón presidente da Generalitat, Lluis Companys, de ERC, (Maciá morrera un ano antes) proclama, o día seis, o Estat catalá, en resposta á entrada de tres ministros da CEDA no Goberno. Era o remate das tensas relacións que mantiña o goberno central do centro-dereitista Partido Radical e o autonómico catalán, e que culminarán na coñecida revolución do 34, particularmente intensa en Asturias e Cataluña. 

Cataláns! As forzas monárquicas e fascistas que dun tempo para acó pretenden traizoar á República, lograron o seu obxectivo e asaltaron o Poder (...)

Cataluña enarbola a súa bandeira, chama a todos ao cumprimento do deber e á obediencia absoluta ao Goberno da Generalidad, que desde este momento rompe toda relación coas institucións falseadas. Nesta hora solemne, en nome do pobo e do Parlamento, o Goberno que presido asume todas as facultades do Poder en Cataluña, proclama o Estado Catalán da República Federal Española, e ao establecer e fortificar a relación cos dirixentes da protesta xeral contra o fascismo, invítalles a establecer en Cataluña o goberno provisional da República, que achará no noso pobo catalán o máis xeneroso impulso de fraternidad no común anhelo de edificar unha República Federal libre e magnífica.

Seguindo órdenes do goberno da República, foron enviadas unidades do Exército, e, tras un bre anque violento enfrontamento, as autoridades autonómicas foron detidas e os membros e os cocelleiros da Generalitat permaneceron encarcerados ata a concesión dunha amnistía polo goberno de Azaña en 1936.

martes, 10 de noviembre de 2015

Farinelli e a Escuadra do Texo


Entre moitos dos proxectos nos que interviu o marqués de la Ensenada (http://areadesefarad.blogspot.com.es/2015/10/o-marques-da-ensenada.html), un dos mais singulares foi o da Escuadra do Texo, montaxe musical en ideado en 1752 polo cantante napolitano Carlo Broschi, mais coñecido como Farinelli.

Tras o seu paso por varias cortes europeas, Farinelli, a figura musical do momento e o mais afamado dos castrati, é chamado a Madrid polo convencemento, sobre todo por parte da raíña María Luísa de Saboia, das bondades da arte musical do castrato para tratar o transtorno mental que padecía o rei Felipe V. 

Farinelli trouxo á capital as mellores compañías e encargouse da remodelación do Coliseo Real do Retiro, convertindo Madrid nun dos centros musicais de Europa, especialmente, no xénero operístico. A súa consagración na corte dos Borbóns chegará durante o reinado de Fernando VI. Os monarcas eran grandes amantes da música, mesmo a raíña Bárbara de Braganza aprendera a interpretar o clave da man de Scarlatti. 

Nos Reales Sitios de La Granja e Aranjuez, seguindo os costumes que os Borbóns traen a España, os monarcas asisten a representacións teatrais e musicais, fogos de artificio e espectáculos acuáticos. A moda dos paseos fluviais amenizados por músicos veu de Gran Bretaña, onde tamén xurdiron as primeiras composicións escritas para a ocasión, como o concerto que en 1717 Händel compuxera a petición de Xurxo I para interpretar nunha barcaza sobre o río Támesis.

Inspirándose nesta idea Farinelli, concibe en 1752, co seu amigo Ensenada, que o apoiará económicamente, un concerto no Texo sobre unha flotilla de cinco falúas e dezaséis botes, algúns con fornas de cervo ou pavo real. No navío real Fernando toca o clave mentres a raíña a Farinelli acompáñanno a dúas voces.

Qué mellor expresión do gusto rococó pola arte teatral, banal, refinada e amante do luxo que está lonxe de imaxinar os tempos tormentosos que lle esperan ás monarquías en Europa.



miércoles, 4 de noviembre de 2015

O primeiro atentado político

Afogada polas tropas da Santa Alianza a curta experiencia liberal do Trienio, Fernando VII designará como Capitán Xeral da levantisca provincia de Galicia a Nazario Eguía, sobriño de Francisco Eguía, o que fora artífice do primeiro pronunciamento absolutista de 1814, o primeiro da nosa historia recente. 

Este Eguía exerceu o cargo de 1824 a 1832 de forma case ininterrumpida, e destacou pola súa entrega á causa do absolutismo. O seu mandato coincidiu co doutro furibundo absolutista ao fronte da mitra compostelana, o arzobispo Rafael de Vélez, autor do Preservativo contra la irreligión e a Apología del Trono y el Altar. Del deixou escrito o noso historiador Benito Vicetto:

"Considerando Eguía á Coruña como foco da Galicia liberal, propúxose acabar oficialmente con esa cidade. Descargando sobre ela a súa man férrea, trasladou a Compostela a Capitanía Xeral, a Audiencia e demáis autoridades da provincia. Centro xa Compostela da Galicia teocrática, sendo capitán xeral do antigo Reino, agora viña a ser como a corte do partido clerical galaico, e o seu arzobispo o tsar (...) Presentíase xa no horizonte político o advenimiento de Calomarde, e que a súa sombría figura ía a cubrir con as súas negras e sanguentas ás as liberdades públicas, non respirando ninguén senón o calor das fogueiras inquisitoriais".

A política represiva de Eguía atopou resposta o 23 de outubro de 1829. Ese día o Capitán Xeral recibiu unha misiva coa seguinte indicación: reservadísimo, plan de una conspiración de liberales cerca del general Eguía, del que sólo debe enterarse él. A rotura do sobre provocou o encendido do fulminante e o estoupido, o cal lle provocou a perda dunha man e parte doutra.

As sospeitas recaeron nun farmaceútico de Ribadavia, Jose María Chao Rodríguez, pai do historiador e ministro de Fomento Xosé María Chao, que foi detido e desterrado. Pero nunca se poido demostrar a súa participación. De resultas do atentado, o rei Fernando VII lle concedeu a Eguía o privilexio de firmar con estampiña.

lunes, 2 de noviembre de 2015

O xardineiro de Goya

A guerra de liberación contra o invasor francés, iniciada trala xornada do dous de maio de 1808, terá no pintor Francisco de Goya y Lucientes unha testemuña de excepción. 

O “atisbador genial”, como lle chama Ramón Gómez de la Serna, deixounos en “Los desatres de la guerra” a primeira reportaxe gráfica de guerra da historia.


Goya viviu o desgarro de aqueles que como él mostráronse afíns ao programa renovador que encarnaba Xosé I, entre os cales figuraban amigos, como os escritores Leandro Fernández de Moratín e Tomás de Iriarte, e, ao tempo, deploraban a prepotencia dos ocupantes e a devastación que entraña toda guerra. Sinalados como afrancesados, a non moito tardar chegarán a converterse nos primeiros exiliados políticos da nosa historia.

Durante os anos da guerra, pasados en Madrid, no seu domicilio da rúa Fuencarral, o artista seguiu traballando Ademáis dos encargos aos que tiña que atender como Pintor de Cámara –os retratos de Xosé I, lord Wellington ou Palafox- que mostran os diversos avatares polos que atravesa o conflicto, fai tamén os debuxos preparatorios de “Los desastres”.

Na serie, que consta de 32 grabados realizados coa técnica do augaforte, e que non foi editada ata 1863, a guerra é despoxada de todo sentido grandilocuente e retratada en toda a súa crueza, e anque non faltan escenas heroicas, como a adicada a súa paisana Agustina, predomina a visión de denuncia da sinrazón e da barbarie, como na estampa “Estragos de la guerra”, calificada por Lafuente Ferrari como a primeira representación dun bombardeo sobre poboación civil.

As impresións daquela xornada de loita do dous de maio, trasladadas posteriormente a lenzo en dous cadros que rememoran o levantamento do pobo madrileño e nos que Goya pretende despexar as dúbidas sobre o seu patriotismo, foron recollidas por Isidro, o seu criado e xardineiro, nun relato cargado de dramático verismo:

Han visto ustedes aquellos horrores de la guerra que tan admirablemente pintó mi pobre amo? Pues esa campana que clamorea en la Florida me recuerda que tal día y tal noche como la de mañana concibió mi amo, loco de indignación, la idea de pintar aquellos horrores. Desde esa ventana vió los fusilamientos de la montaña del Príncipe Pío, con un catalejo en la mano derecha y un trabuco naranjero cargado con un puñado de balas en la izquierda. Si llegan a venir los franceses por aquí,, mi amo y yo somos otros Daoíz y Velarde. Al acercarse la medianoche me dijo mi amo: “Isidro, toma tu trabuco y ven conmigo”. Le obedecí, y ¿a dónde creerán ustedes que fuimos? Pues fuimos a la montaña, donde aún estaban insepultos los pobres fusilados. Me acuerdo de todo como si fuera ayer. Era noche de luna, pero como el cielo estaba lleno de negros nubarrones, tan pronto hacía claro como oscuro. Los pelos se me pusieron de punta cuando vi que mi amo, con el trabuco en una mano y la cartera en la otra, guiaba hacia los muertos. Como mi amo notase que yo no las tenía conmigo me preguntó:
“-¿Tiemblas Otelo?” Yo, en lugar de contestarle. “Temblaré un hinojo”, casi me eché a llorar, creyendo que el pobre de mi amo se había vuelto loco, pues me llamaba Otelo en lugar de Isidro.
Sentámonos en un ribazo a cuyo pie estaban los muertos, y mi amo abrió su cartera, la colocó sobre sus rodillas y esperó a que la luna atravesase un nubarrón que la ocultaba. Bajo el ribazo revoleteaba, gruñía y jadeaba algo. Yo…, se lo confieso a ustedes, temblaba como un azogado; pero mi amo seguía tan sereno y preparando medio a tientas su lápiz y su cartón. Al fin la luna alumbró como si fuera de día. ¡En medio de charcos de sangre vimos una porción de cadáveres, unos boca abajo, otros boca arriba, éste es la postura del que estando arrodillado besa la tierra, aquel con las manos levantadas al cielo pidiendo venganza o misericordia, y algunos perros hambrientos se cebaban en los muertos, jadeando de ansia y gruñendo a las aves de rapiña que revoloteaban sobre ellos, queriendo disputarles la presa!
Mientras yo contemplaba aquel horrible cuadro lleno de espanto mi amo lo copiaba.
Volvimos a casa, y a la mañana siguiente me enseñó mi amo su primera estampa de la guerra, que examiné horrorizado.
“-Señor –le pregunté-, ¿para qué pinta usted esas barbaries de los hombres?”
“-Para tener el gusto –me contestó- de decir eternamente a los hombres que no sean bárbaros”