Entre moitos dos proxectos nos que interviu o marqués de la Ensenada (http://areadesefarad.blogspot.com.es/2015/10/o-marques-da-ensenada.html), un dos mais singulares foi o da Escuadra do Texo, montaxe musical en ideado en 1752 polo cantante napolitano Carlo Broschi, mais coñecido como Farinelli.
Tras o seu paso por varias cortes europeas, Farinelli, a figura musical do momento e o mais afamado dos castrati, é chamado a Madrid polo convencemento, sobre todo por parte da raíña María Luísa de Saboia, das bondades da arte musical do castrato para tratar o transtorno mental que padecía o rei Felipe V.
Farinelli trouxo á capital as mellores compañías e encargouse da remodelación do Coliseo Real do Retiro, convertindo Madrid nun dos centros musicais de Europa, especialmente, no xénero operístico. A súa consagración na corte dos Borbóns chegará durante o reinado de Fernando VI. Os monarcas eran grandes amantes da música, mesmo a raíña Bárbara de Braganza aprendera a interpretar o clave da man de Scarlatti.
Nos Reales Sitios de La Granja e Aranjuez, seguindo os costumes que os Borbóns traen a España, os monarcas asisten a representacións teatrais e musicais, fogos de artificio e espectáculos acuáticos. A moda dos paseos fluviais amenizados por músicos veu de Gran Bretaña, onde tamén xurdiron as primeiras composicións escritas para a ocasión, como o concerto que en 1717 Händel compuxera a petición de Xurxo I para interpretar nunha barcaza sobre o río Támesis.
Inspirándose nesta idea Farinelli, concibe en 1752, co seu amigo Ensenada, que o apoiará económicamente, un concerto no Texo sobre unha flotilla de cinco falúas e dezaséis botes, algúns con fornas de cervo ou pavo real. No navío real Fernando toca o clave mentres a raíña a Farinelli acompáñanno a dúas voces.
Qué mellor expresión do gusto rococó pola arte teatral, banal, refinada e amante do luxo que está lonxe de imaxinar os tempos tormentosos que lle esperan ás monarquías en Europa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario