Mostrando entradas con la etiqueta xesuítas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xesuítas. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de octubre de 2012

¡No me da la gana!

Con este grito deu comezo, o 23 de marzo de 1766, coincidindo coa festividade do Domingo de Ramos, a protesta popular contra as medidas impostas polo ministro de Carlos III, o marqués de Esquilache.

No seu desexo de convertir a vila nunha capital moderna,  abrindo grandes avenidas, mellorando o saneamento e o alumeado -medidas que lle valeron ao monarca o apelativo de mellor alcalde de Madrid- o ministro topou cunha forte oposición. O descontento tornouse en franca rebeldía cando Esquilache pretendeu, ademáis, modificar os costumes da poboación en materia de vestimenta, erradicando a capa longa e o sombreiro de aba ancha a favor do tricornio e o redingote, co pretexto de que ditas prendas servían aos malfeitores para ocultar armas ou para agochar o rostro . E cando, por orden do marqués, saíron as rúas soldados e alguaciles para facer cumplir as novas disposicións, producíronse altercados que remataron coas mortes, diante do Palacio Real, de varios veciños.

Ao día seguinte, o capuchino Juan de Cuenca presentou, en nome dos amotinados, unha serie de peticións (desttitución de Esquilache, rebaixa do prezo dos alimentos de primeira necesidade, saída de Madrid da garda valona -a quen se lle facía respolsable da represión-, liberdade de vestimenta) que foi aceptada polo rei. Esquilache, de camiño ao exilio, escribía:  "Yo he limpiado Madrid, le he empedrado, he hecho paseos y otras obras... que merecería que me hiciesen una estatua, y en lugar de esto me han tratado indignamente".

A revolta, afogada en Madrid, extendeuse pouco despóis ás provincias, onde crecía o descontento pola subida do prezo do pan.

Na actualidade aínda segue a discutirse o significado do motín, o seu carácter supostamente espontáneo e o grao de participación de certos sectores, especialmente da Igrexa. De feito, unha das medidas máis relevantes do período foi a decisión de Carlos III de expulsar dos territorios da Monarquía á Compañía de Xesús, a quen o rei responsabilizaba de estar detrás das protestas. Certo ou non, o levantamento resultou provindencial para os círculos regalistas da Corte que atoparon nos sucesos o argumento para poder desfacerse da poderosa orde relixiosa.