Con este grito deu comezo, o 23 de marzo de 1766, coincidindo coa festividade do Domingo de Ramos, a protesta popular contra as medidas impostas polo ministro de Carlos III, o marqués de Esquilache.
No seu desexo de convertir a vila nunha capital moderna, abrindo grandes avenidas, mellorando o saneamento e o alumeado -medidas que lle valeron ao monarca o apelativo de mellor alcalde de Madrid- o ministro topou cunha forte oposición. O descontento tornouse en franca rebeldía cando Esquilache pretendeu, ademáis, modificar os costumes da poboación en materia de vestimenta, erradicando a capa longa e o sombreiro de aba ancha a favor do tricornio e o redingote, co pretexto de que ditas prendas servían aos malfeitores para ocultar armas ou para agochar o rostro . E cando, por orden do marqués, saíron as rúas soldados e alguaciles para facer cumplir as novas disposicións, producíronse altercados que remataron coas mortes, diante do Palacio Real, de varios veciños.
Ao día seguinte, o capuchino Juan de Cuenca presentou, en nome dos amotinados, unha serie de peticións (desttitución de Esquilache, rebaixa do prezo dos alimentos de primeira necesidade, saída de Madrid da garda valona -a quen se lle facía respolsable da represión-, liberdade de vestimenta) que foi aceptada polo rei. Esquilache, de camiño ao exilio, escribía: "Yo he limpiado Madrid, le he empedrado, he hecho paseos y otras obras... que merecería que me hiciesen una estatua, y en lugar de esto me han tratado indignamente".
A revolta, afogada en Madrid, extendeuse pouco despóis ás provincias, onde crecía o descontento pola subida do prezo do pan.
Na actualidade aínda segue a discutirse o significado do motín, o seu carácter supostamente espontáneo e o grao de participación de certos sectores, especialmente da Igrexa. De feito, unha das medidas máis relevantes do período foi a decisión de Carlos III de expulsar dos territorios da Monarquía á Compañía de Xesús, a quen o rei responsabilizaba de estar detrás das protestas. Certo ou non, o levantamento resultou provindencial para os círculos regalistas da Corte que atoparon nos sucesos o argumento para poder desfacerse da poderosa orde relixiosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario