Benevolent Society coñecida tamén como La Naciuonal |
Anque menos coñecido que Little Italy ou Chinatown, Little Spain ocupa un lugar importante na memoria de Nova York. O barrio -cuio eixo era a rúa 14, foi o lugar de acollida para os emigrantes españois, unha pequena parte da gran ondada migratoria que, desde a segunda metade do século XIX, cruzou o Atlántico para dirixirse, na súa meirande parte, a América do Sur. E ata os anos 90 do pasado século, foi un pequeno reducto da cultura española na cidade norteamericana.
A emigración española aos EEUU foi numéricamente mais reducida e escolleu como destino lugares tan dispares como Florida -en Tampa houbo unha importante colonia española-, Ohio ou mesmo as Hawai, onde os inmigrantes traballaron nas plantacións de azucre.
En Nova York os recén chegados, na súa maioría mariñeiros galegos e asturianos, establecéronse na zona portuaria do Lower Side, adicándose ás actividades portuarias, daquelas controladas por italianos e irlandeses, cos que mativeron moi boas relacións.
Posteriormente, foron desprazándose ata a Rúa 14, entre a sétima e oitava avenida. O barrio comezou a poboarse de españois a partir da segunda metade do século XIX. O fluxo incrementouse desde 1898, despóis da guerra de Cuba, e, especialmente, logo da guerra civil. A partir dos anos 40 a poboación de orixe español roldaba as 25 000 persoas.
Restaurante El Faro en Nova York |
No barrio hai tamén un templo católico, a igrexa de Guadalupe, e ao igual que os irlandeses tiñan o seu San Patricio, os españoles celebraban, a festividade de Santiago, procesión incuída. Tendas e restaurantes ofrecían productos de España, como Casa Moneo, onde se podían adquirir chourizos, ou o restaurante El Coruña, pechado nos anos 70 tras unha operación antidroga dirixida polo famoso policía Frank Serpico
Little Spain tamén foi escenario das actividades do crimen organizado. Durante a Lei Seca, en locales como El Faro, rexentado por galegos, servíase clandestinamente alcol.
Os anos da Gran Depresión marcaron o inicio da decadencia, cando e moitos dos residentes de orixe español deciriron abandonalo pola carestía económica e a suba dos alugueres.
A guerra civil viviuse aquí, como nos demais centros da diápora española, cun enorme interese, polas esperanzas que despertara o triunfo republicano e a posibilidade dun próximo retorno. Os veciños de Little Spain promoveron, entre outras accións, o boicoteo aos establecementos dos simpatizantes co bando nacional.
A guerra civil viviuse aquí, como nos demais centros da diápora española, cun enorme interese, polas esperanzas que despertara o triunfo republicano e a posibilidade dun próximo retorno. Os veciños de Little Spain promoveron, entre outras accións, o boicoteo aos establecementos dos simpatizantes co bando nacional.
Tras rescatar centos de fotografías, o escritor Artur Balder narra no documental Litte Spain (https://www.youtube.com/watch?v=1CQNNekKh7Y), da man dos seus protagonistas, a vida neste barrio español no corazón de Manhattan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario