Non todo son luces na brillante traxectoria da Ilustración española. Tamén houbo sombras que enturbiaron os logros do período. Unha delas, e non a menor, foi a persecución á que foi sometido o pobo xitano.
As causas atopámolas no afán uniformizador das políticas ilustradas, en prexuizos fondamente arraigados na sociedade española e constantemente avivados pola Igrexa, na pervivencia dunha cultura e unhas formas de vida alonxadas das socialmente aceptadas e no ambiente de inseguridade que reinaba no país, logo da Guerra de Sucesión, que se atribuiu en parte aos xitanos.
Esas eran as razóns que están detrás da "Gran Redada" ou "Prisión General de Gitanos", como se coñece a persecución decretada en 1749 por Fernando VI e inspirada polo seu ministro Zenón de Somodevilla, o famoso marqués de la Ensenada.
Extinción e exterminio son as palabras que se empregan para denominar á operación (...y extinga si es posible esta generación) iniciada co máximo sixilo o 30 de agosto de 1749 e que estivo perfectamente coordenada en todo o territorio. As ordes establecían que tanto os Gobernadores como as autoridades locais se encargarían de deter aos varóns e trasladalos aos arsenais de Cartagena e Ferrol para traballar como man de obra forzada. As mulleres serían recluídas en prisións. En total foron arrestadas máis de 10 000 persoas.
Nos anos posteriores, a lexislación anti-xitana foise suavizando e en 1763 emitiuse o indulto. Influíntes ilustrados como Campomanes propuxeron extraditalos aos territorios insulares das colonias, como Cuba, Puerto Rico ou Juan Fernández, evitando expresamente a súa presenza no continente americano. Proxecto similar defendía o reformador Bernardo Ward, que plantexaba envialos preto do río Orinoco "para quitar de delante el mal ejemplo y evitar los perjuicios que causan".
O cambio de actitude con respecto á cuestión xitana será promovido por Carlos III, que en relación á redada de 1749 opinaba que: "hace poco honor a la memoria de mi hermano". Ilustrados como o conde de Floridablanca suliñaban o "contradictorio y aun inhumano o inicuo" que resultaba perseguir a ociosidade ao tempo que se prohibía a un grupo de españois o exercicio de certas actividades. Por iso recomendaba que se permitira aos xitanos, igual que aos chuetas ou xudeus maiorquinos, o dereito a traballar.
A Real Pragmática de 1783 -a mesma que suprimía toda consideración negativa que pesaba sobre os oficios mecánicos-, recollecía a igualdade de dereitos, a liberdade de residencia e o ingreso nos gremios. Prohibíase, ademáis, por ofensivo, o uso do termo "xitano" ou "cristián novo". Persistiron, sen embargo, as restriccións con respecto ao emprego da súa gerigonza, a língua caló, ás vestiduras tradicionais, o nomadismo e a práctica de actividades moi vinculadas ao pobo xitano, como a chalanería ou trata de cabalos.
A discriminación continúa ata os nosos días. En Alemaña, setenta anos despóis do holocausto, o goberno acaba de recoñecer o xenocidio xitano cometido polos nazis, o Porrajmos, a "devoración" en língua romaní.
http://www.gitanos.org/upload/59/21/36AFondo.pdf

No hay comentarios:
Publicar un comentario