Onte, 18 de outubro, o humorista gráfico Andrés Rábago, "EL Roto", foi galardoado co Premio Nacional de Ilustración pola súa "visión crítica, poética, aguda e inteligente que nos ayuda a reflexionar sobre cómo somos y cómo vivimos; además de por su defensa del libro en particular y de la cultura en general como herramientas imprescindibles para la construcción de una sociedad avanzada".
El Roto comezou a publicar as súas viñetas en 1968 en revistas humorísticas como "Hermano Lobo" , "La Codorniz", "El Jueves", e tamén na prensa política da Transición, como o semanario "Triunfo", e na actualidade no diario "El País".
O xénero da sátira gráfica ten unha longa tradición no noso país con artistas como Francisco de Goya, que xa o cultivaban a finais do século XVIII. A xenialidade de El Roto estriba na súa capacidade para revelarnos os enganos do poder empregando un debuxo expresivo, sobrio e depurado e uns textos mordaces, intelixentes e comprometidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario