A
primeira folga xeral que se rexistra na historia de España
produciuse durante o reinado de Isabel II en Cataluña, nos primeiros días de xullo de 1855.
A
orixe do conflicto foi unha protesta “luddita” dos traballadores
da industria téxtil, que se opúñan á introducción das
selfactinas (do inglés self-actselfactinasing), as novas
máquinas de fiado que abarataban costes de producción e suprimían
postos de traballo. As movililizacións, que comezaran o ano anterior, radicalizáronse con motivo da execución do lider obreiro Josep Barceló Casadó. Este fiandeiro, nado en Mataró (Maresme) en 1824, opúxose ao fronte do sector máis extremista da "Sociedad de Protección Mutua de Tejedores de Algodón" que conseguiu que o capitán xeral de Catalunya, Ramón de la Rocha, prohibira as máquinas.
As
protestas motivaron as disposicións tomadas polo novo Capitán Xeral, Juan Zapatero y Navas, disolvendo as asociacións
obreiras e poñendo baixo a lei marcial as ata o de agora legais
asociacións de socorros mutuos e tamén a «todo el que
directa o indirectamente se propasase a coartar la voluntad de otro
para que abra sus fábricas o concurra trabajar en ellas, si no
accede a las exigencias que colectivamente se pretenda imponer”.
Baixo os lemas “Pan e Traballo” e “Asociación ou Morte”, a folga durou desde o 2 ata o 11 de xullo. Os obreiros esixían o recoñecemento do dereito de asociación, melloras salariais e reducción da xornada laboral.
execución de Josep Barceló |
Baixo os lemas “Pan e Traballo” e “Asociación ou Morte”, a folga durou desde o 2 ata o 11 de xullo. Os obreiros esixían o recoñecemento do dereito de asociación, melloras salariais e reducción da xornada laboral.
O
periódico liberal La Corona de Aragón, daba conta, o día 4
de xullo dos sucesos:
En un día y a una hora dada han cesado los trabajos en todas las fábricas de Cataluña, y cien mil hombres se han lanzado a la calle pidiendo 'pan y trabajo' y gritando 'asociación o muerte' (…)
¿Qué es lo que piden esas inmensas masas de trabajadores que pueblan nuestras calles, sin manifestarse hostiles sin embargo, sin insultar a nadie, debemos decirlo en su favor, sin propasarse a nada? El derecho de asociación. Piden también que se fijen de un modo estable las horas de trabajo y que se constituya un gran jurado de amos y obreros que arreglen buenamente las discordias que entre ellos se susciten. (...)
Unha
Comisión de Traballadores intentou inútilmente reunirse en Madrid
co Rexente, o xeneral Espartero. Mentres, en Barcelona, as
autoridades procedían á represión: cárcere, tortura e deportación
a Cuba. O 9 de xullo a cidade era tomada militarmente e o día 11 o
movemento é definitivamente aplastado.
Nos
meses seguintes, a presión non diminuiu. Todo o contrario. Tralo
breve paréntese progresista do Bienio, o regreso da burguesía
conservadora, representada polos unionistas de O`Donell e os
moderados de Narváez e González Bravo, supuxo un aumento da presión
sobre o movemento obreiro, que entrou nunha etapa de clandestinidade.
Bibliografía:
Laso Prieto, J.M., Historia
del movimiento obrero en España
http://www.nodulo.org/ec/2006/n052p06.htm
No hay comentarios:
Publicar un comentario