Naceu en Alhama la Seca (Almería), en 1837, vila que durante a II República sería rebautizada como Alhama de Salmerón. Estudiou Dereito e Filosofía e Letras en Granada, onde coincidiu con Francisco Giner de los Ríos. Ambolosdous recibirían da man de José Sanz del Río a influencia do pensamento krausista.
Impartiu cursos de Filosofía e Historia, obtendo a cátedra de Historia Universal na Universidade de Oviedo primeiro e a de Metafísica en Madrid despóis.
En vésperas da Revolución Gloriosa militaba no Partido Demócrata. As súas críticas aos Borbóns ao afirmar que o mantemento dunha soa familia lles costaba ao Estado trece millóns de pesetas, mentres que o sostenemento dos institutos de ensino supuña 10 millóns lle levaron ao cárcere.
Coa proclamación da República é nomeado Ministro de Gracia e Xustiza, sendo responsable da lexislación laicista do período. Partidario dun Estado republicano unitario fronte ao modelo federal, desde xullo de 1873 sustitúe a Pi i Margall na presidencia do poder executivo.
Desde as súas responsabilidades de goberno tivo que facer fronte ao levantamento cantonal. E foi precisamente a súa negativa a firmar as sentenzas de morte contra varios cantonalistas o motivo polo cal presentou a dimisión, pasando a ocupar a continuación a presidencia das Cortes.
Tralo golpe de Pavía e a restauración dos Borbóns foi despoxado da súa cátedra e tomou o camiño do exilio, establecéndose en París. Non abandonou as súas actividades políticas, pois xunto a outros exiliados como Ruiz Zorrilla contribúiu á formación do Partido Republicano Progresista.
Retorna a España en 1884, acolléndose á amnistía promulgada por Sagasta, e dous anos despóis é elexido deputado, mantendo unha presenza continuada nas Cortes ata 1907 e convertíndose na figura de referencia do republicanismo español. Por estas datas produciuse o seu achegamento ao catalanismo, ata o punto de ser elexido presidente de Solidaridat Catalana.
Morreu en Pau (Francia) en 1908. Deixou dito "La insurrección es el último, pero el más sagrado de todos los derechos".
No hay comentarios:
Publicar un comentario