martes, 14 de febrero de 2012

As cen mortes de Frank Braña

De orixe asturiano e pai mineiro, Francisco Braña criouse na Fonsagrada. Él foi un de tantos que nos anos duros da posguerra tivo que marchar en busca dunha vida mellor, logo de traballar un tempo de pastor e de mineiro. En Madrid empregouse de chófer ata que se lle presentou a posibilidade de traballar no cine. Destacou pola súa maxistral forma de morrer –Morir con dignidad en el cine é o título da súa biografía- e traballou cos grandes do xénero: Clint Eastwood, Charlton Heston ou Charles Bronson, chegando a participar nunhas 170 películas, a maioría spaguetti-westerns e moitas rodadas no deserto almeriense de Tabernas. Entre elas destacan A morte tiña un prezo, Por un puñado de dólares, O bó, o feo e o malo, pero o seu nome raramente aparecía nos créditos.

Quizáis non fose o pistoleiro máis rápido ao oeste do río Pecos, pero Frank sabía como ninguén facerse matar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario