jueves, 24 de noviembre de 2011

Jose María Blanco White, lembranza dun outsider

Blanco White (1775-1841) é un dos intelectuais máis sobresaíntes do noso século XIX. Esquecido e incomprendido, encabeza a longa lista de exiliados que abre este axitado século. Formouse no ambiente de renovación cultural que trouxo a Ilustración e acolleu con entusiasmo as ideas do nacente liberalismo.

Nas súas Memorias Alcá Galiano defíneo como: "Mediano y artificial poeta, grande escritor en prosa, de instrucción vasta y extensa, de carácter singular y extremado". Menéndez y Pelayo atacouno con fiereza: "No nos indignemos con Blanco: basta compadecerle. Era el renegado de todas las sectas, el leproso de todos los partidos, y caminaba al sepulcro sin fe en su misma duda, temeroso de lo mismo que negaba, aborrecido de muerte en España, despreciado en Inglaterra". Foi o escritor Juan Goytisolo un dos primeiros en rehabilitar a súa figura, difundindo a obra de Blanco en inglés, que aínda era prácticamente descoñecida en España.

Nacido José María Blanco y Crespo, era fillo dun católico irlandés, William White, fuxido da persecución relixiosa no seu país e establecido en Sevilla en tempos de Fernando VI. Home de fondas inquietudes espirituais, Blanco White foi ordenado sacerdote, anque posteriormente convertiuse ao anglicanismo para finalmente adherirse ao credo unitario.

A súa formación humanística levoulle a participar na tertulia que en Madrid organizou o poeta Manuel José Quintana. Alí frecuenta tamén a compaña de Argüelles e Jovellanos. Cando estalla a Guerra da Independencia intervén na loita contra o invasor e escribe encendidos artículos nas páxinas do “Semanario Patriótico”.

Os trascendentais acontecementos políticos que se están a vivir no país, coa convocatoria das Cortes en Cádiz e as discusións para a elaboración dunha constitución despertan nel un enorme interés, pero as súas propostas provocaron o recelo dos sectores máis reaccionarios, particularmente dos eclesiásticos, e as Cortes acabaron declarándoo reo de lesa patria. En 1810 Blanco parte para Inglaterra, convírtíndose nun dos primeiros exiliados políticos. Pronto lle seguirían outros, primeiro os afrancesados, logo os liberais, iniciándose así unha marea que, salvo algunhas interrupcións, non deixaría de fluir ao longo da nosa historia contemporánea.

As opinións de Blanco White sobre o proceso constituínte que acababa de abrirse sorprenden pola súa modernidade. A defensa da liberdade de conciencia e a separación Igrexa-Estado, o apoio ás demandas dos deputados americanos -que se convertiría en aberta simpatía pola causa da independencia das colonias-, chocarán non só coas posición dos servís, se non tamén coas dos liberais. Máis adiante denunciará, ademáis, o comercio de escravos.

Nas “Cartas de Juan Sintierra”, publicadas durante o seu exilio londinense, afirma: «Mi oficio es criticar; pero mi intento no es debilitar vuestro amor a la Constitución que habéis adoptado. Amadla, obedecedla; mas para que dure, haced que en algunos puntos se mejore, en adelante».

En Inglaterra Blanco comezará a publicación do periódico "El Español" -desde onde segue a realidade política do seu país- escribe, baixo o seudónimo de Leocadio Doblado, as Letters from Spain, amosando unha visión certera e lúcida de España, afastada do habitual pintoresquismo da literatura de viaxes da época; adícase aos estudos teolóxicos e non esquece a novela, incluso a poesía (Misterious night). Póstumamente editáronse as súas memorias: The life of the Rev. Joseph Blanco White, written by himself. Morreu en Liverpool en 1841, lonxe dunha patria que sempre amou e que sen embargo non foi capaz de comprendelo.

http://www.elpais.com/articulo/reportajes/subversivo/Blanco/White/elpepusocdmg/20100912elpdmgrep_4/Tes

http://www.elpais.com/articulo/portada/pensamiento/Blanco/White/elpepuculbab/20101225elpbabpor_31/Tes

No hay comentarios:

Publicar un comentario