martes, 15 de noviembre de 2011

Capitán de mar e guerra

Este é o título dunha emocionante película de Peter Weir, protagonizada por Rusell Crowe, e inspirada nas aventuras do capitán da Mariña británica Jack Aubrey e do seu amigo, o hispanoirlandés Stephen Maturin, saídos da pluma de Patrick O`Brien, autor dunha longa saga de novelas de mar ambientadas no período das guerras napoleónicas.

É tamén un retazo da nosa fascinante historia naval, enchida de batallas, tesouros das Indias afundidos no fondo das rías e heróicos episodios que teñen como escenarios as paisaxes das nosas costas.

Unha das figuras históricas na que O`Brien tense inspirado para crear a personaxe do capitán Aubrey é o famoso almirante Thomas Alexander Cochrane, cuia vida semella tan novelesca coma a da personaxe a quen da vida O`Brien

Pertencente a unha vella familia da nobreza, as dificultades económicas obrigáronlle a enrolarse na Mariña, onde pronto destocou polas súas brillantes cualidades. Ao mando da corbeta Speedey adícase desde 1801 á captura de presas en augas do Mediterráneo, acadando tal éxito que o Almirantazgo lle concedeu o grao de capitán de navío e o mando da fragata Pallas. Pero o seu carácter difícil, que lle granxeou a animadversión dos seus superiores, así como as críticas que fai da corrupción como membro do Parlamento nas filas do partido whig, acabaron coa súa carreira na Mariña. A persecución política á que foi sometido e as falsas acusacións en relación cun escándalo bursátil, leváronlle a abandonar o seu país. Decide entón, impulsado polo seu espíritu aventureiro e a identificación coa loita que sosteñen as colonias americanas contra España e Portugal, participar nas guerras en apoio da súa independencia. A él se lle debe a creación das armadas chilena e brasileña e a victoria sobre as forzas navais españolas no Pacífico Sur.

Pero o relato das súas aventuras non remata aquí. Enfrontado ao xeneral San Martín e decepcionado polo mezquino trato recibido por parte das autoridades das nacentes repúblicas, marcha a Grecia para combatir pola independencia do país fronte aos turcos, guerra que tanta simpatía despertara entre os xoves románticos europeos, contaxiados polo movemento nacionalista que comeza a prender en toda Europa. Un deles, o poeta Lord Byron, morreu precisamente en Grecia durante a guerra.

De novo o seu idealismo choca coa incomprensión do alto mando aliado e os intereses das potencias, ocultos baixo a máscara da defensa da liberdade dos pobos.


De volta a Inglaterra é aclamado pola súa entrega á causa da liberdade, se lle restitúen títulos e honores e, finalmente, é nomeado almirante.

Na súa Historia y descripción de la villa y departamento del Ferrol, publicada por José Montero Aróstegui en 1858, o historiador describe o bloqueo que sufriu a cidade a mans dos ingleses con motivo da guerra que se inicia en 1804 e na que Cochrane/Crowe ten un papel protagonista:

El memorable bloqueo de los ingleses al frente del Ferrol, bloqueo que no cesó hasta agosto de 1805, es una de las páginas más interesantes de nuestra historia marítima, por las consecuencias que tuvieron después un triste y fatal desenlace en los mares de Trafalgar.

Las posiciones de la escuadra inglesa en este bloqueo,a las órdenes de su almirante, Cochrane, fueron en la ría de Ares, frente a la playa de aquel puerto, a las inmediaciones del de Redes y cerca de la costa sur de dicha ría por las riberas del actual partido de Puentedeume, carenándose en los arenales de esta villa algunos buques menores de la escuadra británica.

Los ingleses reconocieron con precaución la dirección del camino que de Cabañas va por Perlío a Neda, la punta del Preguntorio en la costa sur de la bahía del Ferrol y la cima del monte que domina el castillo de la Palma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario