“Guernika, a poboación máis antiga dos vascos e o centro da súa tradición cultural, foi completamente arrasada onte pola tarde polos ataques aéreos dos insurxentes. O bombardeo sobre esta cidade aberta, localizada moi lonxe das liñas, durou exactamente tres horas e cuarto, durante as cales unha poderosa flota de aeroplanos formada por tres modelos alemáns, os bombarderos Junkers e Heinkel e os cazas Heinkel, non cesou de lanzar bombas de ata 1 000 libras [453,6 kg] sobre o pobo, ademáis de alrededor de 3 000 proxectís incendiarios de aluminio de dúas libras [0,90 kg]. Mentres tanto, os avións de caza sobrevoaban a cidade desde o centro cara as aforas para ametrallar aos civís que se refuxiaban nos campos”.
Así comezaba a crónica enviada polo corresponsal George L. Steer ao periódico norteamericano The Times o 27 de abril de 1937, poucas horas despóis do ataque levado a cabo pola Lexión Cóndor sobre a localidade vasca, que se cobrou a vida de varios centos de persoas.
A forza aérea que constituía a Lexión Cóndor fora enviada a España pola Alemaña nazi en resposta ás peticións de axuda de Franco.
A ofensiva dos sublevados á altura de 1937 centrábase na conquista das rexións industriais do norte, onde unha gran parte da poboación apoiaba ao goberno da República. No País Vasco, ademáis, a loita cobraba un especial significado por canto ía asociada á defensa da súa autonomía. De feito, foi o propio goberno vasco quen dirixiu as opercións militares no seu territorio.
Dobregar, polo tanto, a resistencia do pobo vasco convertiuse nun obxectivo clave da estratexia dos "nacionais". O bombardeo de Guernika, ademáis, foi o primeiro ataque aéreo sobre poboación civil. Como explica Steer na reportaxe, a localidade de Guernika non era un obxectivo militar. O propósito, segundo él, non era outro que a desmoralización da poboación e a destrucción dun lugar emblemático da cultura e a historia do pobo vasco. Días despóis, cando a noticia se difundiu na prensa internacional -grazas a labor de reporteiros como Steer- o exército golpista culpou aos republicanos da destrucción de Guernika. E posteriormente Franco responsabilizou aos mandos da Lexión Cóndor da masacre.
A raíz dos sucesos, o goberno de Negrín, con motivo da Exposición Internacional de París de 1937, encargoulle ao pintor Pablo Picasso a realización dunha obra que plasmase o horror do bombardeo e revelase ao mundo o auténtico rostro do fascismo. O froito da imaxinación e da angustia do artista é o famoso cadro de "Guernika".
En 1938 o poeta Paul Eluard, amigo do pintor, escribiu o poema "A victoria de Guernika" en homenaxe ás vítimas do atroz bombardeo.
Apostou a morte a terra e o horror
Dos nosos inimigos teñen a cor
Monótono da nosa noite
Nós teremos a razón
Dos nosos inimigos teñen a cor
Monótono da nosa noite
Nós teremos a razón
No hay comentarios:
Publicar un comentario