Foi a primeira revolta de carácter ecoloxista que se produciu en España. Cando en 1873 a compañía británica Rio Tinto Company Limited iniciou a explotación da mina de Riotinto, logo de adquirila por 92 millóns de pesetas ao Estado español, decidiu empregar o sistema de calcinacións -tamén coñecidas como teleras- para a fundición do metal. As emanacións de dióxido de xofre xeradas, ademáis de graves danos sobre a saúde, tiñan perversos efectos contaminantes, envelenaban as augas e imposibilitaban a práctica da agricultura. En días especialmente calmos unha capa de fumes (la manta) facía irrespirable o ar, impedindo aos veciños saír das súas casas.
A chegada á comarca de Maximiliano Tornet, un traballador anarquista, supón un revulsivo e o inicio do movemento de protesta, que toma forma na folga do 1 de febreiro de 1888. Os mineiros reclamaban a eliminación das teleras, a reducción da xornada laboral de 12 a 9 horas e unha compensación salarial polas xornadas nas que por motivo da manta non podían acudir ao traballo.
Uns días despóis de iniciada a folga unha multitude dunhas 10 000 persoas, ao grito de "fumes non" e "viva a agricultura", marcharon en dirección ao edificio do concello de Riotinto. Entre eles atopábanse Tornet e os líderes da Liga Antihumos Ordóñez Rincón e Lorenzo Serrano, éste último, ademáis, alcalde da localidade de Zalamea.
O director da mina, William Rich, pediu a axuda do gobernador civil de Huelva, que se presentou diante do edificio do Concello ao fronte dun continxente militar. Ás ordes do gobernador os soldados dispararon sobre a multitude, entre a que se atopaban mulleres e nenos. Anque se ignora a cifra real de mortos, calcúlase que preto dunha ducia de persoas morreron a consecuencia do tiroteo.
Nas semanas seguintes os mineiros que participaron nas protestas agocháronse nas casas por temor ás represalias, a empresa despediu a moitos deles e o medo instalouse na comunidade de tal xeito que houbo de pasar moito tempo antes de que os traballadores foran capaces de enfrontarse novamente á compañía.
A revolta inspirou a novela de Juan Cobos Wilkins El corazón de la tierra e unha película co mesmo título que en 2007 realizou Antonio Cuadri.
Máis información en:
http://www.terra.org/articulos/art02007.html
http://www.terra.org/articulos/art02007.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario