Destinado en EEUU, onde exerceu como profesor de literatura na universidade John Hopkins de Baltimore, o compostelán José Robles Pazos foi un admirador do escritor norteamericano John Dos Passos, traducindo ao castelán a súa obra máis famosa, Manhattan Transfer, e trabando con él unha fonda amizade. O escritor, pola súa banda, manifestaba un amplo coñecemento da realidade española, país que visitara en dúas ocasións e que lle servira de inspiración para a escribir, entre outras, "Rocinante vuelve al camino".
Cando os ecos da guerra de España chegaron ata América, unha corrente de solidaridade levou a moitos xoves norteamericanos a apoiar á República española, enrolándose nas Brigadas Internacionais. Tamén os intelectuais comprometéronse na loita.
John Dos Passos convenceu ao seu amigo Ernest Hemingway para que colaborara na causa. Tempo atrás, Dos Passos xa amosara as súas inclinacións esquerdistas, e a condena que fixo da execución dos anarquistas Sacco e Vanzetti levoulle ao cárcere.
A oportunidade para ámbolosdous xurdiu co motivo dun proxecto do realizador holandes Joris Ivens. Ivens andaba a preparar un documental sobre a guerra civil. O filme, The Spanish Earth, pretendía sensibilizar a opinión pública acerca do combate contra o fascismo que se estaba a desenvolver en España, pero tamén recabar fondos para a República. Dos e Hem participaron na doblaxe do documental, que foi estreado en 1937.
Daquela Hemingway xa estaba en España, aloxado no hotel Florida, onde soían reunirse os corresponsais extranxeiros que cubrían a guerra civil. Xentes como Mijaíl Koltsov, do Pravda, Henry Buckley, do The Daily Telegraph, ou Martha Gelhorn, redactora da revista Collier´s e amante de Hemingway.
En 1938 chega Dos Passos. Da súa estadía no famoso hotel quedounos unha crónica publicada na revista Esquire, onde describe unha escea no hotel logo dun bombardeo:
"Por todas partes ábrense de súpeto as portas dos balcóns que rodean a fonte acristalada. Homes e mulleres a medio vestir fuxen precipitadamente das habitacións da fronte, arrastrando maletas e colchóns cara ás habitacións traseiras. Un camareiro co cabelo ondulado sae unha e outra vez de varias portas distintas, sempre rodeando co brazo a diferentes chicas que ríen ou choran. Gran exhibición de peiteados e lencería. Abaixo, os corresponsais móvense por alí adormecidos».
Naquel Madrid cercado polas tropas franquistas nos momentos finais da guerra, outra inquietude atormentada a Dos: a sorte do seu amigo José Robles. Había tempo que non tiña noticias de él. Sabía que fora nomeado tenente coronel e asignado como traductor ao Ministerio da Guerra. E anque non era home de armas e tivo ocasión de abandonar o país, Robles decidiu quedarse e loitar en defensa da República.
Os esforzos de Dos por atopalo semellaban inútiles. As súas indagacións tropezaban sempre cun muro de obstinado silencio, e comezou a temer o peor. As pescudas irritaron tanto ás autoridades como a algúns dos seus amigos, entre eles Hem que non entendía a insistencia de Dos pola sorte dun home en medio dunha guerra na que caían a diario miles de persoas.
Finalmente, Dos Passos descubre que Robles fora asasinado un ano antes en Valencia, en circunstancias bastante escuras; de feito o seu o cadáver nunca aparecera. O goberno acaba recoñecendo que os responsables foran os seus propios camaradas. Sospeitando da colaboración de Robles co inimigo, os servizos de intelixencia soviéticos non dubidan en eliminalo, anque non tardan en darse conta do erro. Este descubrimento provoca a indignación de Dos, que decide volver aos EEUU, afastándose do que él vía como unha deriva estalinista do réxime, que outro asasinato, o do dirixente catalán do POUM, Andreu Nin, non fai para él se non confirmar. Estes sentimentos quedarán reflectidos no seu escrito "Pensamentos na oscuridade".
A decisión de Dos e a reacción de Hemingway acusándolle de cobardía pola súa marcha foron o motivo da ruptura dos dous antigos amigos. As miradas opostas que ambos tiveron sobre a guerra civil afastoulles definitivamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario