jueves, 15 de octubre de 2015

"La Nueve": os españois que combatiron na Segunda Guerra Mundial


Non tiñan espítitu militar, eran incluso antimilitaristas, pero todos eran magníficos soldados, guerreiros valentes e
experimentados.

           capitán Dronne, xefe da 9ª compañía

O xesto que o monarca español Felipe VI protagonizou en agosto deste ano en París, en homenaxe aos combatentes republicanos da 9ª, non é só un acto de xustiza histórica -se tal cousa é posible-, é o recoñecemento ao sacrificio duns poucos para salvar a Francia e a toda Europa da ameaza do fascismo.

Acabada a guerra civil, moitos republicanos seguiron combatento nas filas dos exércitos aliados durante a Segunda Guerra Mundial. Para eles, o conflicto que se iniciaba en Europa non era mais que unha continuación da guerra de España.

E a pesar do trato recibido polo goberno de Daladier nos "campos de refuxiados" de Francia e Túnez onde foron recluídos, a maioría non dubidou el alistarse no Exército da Francia Libre, e mesmo participaren nas accións da Resistencia cuando estalou a guerra. 

Integrada na Segunda División Blindada do xeneral Leclerc, a 9ª compañía estaba formada por 144 homes, case todos españoles, ás ordes do capitán francés Raymond Dronne. 

A compañía estaba equipada con once half-tracks, vehículos semiorugas blindados de gran movilidade e cunha velocidade duns 75 kilómetros por hora. Como armamento contaban con dúas ametralladoras de 12,7 e de 7,6 mm. Os españoles puxéranlles de nome o das batallas libradas en España: Belchite, Guadalajara, Ebro ou Madrid.

Así describe un dos seus homes á compañía:

Algunos decían que la Nueve era una compañía de salvajes y no era así. Contra los alemanes teníamos el odio de lo que nos habían hecho pasar en España y naturalmente luchábamos con las tripas. Yo era todavía muy joven pero no me quedaba atrás. Yo creo que los españoles jugaron un buen papel en las tropas de Leclerc. Fuimos siempre carne de cañón, un batallón de choque, Siempre estábamos en primera línea de fuego...

O deserto tunecino foi o esceario do primeiro enfrontamento dos españoles cos alemáns do Africa Korps. O 1 de agosto de 1944, xunto co resto das tropas de Leclerc, a Nove desembarcou en Normandía. O tempo que esperaron na lancha de desembarco pasáronno cantando La cucaracha.

Anque París non era un obxectivo estratéxico para os norteamericanos no avance cara a Berlín, as tropas francesas, lideradas polo xeneral De Gaulle, consideraban irrenunciable a súa liberación. Os continxentes aliados dirixíronse á capital francesa e o 24 de agosto, tras varios intentos por romper o cerco alemán, Leclerc ordena a Dronne que avanzara coa 9ª compañía. A pesar do gran número de baixas, os seus homes, finalmente, lograron entrar en París. O tenente Granell foi o primeiro en chegar á praza do Concello; mentres, na praza, o blindado "Guadalajara" tomaba posicións. Unha sorprendida Victoria Kent, a ministra da República exiliada en Francia, escoitaba neses instantes na radio que os primeiros combatentes en entrar na capital eran republicanos españois.

Tomada París, a principios de setembro a unidade, integrada no XV Exército norteamericano, dirixiuse cara a Estrasburgo e, despóis de cruzar o Rin e o Danubio e tras librar varios combates onde caeron a maioría dos homes da compañía, tomou Berschtesgaden o Niño das Águias, o refuxio de Hitler nos Alpes. Era o final da guerra.

Dos 144 que desembarcaron en Normandía, ao final só quedaron dous.

Leer mais: Los surcos del azar

Paco Roca, Los surcos del azar (novela gráfica)

Evelyn Mesquida, La Nueve. Los españoles que liberaron París.

http://www.mve2gm.es/la-nueve/


No hay comentarios:

Publicar un comentario