viernes, 27 de marzo de 2020

Elemental querido Sherlock


Velaquí ao noso investigador, o circunspecto detective Sherlock Holmes, un dos máis afamados do seu tempo, en opinión do seu fiel amigo, o doctor Watson. Ámbolosdous, impenitentes solteiros e habitantes do 221 de Baker Street de Londres, son produto da inventiva do escritor británico sir Arthur Conan Doyle que entre 1887, cando se pubicou Estudio en escarlata, e 1916 escribiu catro novelas e cincoenta e seis relatos cos casos do detective .    

Nunha época na que aínda non nacera a criminoloxía, nin a policía contaba con medios axeitados de investigación (a toma das pegadas dixitais non foi adoptada ata 1901), Holmes é un acérrimo defensor do razonamento lóxico-deductivo, o cal lévao en ocasións a discrepar cos métodos tradicionais que empregaba a Policía, en especial o inspector Lestrade. 

Ademáis da Policía da City, con xurisdicción na cidadeexistía tamén a Policía Metropolitana, mais coñecida como Scotland Yard; os seus membros eran chamados peelers, polo primeiro ministro Robert Peel, que a fundara en 1829. A súa función como garante da seguridade e a orde, era fundamentalmente represiva, como nas protestas que durante "domingo sanguento" tiveron lugar en Time Square, en novembro de 1887, e que explicaría a súa impopularidade entre as clases traballadoras.



O crecemento de Londres neste tempo foi espectacular, pasando de 3 a 7 millóns de habitantes, comprendendo aos municipios limítrofes (o que daría lugar ao Gran Londres). Paralelamente deselvovéronse as comunicacións ferroviarias, construíndose daquela as estacións de estilo "artes industriais" (King Cross, Saint Pancras, Paddington). As melloras na iluminación, os novos materiais, como o cemento e o aceiro, e a introducción do telégrafo modificaron a paisaxe urbana da capital.

Pero ao lado dos prósperos barrios do centro (Mayfair, Pimlico, Soho, Westminster), moreas de humildes familias poboaban os degradados slums do East End. Habitados por navvies (mariñeiros), traballadores portuarios (dockers e lumpers), as súas condicións de vida foron denunciadas desde diversos sectores. Chamábase a atención sobre a pobreza e a prostitución de barrios como Whitechapel, donde enfermedades como a sífile causaban estragos.


Este era o panorama que presentaba a cidade en abril de 1887, cando se inician as mortes e arranca a nosa historia.




miércoles, 25 de marzo de 2020

Un asasino na Inglaterra victoriana


O Reino Unido viviu durante a era victoriana (1837-1901) unha época de esplendor. O desenvolvemento industrial impulsado polos avances técnicos e científicos, o crecemento das urbes, o establecemento dun inmenso imperio colonial, as reformas do seu sistema parlamentario, a consolidación do bipartidismo, constitúen algún dos seus rasgos.

As letras e as artes non foron alleas a este auxe. As novelas de Thackeray, Collins e, sobre todo, Dickens, sumaban miles de lectores e triunfaban mais alá das fronteiras do seu país, grazas ao progresos nos medios de transporte. O progreso, cuxas vantaxes amplificaba a prensa, semellaba a fé do novo século que se achegaba.

Pero, ao lado destes éxitos, e como a propia literatura soubo reflectir, cerníase un sombrío panorama. A pobreza, a marxinación e a explotación laboral que sofrían enormes capas da sociedade, nomeadamente o proletariado urbano, xerarán un profundo descontento que irá en aumento conforme avance o período. As diferenzas nas condicións de vida entre a gran masa de traballadores e a clase burguesa tamén se plasmaba na diversa configuración dos  barrios das novas cidades industriais; como se apreciaba, por exemplo, en Londres na oposición entre o próspero West End e o humilde East End.

Todo isto axudaránnos a entender a preocupación das autoridades pola orde e a seguridade públicas, así como os frecuentes brotes de violencia que estalaban nos slums dos núcleos industriais.

A violencia foi, en parte, resultado das múltiples contradiccións da sociedade victoriana. Un dos exemplos mais arrepiantes e no que conflúen os factores antes citados, tivo como escenario un dos barrios mais degradados da cidade de Londres, o de Whitchapel, onde entre 1888 e 1891 once mulleres foron asasinadas de xeito brutal. Estes crimes foron atribuidos en gran parte a un misterioso personaxe que axiña foi alcumado pola prensa como Jack o Destripador. Nas páxinas que seguen trataremos de descubrir, da man dun dos mais afamados detectives de todos os tempos, as circunstancias, as motivacións, os sospeitosos e a vitimoloxía destes casos para así comprender mellor como era a sociedade victoriana. 

Consulta nestes enlaces para coñecer algo mais da Inglaterra victoriana:

https://www.ucm.es/udcontemporanea/324-la-inglaterra
https://sobrehistoria.com/la-era-victoriana/