jueves, 11 de mayo de 2017

50 aniversario da rodaxe de "Doctor Zhivago" en España


Hai 50 anos comezaba a rodaxe en España da película norteamericana "Doctor Zhivago", dirixida en 1965 por David Lean. Estrenouse en decembro dese ano e foi galardonada con 5 oscar.


A obra inspírase na novela do escritor ruso, premio nobel de literatura, Boris Pasternak, e narra a historia de amor do xove poeta e médico Yuri Zhivago e Larisa, Fiodorovna, Lara, durante os anos colvulsos da revolución rusa. A relación entre Yuri e Lara serve tamén de metáfora da revolución, e a visión crítica da mesma valeúlle ao autor a censura da novela en Rusia e o ostracismo, repitindo, curiosamente, a sorte da súa personaxe, Yuri Zhivago, na novela, que, finalmente , foi publicada en Rusia nos anos 80 do pasado século.  

A Metro Goldwyn Mayer encargoulle a versión cinematrográfica da obra a David Lean, que decidiu rodar en España polas vantaxes económicas e as condicións paisaxísticas que ofrecía.

As peripecias da filmación naquela España de 1965 ofrecerían material para unha película estilo Berlanga. Lean, que xa rodara en España esceas doutra gran producción, "Lawrence de Arabia", transformou, por obra e milagre do cine, as chairas de Soria na estepa siberiana e o humilde barrio madrileño de Canillas no Moscú prerrevolucionario. 

Un dos momentos mais memorables da filmación foi a intervención da policía franquista durante a filmación da escea da manifestación bolxevique, que remata coa carga sanguenta da garda cosaca e a desesperación do xove médico Zhivago, que asiste inerme á masacre. Ao escoitar aos figurantes entonar "A Internacional", un himno que non se escoitaba en Madrid desde a Guerra Civil, os axentes de policía, destinados á vixiancia e protección do equipo de rodaxe, alarmáronse. Os norteamericanos tiveron que asegurarlles aos policías que o canto do himno formaba parte do guión. Pero os policías sospeitaban, non sen razón, que algúns dos manifestantes-figurantes eran vellos republicanos que coñecían ao dedillo a letra da Internacional. A policía permitu que reanudara a rodaxe -e non sin tomar boa conta dos figurantes mais cantarines-, pero prohibiron o himno, que foi sustituído por un pasodoble.    

Non acabaron aquí as incidencias. En Soria íanse a rodar as esceas invernais de Siberia: a fuxida en tren desde un Moscú en plena efervescencia revolucionaria, a chegada a antiga propiedade familiar en Varykino, o reencontro de Yuri e Lara en Yuriatin. Aquel inverno fixo un tempo tan inusualmete cálido que obrigou a recurrir a efectos especiais para simular a neve.

O certo é que durante uns días, un soplo de templ apenas, a España de Franco mudou nunha Rusia.

A guerra carlista en imaxes


Os anos corenta do século XIX asisten á aparición da fotografía e con ela prodúcese un enorme cambio respeto á percepción da realidade. A captación obxetiva e minuciosa da realidade cuestiona a visión tradicional que a pintura e o debuxo transmitiran ata entón. Anque, co tempo discutirase tamén a suposta obxetividade da mesma fotografía.

O seu influxo sobre a pintura é unha boa proba diso. E anque nun primeiro momento a fotografía semella debedora da representación tradicional e adopta unha concepción artística fundamentalmente pictórica, posteriormente logrará independizarase como forma de expresión propia. 

Estas fotografías, procedentes do Arquivo Nacional, pertencen á terceira guerra carlista (1872-1876). As tropas que aparecen en ambas imaxes son do exército liberal. Na primeira, tomada durante o sitio de Bilbao, aparece o rexemento de artillería coñecido como La batería de la muerte. Diante dun arcón de municións, un grupo de soldados, posan para a cámara nunha estudada actitude, conscientes do momento que, grazas ao daguerrotipo, quedará fixado para a posterioridade.





Na segunda, tomada nunha explanada de Vitoria, as tropas dispostas en perfecto orde, semellan escoitar á banda de música colocada en primeiro plano. Nesta ocasión non aparece elemento alusivo algún ao conflicto armado.

http://www.mecd.gob.es/cultura-mecd/areas-cultura/archivos/mc/abn/guerra-y-paz/reportajes-belicos.html

Episodios dunha guerra

Algún episodios pouco coñecidos da II Guerra Mundial tiveron como esceario Galicia e hoxe serven de argumento a algúns filmes de recente aparición.

A película Lobos sucios inspírase na presenza de alemans en Galicia para explotar o preciado wolframio da mina de Casaio. 

Outro feito curioso foi o enfrontamento, en novembro de 1943, en fronte de O Barqueiro, entre un submariño alemán, o U-699 e unha escuadrilla británica, co resultado de 14 mortos.

En xuño daquel mesmo ano tivera lugar, preto de alí, un extraño suceso: o aparello no que voaba o actor británico Leslie Howard, que se dirixía a Londres desde Lisboa, foi abatido por cinco avións alemáns. As primeiras teorías apuntaban a que os alemáns supuxeran que no aparello viaxaba o primeiro misnistro británico Winston Churchill. Posteriormente barallouse outra hipótese: que o actor británico, que se fixera famoso en películas como A Pimpinela escarlata e, sobre todo, Vaise co vento, onde interpretada a un derrotado cabaleiro do Sur, e que durante a guerra prestou servizos como axente secreto, atopara a morte a mans dos nazis en cumprimento dalgunha misión. A película A viaxe de Leslie inspírase neste suceso.


http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2009/06/07/galan-cayo-cedeira/293623.html