viernes, 18 de enero de 2013

3 de decembro de 1842: BOMBARDEO A BARCELONA


O bombardeo tivo lugar o 3 de decembro de 1842, seguindo as ordes do xeneral progresista Espartero como castigo ás sublevacións civís en Barcelona contra a política librecambista do rexente. Estas sublevacións comezaran o 15 de novembro e ameazaban ao proteccionismo esixido polos industriais cataláns para manter o monopolio dos seus produtos textiles en España. As medidas liberais progresistas de Espartero promovían a apertura das fronteiras españolas aos produtos ingleses, competidores naquel momento por calidade e precios dos fabricados en Cataluña. As negociación librecambistas con Inglaterra concluíron co anuncio dun tratado comercial , ocasionando  o desencanto  e indignación da Burguesía Catalana ( a Xunta Popular )  e das asociacións de obreiros que pedía a protección da Industria Catalá.

 O exército de Espartero, para o bombardeo, refuxiouse no castillo de Montjuic. Dende esta posición comezou o bombardeo, dirixido polo capitán xeneral Van Halen mediante aproximadamente mil proxectís. A acción foi indiscriminada e provocou incencios, destruiu uns 460 edificios e matou a unhas 20 ou 30 persoas. O Concello sufriu o ataque máis duro: incendiouse a fachada principal, quemáronse arquivos, e as rúas que o rodean sufriron serios destragos.

A operación comezou antes do mediodía e rematou a súa primeira etapa ás 2 da tarde, para reanudarse dúas horas despois cando os destragos xa eran notables. Ás 6 da tarde dúas comisións de cidadáns, unha da cidade e outra da Barceloneta, dirixíronse ao cuartel xeneral para pedir que as hostilidades parasen e ofreceron a cambio sumisión. A xunta revolucionaria pedía o cese do ataque para ceder a plaza e o exército ordeou a previa rendición e entrega dos responsables da sublevación. Os negociadores alcanzaron un acordo á media noite e deuse entón por concluido o bombardeo.


O día 4 Barcelona recibiu a entrada das tropas ao mando de Van Halen e Esparteiro, os revolucionarios foran desarmados e a Milicia tomara a Cidadela, os cuarteis, as portas da cidade e os edificios máis emblemáticos e representativos. O capitán xeral declarou a cidade en estado de sitio por tempo indefinido. As medidas de castigo foron moi duras, dende a pena de morte para os líderes da revolución, ata a prisión incondicional con grao segundo a implicación de cada un na revolta.

Frase de Espartero antes do último canonazo: “É conveniente bombardear Barcelona cada 50 anos, polo ben de España.” 


O 8 de xuño de 1843 houbo en Barcelona outra insurrección de tropas contra o goberno. O obxectivo era conseguir a maioría de idade de Isabel II e a súa coroación. O xeneral Prim ordenou un novo bombardeo de Barcelona, e o 24 de outubro iniciouse o bombardeo da cidade dende a Cidadela, o asedio durou uns 2 meses e lanzáronse preto de 3000 bombas.

lunes, 14 de enero de 2013

O efémero goberno do conde de Clonard

Foi o escritor Ramón Mª del Valle-Inclán quen describindo o período isabelino afirmaba El reinado isabelino fue un albur de espadas: Espadas de sargentos y espadas de generales: Bazas fulleras de sotas y ases.  Un deses momentos “fulleros” deuse co efémero goberno de Serafín María de Sotto y Abbach, conde de Clonard, que podería figurar nos anales como o máis breve na historia de España: apenas durou 27 horas.

Home de formación militar e conviccións absolutistas, participou na Guerra da Independencia e na primeira guerra carlista, onde combatiu do lado dos cristinos, razón pola cal será foi ascendido a mariscal de campo en 1836. En 1840, durante a rexencia de María Cristina, é chamado para ocupar a carteira de Guerra no Ministerio de Pérez de Castro. Con motivo do pronunciamento de Espartero marchou ao exilio en Francia.
De volta a España é ascendido a tenente xeral, participando de novo na vida política desde as filas máis reaccionarias do partido moderado que daquela capitaneaba o xeneral Narváez.
En medio das intrigas que reinaban na Corte, a camarilla da raíña -da que formaban parte o rei consorte Francisco de Asís, o pai Fulgencio, confesor real, e sor Patrocinio -coñecida como“monxa das chagas”-, presionou a Isabel II para que  destituíra a Narváez e nomease no seu lugar ao conde de Clonard. O chamado gabinete relámpago apenas sobreviviu un día ante a aberta oposición da clase política, particularmente dos progresistas. E a raíña viuse obrigada a chamar de novo a Narváez.

Clonard foi destinado a un cuartel de Jaén. Desde este retiro adicarase a organización da "Comisión Rexia", núcleo do primeiro servizo de intelixencia e contraespionaxe que se creou en España. Aquí o conde era coñecido polo seu nome en clave, Lobo Solitario.