domingo, 19 de mayo de 2013

Rosario, dinamiteira

Con 79 anos de idade morría en Madrid o 17 de abril de 2008 Rosario Sánchez Mora, máis coñecida como “Rosario la Dinamitera”, a quen o poeta Miguel Hernández lle adicara en plena Guerra Civil aqueles versos encendidos.

Nacida en Villarejo de Salvanés, pronto se trasladou a Madrid onde traballou como aprendiz de corte e confección no Círculo Cultural das Xuventudes Socialistas Unificadas ao tempo que comezou a militar nas filas comunistas.

Cando estopou a guerra ingresou nas milicias obreiras do Quinto Rexemento, a mítica unidade que comandaba Valentín González, “El Campesino”. Loitou como un soldado máis na fronte de Somosierra. Estivo destinada despóis na sección de dinamiteiros, onde fabricaba bombas de man caseiras, perdendo unha man ao manipular unha delas.

Traballando na centralita do Estado Mayor coñeceu a Miguel Hernández. Colaborou coa dirixente comunista Dolores Ibárruri, “La Pasionaria”, reclutando mulleres para cubrir os postos de traballo deixados polos homes que combatían na fronte.

A piques de rematar a guerra fuxiu cara a Valencia. Atrás deixou ao seu home, desaparecido trala batalla do Ebro, e á súa filla. O seu pai, Andrés Sánchez, foi detido en Alacant con outros 15.000 republicanos, que esperaron infructuosamente a chegada dos barcos prometidos pola Sociedade de Nacións para expatrialos. Comezou entón para Rosario un calvario de detencións e longos periodos de reclusión. Tras serlle conmutada a pena de morte, foi condenada a 30 anos de reclusión por un delito de “adhesión á rebelión” -paradóxica sentencia que autoridades franquistas aplicaron a todos aqueles que defenderon a legalidade republicana-. En 1942 foi liberada e volveu a Madrid, onde acabou rexentando un estanco na praza de Cibeles.

Rosario, dinamitera

Rosario, dinamitera,
sobre tu mano bonita
celaba la dinamita
sus atributos de fiera.
Nadie al mirarla creyera
que había en su corazó
nuna desesperación,
de cristales, de metralla
ansiosa de una batalla,
sedienta de una explosión.

Era tu mano derecha,
capaz de fundir leones,
la flor de las municiones
y el anhelo de la mecha.
Rosario, buena cosecha,
alta como un campanario
sembrabas al adversario
de dinamita furiosa
y era tu mano una rosa
enfurecida, Rosario.

Buitrago ha sido testigo
de la condición de rayo
de las hazañas que callo
y de la mano que digo.
¡Bien conoció el enemigo
la mano de esta doncella,
que hoy no es mano porque de ella,
que ni un solo dedo agita,
se prendó la dinamita
y la convirtió en estrella!
Rosario, dinamitera,
puedes ser varón y eres
la nata de las mujeres,
la espuma de la trinchera.
Digna como una bandera
de triunfos y resplandores,
dinamiteros pastores,
vedla agitando su aliento

http://mundohistoria-clio.blogspot.com.es/2008/04/rosario-la-dinamitera.html

miércoles, 13 de marzo de 2013

...eu poñerei a guerra

Vostede proporcione as imaxes que eu poñerei a guerra. Esa foi a resposta de William Randolph Hearst, o magnate de prensa norteamericano, ao  telegrama do ilustrador do Journal, Frederic Remington, enviado a Cuba para cubrir as novas da guerra e no cal  lle comunicaba: Todo está tranquilo. Non hai problemas. Non haberá guerra. Desexo volver.

A de Cuba foi unha das primeiras guerras mediáticas. A entrada no conflicto dos Estados Unidos en favor da antiga colonia española mobilizou as inmensas capacidades materiais desta emerxente potencia. E nela tamén participaron con entusiasmo patriótico os medios de comunicación. Dous poderosos grupos mediáticos en concreto mantiveron unha enconada rivalidade: o encabezado por Joseph Pulitzer e o que dirixía William Randolp Hearst -convertido en Charles Foster Kane na película de Orson Wells Cidadán Kane-. Ámbolosdous empeñáronse nunha guerra de ventas na que empregaron a mentira, o falseamento da información e o sensacionalismo, recursos habituais da chamada prensa amarela.

Con estes ingredientes, convenientemente aliñados con invocacións patrióticas, aumentaron de xeito espectacular as tiradas: o World de Pulitzer pasou de 400 000 a máis de 800 000 exemplares entre 1895 e 1899, mentres o Journal de Hearst, que editaba uns 750 000 exemplares antes da guerra, chegou a superar o millón de exemplares en 1898.

A denominación de "amarela" que comezou a recibir este tipo de xornais procede do protagonista da exitosa tira cómica Yellow Kid, creada polo ilustrador Richard F. Oucault, que está considerada como a primeira historieta e cuia publicación disputáronse duramente o  o Journal e o World.


En España a influencia dos medios de comunicación na formación dunha opinión pública foi menor. Isto debido, entre outras, á pervivencia dunhas elevadas tasas de analfabetismo e á baixa porcentaxe de poboación urbana. Pero as actitudes da prensa española non difiren demasiado da que se prodigaba doutro lado do charco. Aquí tamén os xornais tinguíronse de amarelo.

Unha das diferenzas que se pode observar foi o irresponsable optimismo que respiraba gran parte da prensa española, ata o punto de chegar a falsear a situación real do potencial militar nacional. Desde algúns medios chegouse incluso a propoñer a invasión dos EEUU, que eran presentados ante os ollos dos lectores como unha "potencia débil". Os titulares abundaban en chamadas ao honor e invocacións patrióticas que alimentaban perigosos sentimentos belicistas. E aquí unha mostra:

En estos momentos tiene el Ministerio del Sr. Sagasta la prueba más completa de que la opinión alarmada y todo como se halla, no opone el menor obstáculo a las gestiones del Gobierno y se encuentra dispuesta a secundarle cuanto haga falta, confiando en que ha de ser diligente en su defensa y en el mantenimiento de su honor y de sus derechos (El Tiempo).


Esta nación de héroes y de mártires, de caballeros y de cristianos, es hoy como ayer la
España de las grandes conquistas y de las grandes revoluciones, la España de Lepanto y
del Dos de Mayo (El Correo español).

Todo debe aceptarse menos que se pisotee nuestro honor y se burle de nuestra paciencia
ese pueblo de mercaderes que todo lo fía a sus millones (La Correspondencia Militar).

La más negra verdad es que no se busca por los enemigos de España ni las autonomías, ni la anexión, ni la total independencia de la isla de Cuba sino el exterminio de los blancos, sean españoles o criollos (Blanco y Negro).


Poucos xornais -entre os máis influíntes destacan El Imparcial ou El Heraldo de Madrid- evitaron caer na tentación de multiplicar as súas tiradas recurrindo aos máis bochornosos editoriais. Entre as excepcións figuran xornais como El Socialista, onde o intelectual Miguel de Unamuno publicou o artículo "Paz trabajo", en xaneiro de 1896:

Al celebrar la fiesta del 1º de mayo los obreros españoles conscientes de su dignidad y de su posición social, impónese como primer deber el de protestar de la guerra que lleva a Cuba a morir y a matar a tantos trabajadores, cuyo progreso moral y material en nada dificultan los insurrectos y sí los que contra ellos los envían (1-5-1986).

Algúns periodistas foron quen de reflictir a auténtica realidade que supuña a guerra, máis alá das soflamas e da linguaxe patrioteira. Velaí un exemplo nun artículo titulado "Para los heridos de Cuba", recollido do Heraldo:

Muchos vuelven consumidos por las fiebres, destruídos por el vómito, víctimas de la anemia, extenuados y demacradísimos. La piel pegada a los huesos, los ojos hundidos en las órbitas, sin fuerza para andar, perdido el apetito, en la mayor miseria fisiológica, causa lástima infinita verlos. Estos últimos constituyen la mayoría de las bajas del glorioso ejército. (23-X-1896). Y en otro firmado por Gonzalo de Reparaz: Aquellos 200.000 muchachos que la Patria mandó a la manigua para defender la integridad del territorio han muerto o enfermado casi todos víctimas de tres causas que, habiéndose podido remediar no se han remediado. La primera, el hambre. El soldado ha comido poco y malo, y en ocasiones no ha comido nada. A veces su único alimento ha sido un pedazo de galleta agusanada (...). Las medidas higiénicas aconsejadas por la subinspección de Sanidad Militar en las instrucciones impresas en 1º de abril de 1896, no se han cumplido. El cansancio, esa era la segunda causa de mortalidad (...). Al soldado no se le daba cama ni abrigo, ni tiempo siquiera para dormir. (6-XI-1897).

domingo, 3 de marzo de 2013

Que se lixe a troika!


Agora e sempre o povo é quen máis ordena:


Foi un 25 de abril de 1974 cando se iniciou en Portugal, desde as filas do Exército, un movemento revolucionario encamiñado a derrocar o réxime ditatorial que establecera en 1926 Antonio Oliveira Salazar. As forzas armadas, que desfilaron polas rúas de Lisboa con craveis nos fusís en sinal do carácter pacífico do movemento, amosaron o desexo de devolverlle ao pobo o protagonismo, e de ahí o lema que acompañou á revolución: O povo é quen máis ordena. E deste xeito conseguiuse o establecemento da democracia. A emisión na radio, a primeiras horas da mañán, da canción de Zeca Afonso Grândola vila Morena foi o sinal dos conxurados para iniciar o levantamento que se extendeu por todo o país.


Grândola, vila morena
Terra da fraternidade
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade
Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola a tua vontade
Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira
À sombra duma azinheira

martes, 19 de febrero de 2013

Caciquismo e fraude electoral en Ferrol durante a Restauración

A vida política durante a Restauración estivo dominada polas prácticas caciquís, elemento consustancial ao propio réxime. A maquinaria electoral, pensada para beneficiar exclusivamente aos partidos dinásticos, tiña o seu centro en Madrid, no Ministerio da Gobernación, e desde alí extendíanse os fíos dunha telaraña que abranguía, a través dos gobernadores civís, alcaldes e caciques, o  conxunto do territorio. O propio presidente Maura, que baixo o influxo rexeneracionista emprendeu unha reforma da Lei Electoral, explicábao da seguinte forma:
En Galicia existe una red interpuesta entre el poder público y el pueblo; red de caciques máximos, medios y mínimos que intercepta toda clase de comunicaciones. Seguramente el fluído que anima la nueva ley (...) no llegará al pueblo                                   
A reforma, que buscaba entre outras acabar co caciquismo, incluía o famoso e discutido artículo 29 (o carallo vintenove) que contemplaba a designación automática do candidato oficial naqueles distritos onde non se presentaran listas alternativas.

 Anque tamén estaba presente nas cidades, era sobre todo nos distritos rurais onde o caciquismo atopaba o seu caldo de cultivo. E, de feito, só cos habituais amaños electorais o goberno logrou impoñer o seus candidatos en cidades como Ferrol ou Coruña, onde era maioritario o voto republicano.

No distrito electoral de Pontedeume -desde San Sadurniño ata Miño- a figura política prominente foi desde finais do século XIX José Armada y Losada, marqués de Figueroa. Este "cacique máximo", membro dunha saga de políticos conservadores, ministro en varias ocasións con Maura, mantivo a súa acta de deputado polo distrito desde 1891 ata 1910 de xeito continuado e cunhas porcentaxes de voto do 100% na maoría das eelccións. Era éste un dos chamados "distritos enfeudados" que, a a diferenza dos "dispoñibles" ou "alternantes", non estaban suxeitos aos vaivéns electorais que impuña a quenda de partidos.

Unha tupida rede clientelar, o control de xulgados e gobernos locais -las dos fuentes de agua corrompida que envenenaban a vida municipal, en palabras do rexionalista ferrolán Rodrigo Sanz- eran pezas clave do sistema caciquil.

A aparición en escea en 1907 do movemento solidario e a extensión do societarismo agrario marcará un punto de inflexión na continuidade do modelo. As eleccións de 1909, onde os solidarios conseguiron máis de 250 actas na provincia, supuxeron unha auténtica ameaza para o marqués que apoiou, sendo ministro de Graza e Xustiza, as medidas represivas do gobernador civil (detencións, multas suspensión de mitines) contra os solidarios.



http://politica.elpais.com/politica/2013/01/04/actualidad/1357317555_770762.html

jueves, 14 de febrero de 2013

O primeiro mitin en galego

Sucedeu en 1907, na vila de Betanzos. Unha multitude de labregos congregouse na praza do Campo para escoitar aos representantes de Solidaridad Gallega. Entre os oradores atopábase tamén o ex presidente da República Nicolás Salmerón, daquela presidente de Solidaridat Catalana, o modelo organizativo no que se inspiraron as diferentes correntes políticas do galeguismo (federais, tradicionalistas e rexionalistas) para constituir Solidaridad Gallega, animadas polo éxito electoral que Solidaridat acadara en Cataluña nas eleccións dese mesmo ano. Al igual que fixeran os seus correlixionarios en Cataluña, os solidarios galegos pretenden acabar co control caciquil que exercían os partidos dinásticos, sobre todo nos distritos rurais,  que é un dos rasgos característicos da Restauración.

Seguindo o seu exemplo, os solidarios intentarán conseguir unha representación política nas institucións mediante a mobilización do campesiñado, promovendo o asociacionismo. A aparición das sociedades agrarias a finais do século anterior -as primeiras nas Rías Baixas; nas Mariñas, a primeira foi a Asociación de Agricultores de Cervás (Ares)- foi a resposta do campesiñado á necesidade de organizarse para loitar contra os seus grandes males: os foros, os trabucos e os caciques. Ademáis do pulo modernizador que impulsaron no pauperizado rural galego, as agrarias supuxeron unha experiencia organizativa pioneira.  O elevado número de sociedades fundadas -cerca de 400-  contradice a visión tradicional dun campesiñado individualista, sumiso e medoñento. Pois foron frecuentes as protestas, especialmente contra os trabucos, e os mítines, nos que destacaban figuaras como Manuel Lugrís, Santiago Casares, Antonio Couceiro ou Rodrigo Sanz, multitudinarios. E a resposta das autoridades foi moi dura, polo temor que inspiraba un campesiñado organizado e combativo. As multas, as coaccións e as detencións de líderes agrarios e solidarios sucedéronse, coa complicidade do ministro de Graza e Xustiza e home forte tamén no distrito, Juan Armada y Losada, o marqués de Figueroa.

Aquel 6 de outubro de 1907 tomaron a palabra no mitin betanceiro, entre outros, Salmerón, o carlista Juan Vázquez de Mella e o rexionalista Manuel Lugrís Freire, do Centro Solidario da Coruña. Aquelas palabras do ensaísta, periodista e activista galeguista deberon calar moi fondo no seu auditorio, por seren pronunciadas na lingua do seus maiores, a lingua desprezada durante séculos e agora convertida no medio de expresión da súa loita.

Cando eu me atopare
de donos liberto,
e o pan no mo quiten
trabucos e préstames,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero.
Queredes castanas
dos meus castineiros?
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas nin portas,
nin foros nin cregos
 
Curros Enriquez, O Maio


viernes, 18 de enero de 2013

3 de decembro de 1842: BOMBARDEO A BARCELONA


O bombardeo tivo lugar o 3 de decembro de 1842, seguindo as ordes do xeneral progresista Espartero como castigo ás sublevacións civís en Barcelona contra a política librecambista do rexente. Estas sublevacións comezaran o 15 de novembro e ameazaban ao proteccionismo esixido polos industriais cataláns para manter o monopolio dos seus produtos textiles en España. As medidas liberais progresistas de Espartero promovían a apertura das fronteiras españolas aos produtos ingleses, competidores naquel momento por calidade e precios dos fabricados en Cataluña. As negociación librecambistas con Inglaterra concluíron co anuncio dun tratado comercial , ocasionando  o desencanto  e indignación da Burguesía Catalana ( a Xunta Popular )  e das asociacións de obreiros que pedía a protección da Industria Catalá.

 O exército de Espartero, para o bombardeo, refuxiouse no castillo de Montjuic. Dende esta posición comezou o bombardeo, dirixido polo capitán xeneral Van Halen mediante aproximadamente mil proxectís. A acción foi indiscriminada e provocou incencios, destruiu uns 460 edificios e matou a unhas 20 ou 30 persoas. O Concello sufriu o ataque máis duro: incendiouse a fachada principal, quemáronse arquivos, e as rúas que o rodean sufriron serios destragos.

A operación comezou antes do mediodía e rematou a súa primeira etapa ás 2 da tarde, para reanudarse dúas horas despois cando os destragos xa eran notables. Ás 6 da tarde dúas comisións de cidadáns, unha da cidade e outra da Barceloneta, dirixíronse ao cuartel xeneral para pedir que as hostilidades parasen e ofreceron a cambio sumisión. A xunta revolucionaria pedía o cese do ataque para ceder a plaza e o exército ordeou a previa rendición e entrega dos responsables da sublevación. Os negociadores alcanzaron un acordo á media noite e deuse entón por concluido o bombardeo.


O día 4 Barcelona recibiu a entrada das tropas ao mando de Van Halen e Esparteiro, os revolucionarios foran desarmados e a Milicia tomara a Cidadela, os cuarteis, as portas da cidade e os edificios máis emblemáticos e representativos. O capitán xeral declarou a cidade en estado de sitio por tempo indefinido. As medidas de castigo foron moi duras, dende a pena de morte para os líderes da revolución, ata a prisión incondicional con grao segundo a implicación de cada un na revolta.

Frase de Espartero antes do último canonazo: “É conveniente bombardear Barcelona cada 50 anos, polo ben de España.” 


O 8 de xuño de 1843 houbo en Barcelona outra insurrección de tropas contra o goberno. O obxectivo era conseguir a maioría de idade de Isabel II e a súa coroación. O xeneral Prim ordenou un novo bombardeo de Barcelona, e o 24 de outubro iniciouse o bombardeo da cidade dende a Cidadela, o asedio durou uns 2 meses e lanzáronse preto de 3000 bombas.

lunes, 14 de enero de 2013

O efémero goberno do conde de Clonard

Foi o escritor Ramón Mª del Valle-Inclán quen describindo o período isabelino afirmaba El reinado isabelino fue un albur de espadas: Espadas de sargentos y espadas de generales: Bazas fulleras de sotas y ases.  Un deses momentos “fulleros” deuse co efémero goberno de Serafín María de Sotto y Abbach, conde de Clonard, que podería figurar nos anales como o máis breve na historia de España: apenas durou 27 horas.

Home de formación militar e conviccións absolutistas, participou na Guerra da Independencia e na primeira guerra carlista, onde combatiu do lado dos cristinos, razón pola cal será foi ascendido a mariscal de campo en 1836. En 1840, durante a rexencia de María Cristina, é chamado para ocupar a carteira de Guerra no Ministerio de Pérez de Castro. Con motivo do pronunciamento de Espartero marchou ao exilio en Francia.
De volta a España é ascendido a tenente xeral, participando de novo na vida política desde as filas máis reaccionarias do partido moderado que daquela capitaneaba o xeneral Narváez.
En medio das intrigas que reinaban na Corte, a camarilla da raíña -da que formaban parte o rei consorte Francisco de Asís, o pai Fulgencio, confesor real, e sor Patrocinio -coñecida como“monxa das chagas”-, presionou a Isabel II para que  destituíra a Narváez e nomease no seu lugar ao conde de Clonard. O chamado gabinete relámpago apenas sobreviviu un día ante a aberta oposición da clase política, particularmente dos progresistas. E a raíña viuse obrigada a chamar de novo a Narváez.

Clonard foi destinado a un cuartel de Jaén. Desde este retiro adicarase a organización da "Comisión Rexia", núcleo do primeiro servizo de intelixencia e contraespionaxe que se creou en España. Aquí o conde era coñecido polo seu nome en clave, Lobo Solitario.