Mostrando entradas con la etiqueta Ferrol. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ferrol. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de marzo de 2016

ENTREVISTA A JOSE M. PENA CRESPO un soldador xubilado da empresa auxiliar de Bazán (agora Navantia).

-QUEN ERAS EN MARZO DE 1972?
Un traballor da industria auxiliar Bazán, e simpatizante do Partido Comunista.
-QUE MOTIVA A REVOLTA OBREIRA DO MARZO DE 1972?
A negociación do convenio colectivo de Bazán.
-QUE DIFERENZA HABÍA ENTRE O CONVENIO INTERPROVINCIAL PROPOSTO POR BAZÁN E O CONVENIO LOCAL PROPOSTO POLOS OBREIROS?
O convenio interprovincial era común ás factorías de Cartagena, Porto Real e Ferrol e o custo da vida era superior aqui, por iso o que se demandaba un convenio local aplicable soamente ó persoal da factoría de Ferrol.
-QUE OCORREU O 10 DE MARZO DE 1972?
En realidade son dúas datas, o 9 e o 10 de Marzo. O nove de Marzo os traballadores fomos desaloxados dos nosos postos de traballo pola Policia Nacional, daquela acumados coma ‘’os grises’’;  fomos desaloxados pola porta que hoxe xa non existe, que estaba situada ó lado do cantón . O día 10 ao chegar e ver pechada a porta da factoría, comenzamos unha especie de marcha cara o astilleiro de Perlío, accedimos dende a porta do Cantón ata As Pías para supostamente atoparnos cos traballadores de Astano que tamén comenzaron unha folga. Á altura de esa entrada, onde hoxe atópaste o monumento a Amador e Daniel, houbo un enfrentamento coa Policía Nacional, e alí foi onde, durante o tiroteo, houbo varios heridos de bala e dous mortos, ós cales fai homenaxe o monumento xa citado. E a partir de alí, ao redor de 15 días a factoría estivo pechada, e comenzaron co tema das detencións.
-NO XUÍZO DOS 23, ESTABAN TODOS OS QUE ERAN, E ERAN TODOS OS QUE ESTABAN?
Non
-HOUBO UN ANTES E UN DESPOIS, DO OCORRIDO NAQUEL MES DE MARZO?
Si claro, por suposto. Tanto nas loitas obreiras coma na concesión por parte das empresas de certas melloras económicas e sociais.
-EXISTIU,NA RECONVERSIÓN DO 1984, UNHA VENGANZA POR PARTE DO GOBERNO SOCIALISTA HACIA OS OBREIROS FERROLÁNS MOTIVADA POLOS SUCESOS DE MARZO DE 1972?
Na miña opinión persoal sí, fundamentada en que todolos traballadores despedidos e represaliados do 72 e algún ano despois por parte, de este caso, de membros da UXT ou polo Partido Socialista quisieron levar a defensa dos traballadores de bazán e como a malloria eran de comisiones obreras denegouse a participación de Felipe Gonzalez como abogado laboralista na defensa de eses traballadores, por iso penso que houbo unha venganza solapada, por parte do PSOE con respecto ós traballadores do naval de Ferrol; é mais, a partir de alí vese claramente como son potenciados outros astilleiros do Sur,non así os de Bazán e Astano.
-VALEU A PENA ESA LOITA?

Por suposto que sí, agora se disfrutan dunhas melloras sociais e laborais que non existían daquela, pero non valeu a pena para os que quedaron no camino, os compañeiros Daniel e Amador.

jueves, 17 de diciembre de 2015


REAIS FÁBRICAS S.XVIII

                As manufacturas reais son as instalacións industriais que se fundan por iniciativa dos monarcas absolutos no antigo réxime, como resultado da aplicación da política mercantilista. Moitas delas dedicábanse  á fabricación de obxetos de luxo, para o consumo, en primeiro lugar, dos propios palacios reais.
                A chegada da dinastía Borbón no século XVIII fixo que se aplicara o modelo político económico do Colbertismo; chamado así por Colbert, en Francia, durante o reinado de Luis XIV (manufactura dos Gobelinos, dedicada a tapices y outros téxtiles), este modelo económico ten unha teoría proteccionista que quere impedir a saída dos recursos do país (impidiendo a exportación de materias primas), pero a mesmo tempo, fomentando ás exportacións de produtos e impidiendo as importacións.
                A emulación das costumes do rei farán que as clases altas o imiten e se obteña un público consumidor maior. De esta manera, aplícase o modelo Colbertista coas Reais Fábricas por toda España.
                En Ferrol e arredores aínda quedan probas destas fábricas de luxos para xente púidente, por exemplo a Real fábrica de mantelería, ou a Real fábrica de tabacos da Coruña e as Reais fábricas de gremios e barcos de Ferrol.
                A Real fábrica de tabacos da Coruña, que foi creada con un obxetivo fiscal, para manter o monopolio da produción de este produto, foi unha das industrias manufactureiras máis importantes e se puxo en marcha en 1808 con 400 operarias, alcanzando en 1834 as 3000 e en 1890 o seu punto máis alto de empleo con 4000 operarias nos diferentes traballos de elaboración e funcionamento da fábrica, sendo a cifra máis elevada da súa historia.



                Pero a pesar da importancia desta Real fábrica, unha grande parte de la riqueza galega do século XVIII estivo constituída polo que agora chamamos o sector da moda. En aquela época existiu en Sada (A Coruña) unha fábrica de panos importantísima, estaba a Real Fábrica da Mantelería e tamén catro ou cinco fábricas de sombreros importantes, entre elas a de Juan Francisco Barrié, tatarabuelo de Pedro Barrié de la Maza (a quen temos en Ferrol unha calle no seu honor). Tamén había fábricas de pasamanería e talleres de fiado de liño e algodón.  A Coruña sería hoxe tan importante como Cataluña no sector textil, pero desapareceu practicamente todo coa Guerra de Independencia.


(Real Fábrica de Tapices da Coruña)

 


                En Ferrol, as industrias máis importantes foron (e seguen sendo) as relacionadas co naval, que polo de entón existía una organización gremial nos astilleiros dos arsenais de Marina.
          
         
              As perdas xeradas por estas fábricas foron continuas e crecientes. Entre as razones do fracaso mencionaríase que nelas non conseguiron unha modificación profunda das técnicas de fabricación. As dificultades de organización de administración, de supervisión da productividade, son causas explicativas do fracaso económico.

             As fábricas reais acabaron desaparecendo unha a unha, e quedaron tan só como testimonio do intento de renovación do sector manufactureiro levado a cabo polo reformismo borbónico do XVIII, sen enriquecer moito ao país.

miércoles, 9 de septiembre de 2015

O cantón independente de Ferrol

O movemento cantonalista, que está na orixe das fortes discrepancias que sacudiron o federalismo durante a I República, consumando o fracaso do proxecto federal, tivo no levantamento republicano de Ferrol de outubro de 1872, un singular antecedente.

A súa raíz hai que buscala na fracasada revolución setembrina de 1868, cuio éxito inicial -alimentado polo descontento dos traballadores do Arsenal e a activa participación dos republicanos- plasmouse na formación dunha "Junta revolucionaria" e na elección dunha corporación republicana. O gobernador civil, en medio dunha grande conflictividade, ordenou a súa disolución e nomeou unha nova, máis acorde cos principios monárquicos da Constitución de 1869.

Deste xeito, foi destituido o alcalde republicano, o periodista e escritor Francisco Suárez García, home polifacético e cuia actividade política cobre boa parte do último terzo do século. Ademáis de dirixir o comité local do Partido Republicano Federal, foi deputado nas Cortes constituíntes de 1873, editou varios xornais (El Eco Ferrolano, El Trabajo, La Democracia) e foi Venerable Mestre da primeira loxia masónica de Ferrol, Luz de Finisterre nº 11, auténtico núcleo conspirativo do levantamento de outubro do 72. Na súa faciana como escritor destacan as novelas "Los invasores" ou"Grandal".

A sublevación comezou no Arsenal o día 11. Contou coa participación dun reducido continxente de militares e civís ás ordes do brigadier Bartolomé Pozas, que tras a toma das instalacións e a detención do comandante Victoriano Sánchez Barcaíztegui, pronunciou a seguinte arenga:

Ciudadanos: En buena hora habéis llegado a comprender el levantado espíritu que a este puñado de hombres de corazón nos impulsa. Sois dignos de la libertad que yo, unido a estos mis buenos amigos, me propongo conquistaros a todo trance, cueste lo que cueste y caiga el que caiga, aun cuando para ello precise sacrificar mi existencia, que es pequeño sacrificio el de la vida cuando se consagra al triunfo de tan santos atributos: ¡igualdad, justicia, fraternidad; porque, habéis de saberlo, nosotros vamos a la república, venimos por la república y queremos la república democrática federal, ni más ni menos (...) Ciudadanos: ¡No más tiranos, no más inmoralidad, no más ignominia! Guardias, marineros y paisanos: ¡No más reyes! ¡Abajo las quintas y matrículas del mar! ¡Abajo los consumos! ¡Viva el Pueblo Soberano! ¡Viva la República Democrática Federal!

Nas horas seguintes o levantamento vai sumando máis apoios e o día 12 unha multitude percorre a cidade acompañándose de bandeiras vermellas e estandartes co lema "Libertad, Igualdad, Fraternidad y República Federal". Unha "Junta provisional" encabezada por Francisco Suárez ponse ao fronte do movemento.

Pero a reacción do goberno non se fai esperar e ao día seguinte chegan tropas procedentes da Coruña co obxectivo de aplastar a rebelión. A refrega sáldase coa derrota dos federais e a fuxida do seus líderes. No consello de guerra os implicados son condenados a penas de exilio, cárcere e pena capital, da que son finalmente indultados. Francisco Suárez parte cara a Madrid para non volver ata febreiro de 1873, unha vez proclamada a República. Máis adiante, durante a Restauración, verase obrigado a marchar novamente ao exilio.

Coñecidos os disturbios na capital, o goberno e as Cortes se pronuncian en contra do levantamento. A postura do deputado e líder federalista Pi i Margall, que condena o alzamento ( "...porque creemos que mientras estén aseguradas las libertades individuales y podamos manifestar y defender libremente nuestras ideas, las insurrecciones dejan de ser un hecho y pasan a tener el carácter de verdadero delito"), provocará a indignación do sector máis radical do federalismo, consagrando definitivamente a división entre benévolos e intransixentes. Éstes rompen co Directorio Federal do Partido, criticando a "dictadura funesta de Pi i Margall", e fundan un"Consejo Provisional de la Federación Española".

Así rematou a breve experiencia republicana independente de Ferrol.


Máis información en: VV AA, Historia de Ferrol, Vía Láctea Editorial, 1998.

martes, 19 de febrero de 2013

Caciquismo e fraude electoral en Ferrol durante a Restauración

A vida política durante a Restauración estivo dominada polas prácticas caciquís, elemento consustancial ao propio réxime. A maquinaria electoral, pensada para beneficiar exclusivamente aos partidos dinásticos, tiña o seu centro en Madrid, no Ministerio da Gobernación, e desde alí extendíanse os fíos dunha telaraña que abranguía, a través dos gobernadores civís, alcaldes e caciques, o  conxunto do territorio. O propio presidente Maura, que baixo o influxo rexeneracionista emprendeu unha reforma da Lei Electoral, explicábao da seguinte forma:
En Galicia existe una red interpuesta entre el poder público y el pueblo; red de caciques máximos, medios y mínimos que intercepta toda clase de comunicaciones. Seguramente el fluído que anima la nueva ley (...) no llegará al pueblo                                   
A reforma, que buscaba entre outras acabar co caciquismo, incluía o famoso e discutido artículo 29 (o carallo vintenove) que contemplaba a designación automática do candidato oficial naqueles distritos onde non se presentaran listas alternativas.

 Anque tamén estaba presente nas cidades, era sobre todo nos distritos rurais onde o caciquismo atopaba o seu caldo de cultivo. E, de feito, só cos habituais amaños electorais o goberno logrou impoñer o seus candidatos en cidades como Ferrol ou Coruña, onde era maioritario o voto republicano.

No distrito electoral de Pontedeume -desde San Sadurniño ata Miño- a figura política prominente foi desde finais do século XIX José Armada y Losada, marqués de Figueroa. Este "cacique máximo", membro dunha saga de políticos conservadores, ministro en varias ocasións con Maura, mantivo a súa acta de deputado polo distrito desde 1891 ata 1910 de xeito continuado e cunhas porcentaxes de voto do 100% na maoría das eelccións. Era éste un dos chamados "distritos enfeudados" que, a a diferenza dos "dispoñibles" ou "alternantes", non estaban suxeitos aos vaivéns electorais que impuña a quenda de partidos.

Unha tupida rede clientelar, o control de xulgados e gobernos locais -las dos fuentes de agua corrompida que envenenaban a vida municipal, en palabras do rexionalista ferrolán Rodrigo Sanz- eran pezas clave do sistema caciquil.

A aparición en escea en 1907 do movemento solidario e a extensión do societarismo agrario marcará un punto de inflexión na continuidade do modelo. As eleccións de 1909, onde os solidarios conseguiron máis de 250 actas na provincia, supuxeron unha auténtica ameaza para o marqués que apoiou, sendo ministro de Graza e Xustiza, as medidas represivas do gobernador civil (detencións, multas suspensión de mitines) contra os solidarios.



http://politica.elpais.com/politica/2013/01/04/actualidad/1357317555_770762.html

jueves, 1 de noviembre de 2012

A Gran Redada


Non todo son luces na  brillante traxectoria da Ilustración española. Tamén houbo sombras que enturbiaron os logros do período. Unha delas, e non a menor, foi a persecución á que foi sometido o pobo xitano.

As causas atopámolas no afán uniformizador das políticas ilustradas, en prexuizos fondamente arraigados na sociedade española e constantemente avivados pola  Igrexa, na pervivencia dunha cultura e unhas formas de vida alonxadas das socialmente aceptadas  e no ambiente de inseguridade que reinaba no país, logo da Guerra de Sucesión, que se atribuiu en parte aos xitanos.

Esas eran as razóns que están detrás da "Gran Redada" ou "Prisión General de Gitanos", como se coñece a persecución decretada en 1749 por Fernando VI e inspirada polo seu ministro Zenón de Somodevilla, o famoso marqués de la Ensenada.

Extinción e exterminio son as palabras que se empregan para denominar  á operación (...y extinga si es posible esta generación) iniciada co máximo sixilo o 30 de agosto de 1749 e que estivo perfectamente coordenada en todo o territorio. As ordes establecían que tanto os Gobernadores como as autoridades locais se encargarían de deter aos varóns e trasladalos aos arsenais de Cartagena e Ferrol para traballar como man de obra forzada. As mulleres serían recluídas en prisións. En total foron arrestadas máis de 10 000 persoas.

Nos anos posteriores, a lexislación anti-xitana foise suavizando e en 1763 emitiuse o indulto. Influíntes ilustrados como Campomanes propuxeron extraditalos aos territorios insulares das colonias, como Cuba, Puerto Rico ou Juan Fernández, evitando expresamente a súa presenza no continente americano. Proxecto similar defendía o reformador Bernardo Ward, que plantexaba envialos preto do río Orinoco "para quitar de delante el mal ejemplo y evitar los perjuicios que causan".

O cambio de actitude con respecto á cuestión xitana será promovido por Carlos III, que en relación á redada de 1749 opinaba que: "hace poco honor a la memoria de mi hermano". Ilustrados como o conde de Floridablanca suliñaban o "contradictorio y aun inhumano o inicuo" que resultaba perseguir a ociosidade ao tempo que se prohibía a un grupo de españois o exercicio de certas actividades. Por iso recomendaba que se permitira aos xitanos, igual que aos chuetas ou xudeus maiorquinos, o dereito a traballar.

A Real Pragmática de 1783 -a mesma que suprimía toda consideración negativa que pesaba sobre os oficios mecánicos-, recollecía a igualdade de dereitos, a liberdade de residencia e o ingreso nos gremios. Prohibíase, ademáis, por ofensivo, o uso do termo "xitano" ou "cristián novo". Persistiron, sen embargo,  as restriccións con respecto ao emprego da súa gerigonza, a língua caló, ás vestiduras tradicionais, o nomadismo e a práctica de actividades moi vinculadas ao pobo xitano, como a chalanería ou trata de cabalos.

A discriminación continúa ata os nosos días. En Alemaña, setenta anos despóis do holocausto, o goberno acaba de recoñecer o xenocidio xitano cometido polos nazis, o Porrajmos, a "devoración" en língua romaní.

http://www.gitanos.org/upload/59/21/36AFondo.pdf

domingo, 11 de marzo de 2012

Ferrol, 10 de marzo de 1972

Corría o mes de marzo de 1972. O final da ditadura semellaba próximo, pero o réxime decidira morrer matando. Ferrol e os concellos limítrofes albergaban unha numerosa poboación obreira. E nos centros fabrís de Astano e Bazán desenvolvíase unha intensa labor sindical, primeiro a través dos sindicatos verticais franquistas e, desde finais dos anos 60, nas clandestinas Comisiones Obreras (CC.OO.).

O 9 de marzo de 1972, en plena discusión do novo convenio de Bazán e a raíz duns despedimentos, produciuse un enfrontamento entre os traballadores e a policía. O día seguinte os obreiros atopan pechadas as portas do asteleiro e deciden dirixirse en manifestación ata Caranza, onde esperaban que se lles uniran os traballadores da construcción e os compañeiros de Astano. As forzas da Policía Armada -os temidos grises- saíronlles ao paso na Avenida das Pías e comenzaron a disparar, pero a presenza duns 4 000 manifestantes obrigounos a retirarse, deixando un saldo de dous mortos -os traballadores Amador Rey Rodríguez e Daniel Niebla García- e vintedous feridos.

Nos días seguintes 102 persoas foron detidas e obrigadas a pagar fortes multas, 42 foron procesadas polo Tribunal de Orden Público e a empresa Bazán permaneceu pechada.

Con esta acción os traballadores ferroláns colocáronse no primeiro plano da loita pola democracia, segundo o investigador Goméz Alén, que defende tamén que a Transición non foi obra dun selecto e reducido grupo de políticos e intelectuais, senon do compromiso e da loita da clase traballadora.

En lembranza destes sucesos, hoxe conmemoramos o 10 de marzo como o Día da Clase Obreira Galega.