Mostrando entradas con la etiqueta liberalismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta liberalismo. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de junio de 2015

O xeneral Álava: o español que combatiu en Waterloo

O xeneral Álava, por Salter, 1835
d
Hoxe cúmplense douscentos anos da batalla de Waterloo, o "momento decisivo do século", en palabras do xeneral Wellington. A batalla supuxo a derrota definitiva de Napoleón e o seu exilio na remota illa de Santa Helena, onde rematarían os seus días.

Un dos  presentes na contenda foi o xeneral vasco Miguel Ricardo de Álava e Esquivel (1772-1843), que tamén participara (anque neste caso, no bando oposto) na batalla de Trafalgar, onde se distinguiu a bordo do navío "Príncipe de Asturias".

A partir de 1808, iniciada a guerra da independendencia, Álava coloborou coas autoridades francesas, formando parte, como representante da Mariña, da Xunta que elaboraría a Constitución de Baiona. Pero o xeneral non tardou moito en sumarse ás filas da resistencia. A principios de 1810 foi destinado a Portugal xunto ao xeneral Arthur Wellesley, futuro duque de Wellington. O seu coñecemento do idioma inglés -que adquiriu no Seminario de Vergara, dependente da Real Sociedad Bascongada de Amigos del País- convertiuno nun home imprescindible para o comandante das forzas británicas despregadas na Península.

Durante a guerra de España os dous selaron unha fonda amizade, a pesar das diferenzas políticas que os separaban. Wellington, home de mentalidade conservadora, chegou a ser a figura mais destacada do partido tory, e foi designado primeiro ministro en 1823. Álava, que fora elixido deputado en Cádiz e presidiu as Cortes que aprobaron a constitución de 1812, convertiuse nunha das figuras destacadas do liberalismo moderado ou doceanista e un dos mais respectados exiliados españoles en Londres. 

Proba desta amizade foi a acollida que, en 1823, o xeneral británico lle dispensou na súa residencia en Londres, durante os anos do exilio que xerou a restauración absolutista. A gratitude do xeneral extendeuse tamén aos membros da colonia española (concentrados na súa maioría no barrio de Somers Town), que poideron disfrutar das ayudas que en calidade de aliados lles ofreceu o goberno inglés.

Despois da derrota francesa na batalla de Vitoria e a retirada da Península, o xeneral Álava foi nomeado embaixador en París e logo, comisionado polo reposto monarca Fernando VII no exército de Wellington nos Países Baixos, entrando a formar parte do seu Estado Maior.  
A volta de Napoleón da illa de Elba ameazaba trastocar o costoso equilibrio acordado polas potencias en Viena. Os exércitos aliados comezaron a organizarse. Napoleón sabía que a súa única oportunidade consistía en impedilo. Dirixiu cara o norte coa Armé du Nord, co obxetivo de separar as forzas británicas das prusianas, que, ao mando de Blüquer, avanzaban cara a Bruselas.

Tras las "escaramuzas" de Quatre Bras e Ligny, que se saldaron en tablas, o esceario decisivo foron as proximidades da aldea de Waterloo, entre as alturas da Belle Alliance e o bosque próximo a Bruselas.

Xunto ao famoso carballo, no centro da liña defensiva inglesa, no cruce do camiño a Bruselas e o de Ohain, Álava acompañou a Wellington naquela xornada do 18 de xuño de 1815. Alí, o xeneral escoitaría a Wellington arengar ás súas tropas. Desde alí poido contemplar a carga decisiva de lord Uxbridge ao fronte da Brigada da Garda. Quizáis escoitaría a Wellington, a medida que pasaban as horas, exclamar desesperado: "É preciso que caiga a noite ou que cheguen os prusianos".  E desde alí sería testemuña dos últimos esforzos do exército francés, da heróica resistencia dos rexementos da Vella Garda e daquelas  palabras do xeneral  Cambronne: "¡A Garda morre pero non se rinde!", que posiblemente se limitaría a exclamar: "¡merde!".

De noite, Álava e Wellington cearon xuntos na hospedería de Waterloo. Brindaron pola guerra de España, logo de repasar anécdotas e evocar a sorte dos caídos.  Á maña seguinte , no despacho que Wellington enviaba ao goberno, afirmaba que o oficio das armas era sucio.

Como recoñecemento aos seus servizos na guerra de España e na batalla de Waterloo o goberno inglés distinguiu a Álava co título de caballero da Orde do Baño.

viernes, 6 de septiembre de 2013

Karl Marx e a Revolución en España

A revolución que se iniciou en España en xullo de 1854 tivo en Karl Marx, que daquela exercía de corresponsal en Londres do New York Daily Tribune, un intérprete excepcional. Ao longo dese ano o autor alemán escribe unha serie de artigos para o xornal onde vai describindo a situación política española, dominada pola corrupción da corte, o fanatismo relixioso e un Exército en mans dos espadóns.

Aínda presentes en Europa os ecos da revolución de 1848, a "primavera dos pobos", Marx aporta unha visión lúcida e ben documentada, capaz de trascender os acontecementos inmediatos para desvelar as correntes profundas da nosa historia.

O desconcerto que xenera o levantamento de Vicálvaro reflíctese nunha das primeiras crónicas enviadas á redacción do xornal en Nova York: Sería prematuro formular unha opinión sobre o carácter xeral desta insurreccción.  Días despóis engade: A insurrección española semella tomar un novo aspecto (...) Ao convencerse de que as cidades españolas non poden mobilizarse esta vez por unha mera revolución palaciana, O`Donell postulou inesperadamente principios liberais.
                                                     
 Marx sostén que os numerosos pronunciamentos locais e rebelións militares acostumaron a Europa a considerar a España como un país colocado na situación da Roma imperial na era dos pretorianos. E apunta algunha das razóns desa visión: seica non haxa país algún salvo Turquía tan pouco coñecido e tan mal xulgado como España.

O pensador alemán observa na contínua sucesión de cambios de goberno, levantamentos populares e pronunciamentos militares unhas constantes que percorren a época:  

Os movementos revolucionarios españois ofrecen desde comezos de século un aspecto notablemente uniforme (...) En todo outro caso ocorre que cada complot palaciano baséase en insurrecccións militares que arrastran indefectiblemente tras de sí pronunciamentos municipais. Dúas cousas explican este fenómeno. En primeiro lugar, o que chamamos estado no sentido moderno da palabra non ten verdadeira corporización fronte á corte, por causa da vida exclusivamente provincial do pobo, se non é no exército. En segundo lugar, a peculiar posición de España e a guerra pola Independencia crearon condicións nas cales o exército resultou o único lugar no que podían concentrarse as forzas vitais da nación española.

Na súa análise os factores económicos cobran tanta importancia como os políticos, dándolle un novo e esclarecedor significado á maraña confusa de sucesivos levantamentos: 

A dédeba flotante de España suma 33 millóns de dólares e o déficit total é de 50 (...) Incluso os recursos extraordinarios do estado foron anticipados en varios anos e malgastados (...) As minas de mercurio de Almadén están comprometidas por anos (...) As medidas que propón [o goberno] para cubrir ese déficit son as dun verdadeiro banqueiro, a saber: volta á orde e á tranquilidade, continuar a exacción dos vellos impostos e emitir novos empréstitos. Dacordo con ese consello, Espartero obtivo 2,5 millóns de dólares dos banqueiros de Madrid, a cambio da promesa de realizar unha política estrictamente moderada. As súas últimas medidas proban o gustosamente que está disposto a cumprir esa promesa.
Non hai que crer que todas esas medidas reaccionarias sexan recibidas sen resistencia algunha polo pobo (...)
Este é o "cercle vicieux" no que están condenados a moverse todos os gobernos revolucionarios abortivos. Recoñecen como obrigacións nacionais as débedas contraídas polos seus predecesores contrarrevolucionarios. E así o novo goberno popular tranfórmase en servidor dos grandes capitalistas e en opresor do pobo.

E por se quedara algunha dúbida acerca do protagonismo dos financieros nos sucesos revolucionarios, baste suliñar o seguinte parrágrafo:

Está xa comprobado que o embaixador británico (...) convenceu ao banqueiro Collado, actual ministro de Facenda, para que adiantara o diñeiro que necesitaban O`Donell e Dulce para o seu pronunciamento.

As reflexións de Marx sobre a revolución burguesa en España revélanos a flebeza das súas bases, a persistencia de elementos  do Antigo Réxime e o protagonismo do Exército na revolución liberal.

sábado, 17 de noviembre de 2012

Manuel Pardo de Andrade: semblanza dun crego liberal

O século XIX español é particularmente rico en personaxes novelescas, biografías que serviron de inspiración aos autores da época, que deste xeito foron alimentando a lenda daqueles heroes románticos enfrontados ao invasor francés e aos poderes do Antigo Réxime que ameazaban as recén conquistadas libertades.

Manuel Pardo de Andrade podía ser unha delas. A súa vida transcurriu paralela aos grandes cambios cos que se abre o século. O espíritu crítico, unha arraigada crenza na liberdade e o fervor patriótico son algúns dos rasgos da personalidade desde freire agostiño exclaustrado, que foi, ademáis, un dos precursores do periodismo en Galicia.

O seu lugar de nacemento foi Xaz, no concello de Oleiros (A Coruña), e o ano do suceso 1760. Estudiou no convento dos agostiños de Santiago de Compostela, onde foi ordeado. En Salamanca formouse en Teoloxía e Filosofía. Viaxou a Roma, onde continuou os estudos e solicitou a secularización, alegando motivos de saúde. De volta na Coruña adxudicoúselle a parroquia de San Xurxo, e posteriormente exerceu de capelán do Exército.

En vésperas do levantamento anti-francés, e xa retirado, vémolo adicado ao oficio periodístico; fundou o primer periódico da cidade -o segundo de Galicia-, o Diario de La Coruña, baixo o patrocinio da Junta del Reino de Galicia, co obxectivo de estimular o espíritu patriótico e, ao tempo, difundir os principios constitucionais. Tamén escribe con Antonio Peña e Marcelino Calero, director da Fábrica de Tabacos, nas páxinas de El Ciudadano por la Constitución.

Naquela época coñeceu na Coruña, onde rematara unha viaxe pola Península, ao poeta británico Robert Southey, autor do popular conto Os Tres Osos, que declarou a súa admiración pola obra de Manuel Pardo.

O ambiente intelectual que reinaba na Coruña -con figuras como Lucas Labrada, Valentín de Foronda ou Antonio Peña- e a temprana aparición da prensa non seían posibles sen a complicidade dunha poderosa burguesía -moita dela foránea-, enriquecida polo auxe comercial que vive o porto desde o último terzo do século XVIII e cuia crise, agudizada pola emancipación das colonias, foina afastando políticamente das posicións reformistas para achegarse a solucións claramente liberais.

Na cidade tamén prendeu pronto a masonería, sendo ésta lugar de orixe dunha das primeiras loxias de España, a Logia Constitucional de la Reunión Española, que se reunía no Café de la Esperanza , na rúa Real. O local foi ponto de encontro tamén dun grupo liberal coñecido como Club de la Esperanza ou de los Jacobinos, onde atopamos a representantes de destacadas familias comerciais e cuias actividades despertaron as sospeitas da Inquisición, que as procesou. Entre elas estaban Pedro de Llano, “primera cabeza del Club”, Valentín de Foronda, “corifeo de los jacobinos, ateistas, deistas”, Marcelino Calero, “editor del periódico más impío y revolucionario que hay en todo el Reino”, (El Ciudadano por la Constitución), Marcial Francisco del Adalid “impío y republicano”, Juan Antonio de la Vega, “acérrimo demócrata y de los principales del Club”, Manuel Pardo de Xas, “impío y demócrata en sumo grado; autor de los folletos “Os rogos do gallego” y “El pueblo gallego no quiere la Inquisición”. Éste último era un dos alcumes de Manuel Pardo de Andrade. Outro foi o de León de Parma.

O Diario de La Coruña publicouse entre xuño de 1808, poco despóis do levantamento anti-francés, en xaneiro de 1809, cando, ante a chegada das tropas francesas -que se bateron cos británicos de sir John Moore na batalla de Elviña-, Manuel Pardo decide fuxir. Residiu durante un tempo en Londres. Á súa volta, libre xa a cidade da presencia francesa e por encargo da Junta del Reino, comeza a publicación do Semanario Político, Histórico y Literario de La Coruña e logo do Boletín Patriótico. Nesta época escribe tamén unhas Reflexiones sobre la mejor Constitución posible para España e unha crítica ao bispo de Ourense Pedro Quevedo y Quintano, destacado deputado de Cádiz e un dos máis furibundos representantes da facción servil nas Cortes.

Manuel Pardo é autor tamén dunha singular obra poética de tintes patrióticos, con títulos como Al combate de Trafalgar, A Lord Wellington, A la batalla de Arapiles, ademáis de numerosos informes e proxectos presentados ante o Real Consulado da Coruña e á Sociedad Matritense, e cuia temática abrangue desde o comercio ata a agricultura ou a navegación.

Máis éxito tivo "Os rogos de un gallego establecido en Londres, dedicado ós seus paisanos para abrilles os ollos sobre certas iñorancias e o demais que verá o curioso leutor", feroz sátira contra a Inquisición, publicada en Santiago en 1813, condenada polo arcebispo Rafael Múzquiz por contener proposiciones ímpias, falsas, obscenas, temerarias, inductivas al tolerantismo, sistema revolucionario e irreligioso, e do cal se ten dito: Mala era la Inquisición; pero los versos de Pardo de Andrade son indudablemente peores.

Coa volta de Fernando VII, Manuel Pardo emprende, como moitos outros liberais, o camiño do exilio. Nese tempo estableceuse en Londres para logo pasar a Francia, onde frecuentou a figuras sobresaíntes da emigración, como o conde de Toreno, ao xeneral Espoz y Mina e a súa esposa, a coruñesa Juana de Vega.

Pardo soubo conciliar os sinsabores do exilio coa aventura romántica que compartiu cunha cantante, Francisca Rosa Hardy, coa que tivo unha filla, Ángela, nacida en Dorneda. A parella permaneceu en Francia ata o triunfo do pronunciamento de Quiroga e Riego en 1820, movemento que tivo o seu eco na cidade da Coruña, onde contou co decisivo apoio da súa burguesía coruñesa.

De novo na cidade, Pardo reanuda a labor periodística coa publicación do Correo de la Diputación de La Coruña, pero a chegada das tropas dos Cen Mil Fillos de San Luis, que pon fin á curta experiencia liberal do Trienio, e leva novamente a Manuel Pardo e á súa familia a abadonar o país a retornar a Francia, onde finalmente morreu no ano 1832.