Mostrando entradas con la etiqueta emigración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta emigración. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de septiembre de 2015

Little Spain: un barrio español en Nova York

Benevolent Society coñecida tamén como La Naciuonal
Anque menos coñecido que Little Italy ou Chinatown, Little Spain ocupa un lugar importante na memoria de Nova York. O barrio -cuio eixo era a rúa 14, foi o lugar de acollida para os emigrantes españois, unha pequena parte da gran ondada migratoria que, desde a segunda metade do século XIX, cruzou o Atlántico para dirixirse, na súa meirande parte, a América do Sur. E ata os anos 90 do pasado século, foi un pequeno reducto da cultura española na cidade norteamericana.

A emigración española aos EEUU foi numéricamente mais reducida e escolleu como destino lugares tan dispares como Florida -en Tampa houbo unha importante colonia española-, Ohio ou mesmo as Hawai, onde os inmigrantes traballaron nas plantacións de azucre.

En Nova York os recén chegados, na súa maioría mariñeiros galegos e asturianos, establecéronse na zona portuaria do Lower Side, adicándose ás actividades portuarias, daquelas controladas por italianos e irlandeses, cos que mativeron moi boas relacións.                                                                                                                                    

Posteriormente, foron desprazándose ata a Rúa 14, entre a sétima e oitava avenida. O barrio comezou a poboarse de españois a partir da segunda metade do século XIX. O fluxo incrementouse desde 1898, despóis da guerra de Cuba, e, especialmente, logo da guerra civil. A partir dos anos 40 a poboación de orixe español roldaba as 25 000 persoas.

Restaurante El Faro en Nova York
Un fenómeno habitual nos núcleos da emigración peninsular foi a creación, a iniciativa dos mesmos emigrantes, de entidades asistenciais e culturais  cuias numerosas actividades irradiaban de volta a casa. En Little Spain foi a Benevolent Society, mais coñecida como La Nacional, fundada en 1869, o centro que aglutinou á comunidade española en Nova Yok. A entidade acolleu a exiliados e nela residiron, durante a súa estancia na cidade, artistas e intelectuales como Picasso, dalí ou Lorca, que escribiu aquí algún dos poemas do seu Poeta en nova York.

No barrio hai tamén un templo católico, a igrexa de Guadalupe, e ao igual que os irlandeses tiñan o seu San Patricio, os españoles celebraban, a festividade de Santiago, procesión incuída. Tendas e restaurantes ofrecían productos de España, como Casa Moneo, onde se podían adquirir chourizos, ou o restaurante El Coruña, pechado nos anos 70 tras unha operación antidroga dirixida polo famoso policía Frank Serpico

Little Spain tamén foi escenario das actividades do crimen organizado. Durante a Lei Seca, en locales como El Faro, rexentado por galegos, servíase clandestinamente alcol.

Os anos da Gran Depresión marcaron o inicio da decadencia, cando e moitos dos residentes de orixe español deciriron abandonalo pola carestía económica e a suba dos alugueres.


A guerra civil viviuse aquí, como nos demais centros da diápora española, cun enorme interese, polas esperanzas que despertara o triunfo republicano e a posibilidade dun próximo retorno. Os veciños de Little Spain promoveron, entre outras accións, o boicoteo aos establecementos dos simpatizantes co bando nacional.

Tras rescatar centos de fotografías, o escritor Artur Balder narra no documental Litte Spain (https://www.youtube.com/watch?v=1CQNNekKh7Y), da man dos seus protagonistas, a vida neste barrio español no corazón de Manhattan.



jueves, 10 de septiembre de 2015

A Patagonia en chamas

Esta historia transcorre na lonxana Patagonia, un deses remotos lugares que foron destino da emigración galega. E a nosa personaxe, Antonio Soto Canalejas, que co tempo sería coñecido como “o galego Soto”, naceu en Ferrol en 1897, pero pronto se incorporou á corrente emigratoria. En Argentina simpatizou co anarcosindicalismo, sendo un dos mais destacados participantes nas folgas que se desenvolveron na Patagonia  a principios dos anos 20.
Chegou ao pais con 13 anos e alí adicouse a diversos oficios, entre eles, actor nunha compañía teatral, coñecendo de primeira man a explotación laboral.   .
En 1920, con motivo da folga xeral declarada en Trelew, cidade da provincia patagona del Chubut, Antonio Soto adheriuse á protesta e participa nas movilizacións. As autoridades expulsáronno do Chubut. Marcha a Río Gallegos, capital da provincia de Santa Cruz, onde traballará de estibador portuario. Alí entra en contacto co mundo sindical, ingresando na “Sociedad Obrera de Gallegos”, da que chegará a ser secretario xeral. Ese verán estalla unha folga na provincia. Ante as medidas represivas do gobernador, Soto fuxe a Buenos Aires. No congreso da anarquista Federación Obrera Regional Argentina reclama o apoio na loita obreira que se está a desenvolver nas provincias da Patagonia.

A mediados de 1921 desenvólvese unha segunda gran folga dos traballadores agrícolas do sur da provincia de Santa Cruz. Os terratenentes acuden ao Exército, que non dubida en emplegar a forza. Liderados por Soto, columnas obreiras marchan coa bandeira negra e vermella levantando aos peóns das estancias. A pesar do carácter pacífico do movemento, moitos folguistas son detidos e fusilados polas tropas. En decembro, os soldados rodean a estancia La Anita, base de operacións de Soto. Nunha asamblea, os traballadores deciden abandonar a folga; Soto e algún compañeiros eran contrarios á decisión. Finalmente os folguistas réndense, o cal non impide que os militares fusilen a moitos deles. Soto consegue fuxir e, xunto cun pequeño grupo, diríxense a Chile atravesando a cabalo a cordilleira dos Andes. Seguiu un longo periplo que o levou a Valparaíso e logo a Iquique, onde traballou nas salitreiras.
En 1933 regresa a Arxentina, pero é expulsado polas autoridades. Instálase en Punta Arenas (Chile), onde decide establecervun hotel e desprega unha incesante actividade política e social. Funda o Centro Republicano Español, o Centro Galego e a Cruz Vermella. Pero non abandona a loita, participando nas movilizacións estudiantís de principios dos anos 60. Morreu nesta localidade chilena en 1963.