Mostrando entradas con la etiqueta Franco. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Franco. Mostrar todas las entradas

martes, 27 de octubre de 2015

Spanish bombs


A recente visita do secretario de Estado dos EEUU, John Kerry, a España ten por obxecto a firma dun acordo co ministro español de Exteriores, José García Margallo, para rehabilitar e trasladar as terras contaminadas con motivo do accidente de Palomares.

Hai case 50 anos, o 17 de xaneiro de 1966, catro bombas nucleares precipitáronse sobre a costa de Almería, en Palomares, despóis de que colisionaran un bombardeiro B-52 e un avión nodriza das forzas aéreas dos EEUU. Dúas das bombas fragmentáronse ao caer en terra e unha nube radioactiva espallouse ao longo dunha superficie de duascentas hectáreas, que a día de hoxe seguen contaminadas. Foi un un dos mais graves accidentes que se teñen producido con armamento deste tipo.


A terceira das bombas caeu ao mar e non poido ser recuperada ata 80 días despóis. O clima bélico da guerra fría -unha das cuias claves era a posesión de sofistificado armamento nuclear- explica o enorme interés que amosou neste asunto o goberno norteamericano, que  desplegou un enorme dispositivo, con técnicos, unha treintena de buques, minisubmariños, etc. 

Pero foi un pescador de Águilas, Francisco Simó, Paco  el de la bomba, sen mais recursos que o seu inxenio e o saber dos homes da mar, que indicou aos norteamericanos  o lugar onde se atopaba a bomba.


Ante preocupación xerada entre a poboación -que a censura non poido evitar que fora recollida na prensa- e o medo aos efectos sobre a saúde da poboación e o turismo, sector que empezaba o seu despegue, o ministro español de Información y Turismo, Manuel Fraga Iribarne, o embaixador norteamericano e o presidente da axencia estatal de noticias EFE, Carlos Sentís, déronse un baño en augas de Palomares, co obxectivo de tranquilizar á poboación e garantir a ausencia de radioactividade nas augas. Circularon rumores de que tal baño non se realizara en Palomares e sí da veciña localidade de Mojácar. O certo é que houbo dous baños.

A necesidade de manter unhas boas relacións cos norteamericanos (en 1953, baixo a presidencia de Eisenhower, fírmanse os Pactos de Madrid, que supuxeron o recoñecemento por parte de EEUU do réxime franquista a cambio de axuda económica e militar) explica a especial vixiancia que se exerceu sobre os medios de comunicación desde o ministerio que presidía Fraga e a represión de accións de protesta, como a que promoveu a aristócrata antifranquista Isabel Álvarez de Toledo, a Duquesa Roja.


O documental Flecha Rota narra estes feitos:

https://www.youtube.com/watch?v=qSwfCnOBPMU

miércoles, 4 de septiembre de 2013

Mohammed ben Mizzian: un oficial mouro ao servizo de Franco

A vida deste militar marroquí, o mais destacado oficial do continxente mouro que combatiu en España durante a guerra civil en apoio das tropas sublevadas, está rodeada dunha auténtica lenda negra.

Fillo dun cadí da cabila de Mazuza adicto ás tropas de ocupación españolas, naceu en Nador en 1897. Un primeiro episodio novelesco está vinculado á visita que fai Alfonso XIII á escola de Melilla onde estuda o xove Mizzian e cuxos coñecementos da xeografía española asombran ao monarca. Cando Alfonso XIII lle pregunta qué querría ser de maior, Mizzian lle contesta que “capitán”. E cando o mozo ten dezaseis anos o propio rei lle facilita o ingreso na Academia de Infantería de Toledo, cuios estatutos tiveron que ser cambiados para permitir o acceso dun musulmán.

Entre 1921 e 1926 participa, co grao de tenente, na sanguenta Guerra do Rif. Ferido durante o famoso desastre de Annual, é ascendido a capitán. Por un capicho do destino, os rifeños aos que se te que enfrontar están liderados polo seu antigo mestre, Abd el-Krim. A campaña lle depara outra feliz coincidencia: coñece a un xoven tenente coronel, Francisco Franco, a quen salva a vida. Gracias ao valor e arroxo que amosa durante a campaña ascende rápidamente.

En xullo de 1936, co inicio do levantamento militar contra a República, en cuxo plan paricipa desde semanas atrás, diríxese a Melilla ao fronte dun tabor de regulares e intervén na que está considerada a primeira acción armada da guerra.

Xa na Península, vémolo intervir na defensa do Alcázar de Toledo ao fronte dos seus regulares, e na batalla de Madrid, nos combates que se produciron na Cidade Universitaria. A violencia que empregaron as súas tropas en Toledo, así como a violación de dúas milicianas en Madrid foron descritas polo periodista nortemericano John T. Whitaker:

En certa ocasión atopábame nun cruce de camiños de Navalcarnero na compaña deste oficial marroquí cando trouxeron á súa presenza a dúas raparigas que aínda non cumpriran os vinte anos. Unha delas traballara nunha fábrica téxtil de Barcelona e levaba no peto da chaqueta un carnet sindical. A outra era de Valencia e dixo que era apolítica. Tras interrogalas co propósito de obter información militar, El Mizzian levounas a unha escola onde descansaban preto de 40 soldados mouros, que estallaron en alaridos ao velas chegar. Quedeime arrepiado, cheo de rabia e de impotencia. Cando lle manifestei a El Mizzian a miña protesta, respondeume cun sorriso: "Non vivirán mais de catro horas".

O propio Whitaker contaba que Mizzian lles prometera aos seus homes "mulleres brancas" e que chegou a montar un burdel con mulleres marroquíes e prisioneiras republicanas.

En 1937 Mizzian tomou parte na campaña do norte e en 1938, convertido xa en coronel, na batalla do Ebro, que decidiría a sorte da guerra.

Acabada a contenda, Franco desígnao capitán xeral de Ceuta. En 1953 é ascendido a tenente xeral e nomeado capitán xeral de Galicia. E foi neste destino onde xurdíu a lenda da súa presenza na celebración o día do apóstolo en Compostela. As autoridades decatáronse de que a imaxe do santo que tradicionalmente saía en procesión, Santiago Matamoros degollando musulmáns, podería resultar ofensiva ao novo capitán xeral. E foi entón cando -sempre segundo a lenda- a peana da estatua foi cuberta, algúns contan que cun pano branco e outros con ramilletes de rosas. Non deixaría de resultar chocante contemplar a figura de Santiago cortando as rosas en lugar das habituais cabezas de infieis.

 En 1956, logo de acadar a indepedencia, o monarca de Marrocos Mohammed V reclamou os servizos de Mizzian, que se encargará de crear o exército do novo estado. Él foi o responsable, ao ano seguinte, da brutal represión da revolta rifeña na que non dubidou en empregar napalm.

No ano 1964 foi destacado a Madrid como embaixador de Marrocos. Morre en 1975. En 2006, con motivo da inaguración na súa localidade natal dun museo adicado á súa memoria e na que non faltaron personalidades políticas e militares españolas, unha das súas fillas glosaba a súa figura nos seguintes termos: "simbolizou a fraternidade de armas hispano-marroquí".

Mais información
La última victoria de Mizzian, el general exterminador, artigo en El País de Ignacio Cembrero (http://elpais.com/diario/2006/06/04/espana/1149372011_850215.html).
España masacrada (http://elpais.com/diario/2011/03/27/eps/1301210816_850215.html)
Paul Preston, El holocausto español 
http://www.youtube.com/watch?v=hsdSTvUmg_s

jueves, 26 de abril de 2012

Guernika, 75 anos despóis

“Guernika, a poboación máis antiga dos vascos e o centro da súa tradición cultural, foi completamente arrasada onte pola tarde polos ataques aéreos dos insurxentes. O bombardeo sobre esta cidade aberta, localizada moi lonxe das liñas, durou exactamente tres horas e cuarto, durante as cales unha poderosa flota de aeroplanos formada por tres modelos alemáns, os bombarderos Junkers e Heinkel e os cazas Heinkel, non cesou de lanzar bombas de ata 1 000 libras [453,6 kg] sobre o pobo, ademáis de alrededor de 3 000 proxectís incendiarios de aluminio de dúas libras [0,90 kg]. Mentres tanto, os avións de caza sobrevoaban a cidade desde o centro cara as aforas para ametrallar aos civís que se refuxiaban nos campos”.

Así comezaba a crónica enviada polo corresponsal George L. Steer ao periódico norteamericano The Times o 27 de abril de 1937, poucas horas despóis do ataque levado a cabo pola Lexión Cóndor sobre a localidade vasca, que se cobrou a vida de varios centos de persoas.

A forza aérea que constituía a Lexión Cóndor fora enviada a España pola Alemaña nazi en resposta ás peticións de axuda de Franco.

A ofensiva dos sublevados á altura de 1937 centrábase na conquista das rexións industriais do norte, onde unha gran parte da poboación apoiaba ao goberno da República. No País Vasco, ademáis, a loita cobraba un especial significado por canto ía asociada á defensa da súa autonomía. De feito, foi o propio goberno vasco quen dirixiu as opercións militares no seu territorio.

Dobregar, polo tanto, a resistencia do pobo vasco convertiuse nun obxectivo clave da estratexia dos "nacionais". O bombardeo de Guernika, ademáis, foi o primeiro ataque aéreo sobre poboación civil. Como explica Steer na reportaxe, a localidade de Guernika non era un obxectivo militar. O propósito, segundo él, non era outro que a desmoralización da poboación e a destrucción dun lugar emblemático da cultura e a historia do pobo vasco. Días despóis, cando a noticia se difundiu na prensa internacional -grazas a labor de reporteiros como Steer- o exército golpista culpou aos republicanos da destrucción de Guernika. E posteriormente Franco responsabilizou aos mandos da Lexión Cóndor da masacre.

A raíz dos sucesos, o goberno de Negrín, con motivo da Exposición Internacional de París de 1937, encargoulle ao pintor Pablo Picasso a realización dunha obra que plasmase o horror do bombardeo e revelase ao mundo o auténtico rostro do fascismo. O froito da imaxinación e da angustia do artista é o famoso cadro de "Guernika".

En 1938 o poeta Paul Eluard, amigo do pintor, escribiu o poema "A victoria de Guernika" en homenaxe ás vítimas do atroz bombardeo.

Apostou a morte a terra e o horror
Dos nosos inimigos teñen a cor
Monótono da nosa noite
Nós teremos a razón