Onte, 18 de outubro, o humorista gráfico Andrés Rábago, "EL Roto", foi galardoado co Premio Nacional de Ilustración pola súa "visión crítica, poética, aguda e inteligente que nos ayuda a reflexionar sobre cómo somos y cómo vivimos; además de por su defensa del libro en particular y de la cultura en general como herramientas imprescindibles para la construcción de una sociedad avanzada".
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEidTRsOrierCUvIw_z9yAqbHcWoApWlCqXaWm-xQqRmsLLY0UsXHrpH27np7D-gJsdu4wSdnQBWpWe-QFyXczE381JdODfaGhG7SUWDEenZ3MKTKcGy0Kk9swqSBHBR6KetlBOVMgyBYr8/s200/imagesCATBXP39.jpg)
El Roto comezou a publicar as súas viñetas en 1968 en revistas humorísticas como
"Hermano Lobo" , "La Codorniz", "El Jueves", e tamén na prensa política da Transición, como o semanario
"Triunfo", e na actualidade no diario
"El País".
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiK0jiRLu11n5E03xIaz2pcuJHUdhFd2V7qnlLCGvPgu-GAY6JIxXn6DPRuWzMF3b2dq2PEEimeAhSmfXHW00jOn8xa3GBRc0ez_s5PRVOaVPDvz0bX8hAv70D-Uc0z0YHls4X48J-AX3o/s200/imagesCAJ87AUP.jpg)
O xénero da sátira gráfica ten unha longa tradición no noso país con artistas como Francisco de Goya, que xa o cultivaban a finais do século XVIII. A xenialidade de El Roto estriba na súa capacidade para revelarnos os enganos do poder empregando un debuxo expresivo, sobrio e depurado e uns textos mordaces, intelixentes e comprometidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario