jueves, 18 de junio de 2015

O xeneral Álava: o español que combatiu en Waterloo

O xeneral Álava, por Salter, 1835
d
Hoxe cúmplense douscentos anos da batalla de Waterloo, o "momento decisivo do século", en palabras do xeneral Wellington. A batalla supuxo a derrota definitiva de Napoleón e o seu exilio na remota illa de Santa Helena, onde rematarían os seus días.

Un dos  presentes na contenda foi o xeneral vasco Miguel Ricardo de Álava e Esquivel (1772-1843), que tamén participara (anque neste caso, no bando oposto) na batalla de Trafalgar, onde se distinguiu a bordo do navío "Príncipe de Asturias".

A partir de 1808, iniciada a guerra da independendencia, Álava coloborou coas autoridades francesas, formando parte, como representante da Mariña, da Xunta que elaboraría a Constitución de Baiona. Pero o xeneral non tardou moito en sumarse ás filas da resistencia. A principios de 1810 foi destinado a Portugal xunto ao xeneral Arthur Wellesley, futuro duque de Wellington. O seu coñecemento do idioma inglés -que adquiriu no Seminario de Vergara, dependente da Real Sociedad Bascongada de Amigos del País- convertiuno nun home imprescindible para o comandante das forzas británicas despregadas na Península.

Durante a guerra de España os dous selaron unha fonda amizade, a pesar das diferenzas políticas que os separaban. Wellington, home de mentalidade conservadora, chegou a ser a figura mais destacada do partido tory, e foi designado primeiro ministro en 1823. Álava, que fora elixido deputado en Cádiz e presidiu as Cortes que aprobaron a constitución de 1812, convertiuse nunha das figuras destacadas do liberalismo moderado ou doceanista e un dos mais respectados exiliados españoles en Londres. 

Proba desta amizade foi a acollida que, en 1823, o xeneral británico lle dispensou na súa residencia en Londres, durante os anos do exilio que xerou a restauración absolutista. A gratitude do xeneral extendeuse tamén aos membros da colonia española (concentrados na súa maioría no barrio de Somers Town), que poideron disfrutar das ayudas que en calidade de aliados lles ofreceu o goberno inglés.

Despois da derrota francesa na batalla de Vitoria e a retirada da Península, o xeneral Álava foi nomeado embaixador en París e logo, comisionado polo reposto monarca Fernando VII no exército de Wellington nos Países Baixos, entrando a formar parte do seu Estado Maior.  
A volta de Napoleón da illa de Elba ameazaba trastocar o costoso equilibrio acordado polas potencias en Viena. Os exércitos aliados comezaron a organizarse. Napoleón sabía que a súa única oportunidade consistía en impedilo. Dirixiu cara o norte coa Armé du Nord, co obxetivo de separar as forzas británicas das prusianas, que, ao mando de Blüquer, avanzaban cara a Bruselas.

Tras las "escaramuzas" de Quatre Bras e Ligny, que se saldaron en tablas, o esceario decisivo foron as proximidades da aldea de Waterloo, entre as alturas da Belle Alliance e o bosque próximo a Bruselas.

Xunto ao famoso carballo, no centro da liña defensiva inglesa, no cruce do camiño a Bruselas e o de Ohain, Álava acompañou a Wellington naquela xornada do 18 de xuño de 1815. Alí, o xeneral escoitaría a Wellington arengar ás súas tropas. Desde alí poido contemplar a carga decisiva de lord Uxbridge ao fronte da Brigada da Garda. Quizáis escoitaría a Wellington, a medida que pasaban as horas, exclamar desesperado: "É preciso que caiga a noite ou que cheguen os prusianos".  E desde alí sería testemuña dos últimos esforzos do exército francés, da heróica resistencia dos rexementos da Vella Garda e daquelas  palabras do xeneral  Cambronne: "¡A Garda morre pero non se rinde!", que posiblemente se limitaría a exclamar: "¡merde!".

De noite, Álava e Wellington cearon xuntos na hospedería de Waterloo. Brindaron pola guerra de España, logo de repasar anécdotas e evocar a sorte dos caídos.  Á maña seguinte , no despacho que Wellington enviaba ao goberno, afirmaba que o oficio das armas era sucio.

Como recoñecemento aos seus servizos na guerra de España e na batalla de Waterloo o goberno inglés distinguiu a Álava co título de caballero da Orde do Baño.